TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 nov. 2009

Os coñecidos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez, o venres no Auditorio

O venres 20 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha interesante charla-coloquio sobre o ciclismo e o deporte galegos. Ás 19:00 horas proxectarase un documental que leva por título “Anacos…” da autoría do contacontos rosaleiro Benito Guerreiro. Unha vez rematada a proxección dará co-mezo a charla á que asistirán os coñeci-
dos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez acompañados do psicólogo deportivo Juancho Armental. Moderará e presenta-
rá este acto o televisivo xornalista Terio Carrera.
·Ezequiel Mosquera: ciclista profesional dende 1999 está considerado un dos mellores corredores nacionais. Nas tres últimas “Vuelta a España” rematou entre os cinco primeiros clasificados da Xeral. É o líder do equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino. ·Iván Raña: triatleta e ciclista. Campión do Mundo de Triatlón en Cancún (2002). En 2003 recibiu a Medalla de Prata de Galicia que outorga a Xunta. Disputou tres Xogos Olímpicos (Sidney, Atenas e Pekín) rematando 5º neste último. ·Serafín Martínez: o rosaleiro é ciclista profesional dende 2007. Durante 9 etapas foi líder da Clasificación da Montaña na Vuelta a España dese mesmo ano. Neste última edición foi o gañador da xeral dos Sprints Solidarios. ·Juancho Armental: é deportista, psicólogo e consultor de Recursos Humanos e Rendemento para empresas e deportistas de elite. Durante 6 anos foi o psicólogo do rendemento do R.C. Celta de Vigo. ·Terio Carrera: é xornalista e na actualidade presentador do programa Zona Champions da TVG, sendo unha das voces do deporte en Galicia e como non, un referente dende sempre no ciclismo.

7 comentarios:

  1. Seguro que será un acto interesante, estando estes cracks da nosa terra. Eu non poderei asistir por motivos laborais, pero espero estar ben informado do alí acontecido a través desta páxina.

    ResponderEliminar
  2. Parabens ós administradores de Noticias O Rosal pola vosa gran labor. Boa oportunidade este coloquio para os que amamos o ciclismo, irrepetible....

    ResponderEliminar
  3. Muitos bikiños desde bcn dunha rosaleira k esta fora deseando volver ;)

    ResponderEliminar
  4. Canto durará aproximadamente?? Porque teño entreno as 20.30. Outra opción sería non ir a entrenar, que total, para o que xogo, non afectaría moito...

    ResponderEliminar
  5. Calcúlase que o acto -entre o documental, a charla e as posteriores preguntas- durará como mínimo ata as 21:00 horas.

    ResponderEliminar
  6. Animar a todo o mundo a que se achegue ó Auditorio. Ben seguro que sacaremos moito de proveito ó escoitar as experiencias de bos exemplos de superación. Vivamos como rosaleiros :P

    ResponderEliminar
  7. Felicitar os organizadores do acto porque non debe ser facil traer a estes pedazo profesionales e ademais todos xuntos. Desde esta paxina tamen darlle a enhoraboa a Serafin Martinez por renovar co Xacobeo Galicia. Eu vou fijo :)

    ResponderEliminar