FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 may 2012

O VENRES 8 DE XUÑO INAUGÚRANSE OS XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL




O venres 8 de xuño inaugúranse os XIV XOGOS POPULARES DO ROSAL 2012.

Velaquí vos deixamos os horarios desta fin de semana, onde se disputarán os primeiros partidos de futbito e balonmán no Pavillón Municipal do Rosal.

Para comezar, o venres ás 21:00 horas, FUTBITO ALEVÍN, xogándose o partido MARTÍN-EIRAS e xa ás 21:35 horas, o encontro entre FORNELOS e NOVÁS.

A partir das 22:10 h., BALONMÁN SENIOR MASCULINO cos seguintes encontros: PÍAS-MARZÁN, FORNELOS-SULCC (22:55 h., ) e NOVÁS-CALVARIO (23:40 h.)

CLAUSURADA A EXPOSICIÓN DO TALLER DE FOTOGRAFÍA IMPARTIDO POR INÉS MONTENEGRO NO CENTRO SAN XEROME


Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
Fotografías: Inés Montenegro


Clausurada a exposición medioambiental do Taller de Fotografía do Proxecto Comenius Regio, que estivo aberta ao público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.

Estas son as impresións de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller.

“Dúas persoas miran ó exterior a través dos mesmos barrotes: unha mira o fango e a outra as estrelas”. Frederick Langbridge (1849–1922)

"Nada hai máis sorprendente e enriquecedor que cinco, dez, quince persoas mirando a mesma paisaxe a través de distintos ollos, o mesmo obxecto a través de distintas perspectivas, a mesma luz a través de distintas cámaras.



Ao longo de 7 meses temos aprendido que a diversidade é boa, pero que no fondo non somos tan diversos como cremos. Ó principio achegámonos uns ós outros con ideas preconcebidas, con prexuízos, pero pouco a pouco a realidade os vai tumbando para deixarnos mirar a ilusión e as gañas de comunicar e de aprender o que hai en cada un de nós.

Ó final, o bosque permitiunos mirar as árbores e apreciar raíces, copas e troncos sen máis filtro que o do traballo ben feito.

Durante o Taller temos aprendido a combinar as cores, a buscar puntos de vista, a fixarnos no pequeno e no grande, a experimentar, a retratar persoas, a inventarnos fotos que non existían, a non darnos por satisfeitos cunha toma.

Tamén temos ollado fotos, moitas fotos, de artistas contemporáneos e clásicos, e trasladamos o Taller á rúa, á praia e ó monte cando fixo falta. O resultado é unha nova forma de mirar o mundo, que agardamos que siga con nós moito tempo para poder amosar a súa beleza pero tamén as súas vergoñas".

As fotografías son obra de Inés Montenegro, durante a realización do Taller de Fotografía, incluído nas actividades de integración do Proxecto Europeo Comenius Regio coa participación de alumnos do CPI e IES A Sangriña e do San Xerome.





30 may 2012

A PARELLA DE BAILARÍNS "JOSE Y ROSY" PARTICIPARÁ EN BEMBIBRE (LEÓN) NO I BEMBIBELASALSA PARTY 2012


Foto: Juan Carlos Díaz


A parella de bailaríns "Jose y Rosy" participarán no I Bembibelasalsa Party que se celebrará o sábado 2 de xuño na Sala Damdhara, en Bembibre (El Bierzo-León).

Esta festa, segundo a Organización, contará "con la mejor música latina y los mejores profesionales".


Están ademais confirmadas as actuacións de Lionel & Debby (Bembibre), Free Dance (León), Academia Bailamos (León).


"Jose y Rosy" impartirán dous obradoiros, un de cha cha cha e outro de salsa. Os horarios, de 20.00h a 21.00h e de 21.00h a 22.00h.


Haberá dous dj's locais: Dj Julioson (León) e Dj Carlos (Bembibre).




DISPUTOUSE A ÚLTIMA XORNADA DO TORNEO INTEGRACIÓN DE FÚTBOL DO PROXECTO COMENIUS REGIO


Somascos B, equipo gañador


 Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

Onte, martes día 29 de maio tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do “Torneo integración” de fútbol, incluído no Proxecto Europeo Comenius Regio.

Nesta ocasión foi a quenda dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas do San Xerome e Avelaíña.

Os equipos estaban formados por xogadores da Sangriña e Somascos xunto cos do San Xerome e Avelaíña.


Xornada deportiva de amizade e integración, cun magnífico ambiente, que rematou co triunfo do equipo de Somascos B con xogadores deste Centro, xunto con Carmelo, Pepe, María e Amparo (San Xerome) e Julio (Avelaíña). No segundo lugar clasificouse o equipo do IES A Sangriña B.


A organización do Torneo, quere agradecer publicamente o exemplar comportamento de tódolos deportistas participantes e o esforzo solidario realizado polos seus adestradores para poder estar presentes nas tres xornadas do Torneo. Graciñas tamén aos voluntarios colaboradores: Ana Lozano (fotógrafa), Rubén (árbitro), etc, etc.

INICIATIVA, LIBERARSE DO TABACO




Informa: Asociación Érguete Baixo Miño

31 de maio, Día Mundial sen Tabaco. A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu para este día o lema “A interferencia da industria do tabaco” centrándose na necesidade de denunciar e contrarrestar os descarados intentos da industria tabaqueira para saltarse o Convenio Marco para o Control do Tabaco (CMCT da OMS).

O consumo de tabaco é unha das principais causas evitables de morte. A epidemia mundial do tabaquismo mata a preto de 6 millóns de persoas cada ano, das cales máis de 600.000 son non fumadores/as expostos ao fume de tabaco alleo. A menos que actuemos, o tabaco matará ata 8 millóns de persoas en 2030, das cales máis do 80% vivirá en países de baixos e medianos ingresos.

Na Asociación seguimos ofrecendo axuda psicolóxica a todas as persoas que voluntariamente desexen abandonar a adicción ao tabaco. A través dun Curso de Deshabituación Tabáquica gratuíto e que permanece aberto durante todo o ano, será impartido pola Asociación Española contra o Cancro. Solicita máis información sen compromiso. Anímate a deixalo!!!

 
Enlace campaña 2012:

Érguete Baixo Miño
Rúa Colón, 20.
36780 A Guarda (Pontevedra)
Telf./Fax: 986 61 44 07
http://erguete.org/
Séguenos en @ErgueteBM  
facebook.com/erguetebm



29 may 2012

O NOSO VOTO PARA O GRUPO LIROLAI, QUE PARTICIPA EN "NOVOSON 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA



O grupo de pandereteiras/os e música tradicional LIROLAI, atópase na fase final do concurso "Novoson 2012" da Radio Galega.

Lirolai preséntase coa canción "Rumba do muíño" dentro da sección "Músicas Urbanas e do Mundo". Para participar nos Premios do Público tan só hai que buscar o seu tema, abaixo á dereita, marcalo co rato e darlle a votar (pódese facer unha vez cada día ata as 0:00 horas do domingo 3 de xuño). 

O día 4 de xuño daranse a coñecer os gañadores do Premio do Xurado no programa A Tarde, da Radio Galega.

¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte!!

28 may 2012

CLASES DE GAITA E PERCUSIÓN A CARGO DA ASOCIACIÓN CULTURAL XIDA


Impártense clases de gaita e percusión. Segundo comunican dende a Asociación Cultural Xida "precisamos bombeir@s e gaiteir@s para un novo proxecto de música tradicional no Baixo Miño".
 
Os ensaios realízanse os luns no Rosal e na Guarda, de 20 a 22 horas.

Máis información no teléfono 696 372 798 (Óscar), no correo electrónico acxida@gmail.com ou ben mediante o facebook (O Trebón dos Xidos).

CRUZ ROJA E O SAN XEROME COLABORAN NO PROXECTO MOVIÉNDONOS POR EL RÍO



 
Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Roja seguirá con las actividades programadas en el proyecto “Moviéndonos por el río” en la que hoy, martes 29 de mayo, se procederá a la limpieza de las márgenes del río.

Lembramos dende Noticias O Rosal que tamén o mércores 27 de abril do pasado 2011, noutra actividade do proxecto "Moviéndonos por el río", voluntarios/as de Cruz Roja procederon á instalación de carteis de concienciación medioambiental na ribeira fluvial do río Folón, en Martín (O Rosal), co apoio de alumnos/as do colexio San Xerome Emiliani e a colaboración da concellería de Medio Ambiente rosaleira, que dirixe Charo Tabales Perozo.


Cruz Roja continúa con las actividades del Proyecto “Moviéndonos por el Río”, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño, y sus afluentes, a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos.

Para la puesta en marcha de este proyecto, financiado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y con la colaboración de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil, se han creado equipos de voluntarios que participarán en acciones formativas, así como diagnósticos, evaluaciones del Miño, y actividades de concienciación, que favorecerán y contribuirán a la conservación del río.

Acciones de intervención

Hoy, martes 29 de mayo, en los márgenes del río Miño, concretamente en la zona de la playa de O Molino, tendrán lugar acciones de intervención directa sobre las márgenes del río.

Para ello, los voluntarios del proyecto “Moviéndonos por el río” y los alumnos del colegio “San Xerome Emiliani” procederán a la retirada y limpieza de residuos que pudiesen encontrarse en esta zona.

Animamos a todos aquellos ciudadanos del Baixo Miño a dedicar parte de su tiempo libre al medio ambiente y a estas acciones de mejora de nuestro espacio natural.

Nuestro compromiso

Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).

Para más información:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño

c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda (Pontevedra)

Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71

laguardia@cruzroja.es

www.cruzroja.es

















O VII TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA CELÉBRASE O SÁBADO



O Club Ciclista O Rosal ven de comunicarnos que "recupera unha carreira que xa levaba algúns anos sin celebrarse, como viña sendo o tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña, na súa sétima edición". A cita, este sábado 2 de xuño a partir das 17:00 horas. 

"Comezarán a competición os Benxamíns cunha ximcana na mesma Praza do Calvario.

O resto das categorías realizarán un percorrido por un circuíto de 1,5 quilómetros con saída da Praza do Calvario seguindo pola rúa Simón del Mazo - Campo da Feira - rúa Gandarela - estrada de Sandián - rúa de Jesús Noya e meta na Praza do Calvario".

Voltas por categorías:

ALEVÍN: 3 VOLTAS

INFANTIL: 7 VOLTAS

CADETE: 15 VOLTAS

JUNIOR: 20 VOLTAS















PODIOS PARA IREA VILLA, IAGO ÁLVAREZ E MANUEL GONZÁLEZ EN CARBALLO



Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal: "No Trofeo de San Xoán en Carballo (A Coruña) que se disputou no día de onte voltaron os podios e desta volta foi con Iago Álvarez, Irea Villa e Manuel González.

En Benxamíns os participantes tiveron que empregarse a fondo e poñer toda a súa pericia na competición polo escorregadiza que estaba a pista por mor da choiva caída e foi aí onde os nosos dous representantes saían moi ben parados, xa que Iago facíase co 3º posto e Irea co 6º o cal tamén lle valía para subir ao "caixón" como primeira Fémina.

En Alevíns era Mario Fernández o que nos representaba e nunha carreira moi disputada acadaba o 12º posto ao final da mesma.

En Infantís eran Xoel Villa e Manuel Dorna os "rosaleiros" participantes e a pesares de poñer todo da súa parte a dúas voltas do final eran baixados da carreira por mor da diferenza coa cabeza do pelotón.

En Cadetes a nosa representación recaía sobre Cristóbal Coímbra e Raúl Fernández nunha proba que constaba de dúas voltas a un circuíto de 18 quilómetros para un total de 36, e un Km. despóis do primeiro paso por meta Cristóbal quedaba descolgado do pelotón i era baixado da carreira mentres que Raúl loitaba ata o final para acadar o 13º posto.

Para finalizar esta xornada por terras coruñesas os Junior tiñan que dar dúas voltas por carreteras da comarca para completar un percorrido de 76 Km. A mala sorte cebábase en Adrián Dorna que cando marchaba en postos de cabeza sofría un pinchazo e quedaba descolgado da cabeza o que o obrigaba a retirarse. Outro que tamén se retiraba era Adrián Vicente por problemas físicos, o mesmo que Pablo Cividanes. Cando finalizaba a carreira Manuel González cruzaba a liña de meta na 7ª posición, Álex Lomba na 17ª mentres que Toñi Portela remataba 20º.

Nesta proba de Júnior Manu González facíase co Prémio da Montaña, trofeo que recollia Álex, xa que Manuel non podía esperar a entrega de premios".
 
Podes ver todas as fotografías deste Trofeo aquí.

25 may 2012

CRUZ ROJA CONVOCA UN CURSO DE PROMOTOR MEDIOAMBIENTAL



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Roja Baixo Miño, iniciará en breve una serie de acciones en beneficio del medio ambiente. Las actividades están financiadas por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño, a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos.

Este mes de junio en las instalaciones de Cruz Roja en A Guarda comenzaremos la formación de los futuros “Promotores Medioambientales”. Esta nueva acción dentro del proyecto Moviéndonos por el Río, está destinada a todas aquellas personas que deseen participar como voluntarios en las actividades medioambientales que llevaremos a cabo en los próximos meses.

La acción formativa se desarrollará a finales de junio en horario de 10.00 a 14.00 y de 15.00 a 19.00 h., en A Guarda y va a ser impartida por voluntarios de Cruz Roja, especializados en medio ambiente. En ella podrán conocer de primera mano las peculiaridades medioambientales de nuestros ríos, así como las estrategias que debemos seguir para mantenerlos sanos. Los asistentes al curso recibirán el certificado de “Promotores Medioambientales”.

Los objetivos de este curso son: informar y sensibilizar sobre los problemas medioambientales de la Comarca; apelar a la responsabilidad de los voluntarios como transmisores de educación ambiental; crear un grupo de voluntarios medioambientales activos y participativos; conocer las peculiaridades de la fauna y la flora de la ribera y aprender el correcto tratamiento de las plantas exóticas, etc, etc.

A partir de esta formación, el equipo de voluntariado medioambiental de Cruz Roja Baixo Miño estará preparado para realizar nuevas acciones de sensibilización y de intervención directa para contribuir a la conservación y recuperación del río Miño.

Todas las actividades del proyecto “Moviéndonos por el río” cuentan con la colaboración de la Conferencia Hidrográfica Miño – Sil, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño y sus afluentes.

Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes: promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).

Para más información:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda (Pontevedra)
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71

24 may 2012

CARMELITAS E SOMASCOS, GAÑADORES DA 1ª FASE DO TORNEO INTEGRACIÓN DE FÚTBOL DO PROXECTO COMENIUS REGIO

Carmelitas, gañador de 1º, 2º e 3º de Primaria
 
Carmelitas (4º, 5º e 6º de Primaria)
 
Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

O torneo celebrouse no terreo de xogo do Centro San Xerome. A pasada semana despois da disputa dos partidos cos equipos da Sangriña, Somascos, Sinde e Carmelitas de 1º, 2º e 3º de Primaria, resultou vencedor o equipo das Carmelitas.

Somascos, gañador de 4º, 5º e 6º de Primaria

Somascos (1º, 2º e 3º de Primaria)


Esta semana, cos mesmos contendentes, pero de 4º, 5º e 6º de Primaria os vencedores foron os compoñentes do equipo dos Somascos.

Carmen (Organización)

Jon (Organización)

A próxima semana será a quenda dos maiores, coa participación do IES A Sangriña, Somascos, Carmelitas, San Xerome e Avelaiña.


Sangriña (1º, 2º e 3º de Primaria)

Sangriña (4º, 5º e 6º de Primaria)

O torneo deportivo enmárcase dentro das actividades do Proxecto europeo “Comenius Regio”, no que están involucrados o IES A Sangriña, CPI A Sangriña, San Xerome e Avelaíña, xunto con entidades do norte de Francia.

Sinde (1º, 2º e 3º de Primaria)

Sinde (4º, 5º e 6º de Primaria)

PRESENTOUSE O CAMPUS DE VERANO DA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO. O ROSAL 2012



O mércores 23 de maio tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Rosal a presentación do "XVI Campus de Verano Fundación Celta de Vigo 2012" que por segundo ano consecutivo se celebrará tamén na nosa vila, en concreto, no Estadio Municipal da Mata, dende o 16 ao 21 de xullo.


Deu a benvida o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, acompañándoo no acto, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz.

Representando ao club U.D. Ribera estivo o seu secretario, Manuel Iglesias Dorado. Pola parte do Real Club Celta de Vigo achegáronse ata O Rosal, Míchel (coordinador deportivo) e José María Goicoa, director da Fundación Celta de Vigo.


En palabras de Chema Goicoa "quiero agradecer al Concello de O Rosal su colaboración e implicación en este proyecto. Los objetivos de este Campus son que los niños mejoren técnica y deportivamente y acercarles los valores del fútbol, el trabajo en equipo, la solidaridad. Les daremos charlas de valores, charlas de alimentación y fútbol, de cómo deben hidratarse, cómo deben comer, cuales son los alimentos recomendados para deportistas, en definitiva, cómo pueden mejorar su rendimiento a través de la alimentación".


Míchel, na súa intervención afirmou que "el año pasado tuvimos un trato espectacular en O Rosal, muy afables todos. Seguimos con los mismos objetivos: se pretende promover mediante este deporte la socialización, a partir del fútbol como excusa para pasarlo bien entre todos los niños y niñas de la Comarca. Que aprendan, que tengan conocimientos técnicos y tácticos y de deporte en general, que les ayude en su formación y disfruten del tiempo libre".


Lembrou Míchel que "el horario del Campus será de 10 a 14 horas, de lunes a sábado (del 16 al 21 de julio). Está diseñado para niños/as de entre 4 y 16 años, con monitores cualificados, con entrenadores incluso del Celta".

Aos rapaces inscritos se lles dará unha equipación reversible (pantalón, medias e camiseta). Nesta edición, ademais, se engade unha figura importante "pasará un ojeador del club para que un niño de este campus realice entrenamiento -con la edad que le corresponda- con el Celta". Destacou Míchel que "algunos incluso pasan a formar parte de las categorías inferiores del club".


Manuel Iglesias, en nome da U.D. Ribera, quixo tamén "agradecer la colaboración del Ayuntamiento y del Celta, por medio de su Fundación. Nuestro deseo es que los niños se diviertan, que hagan deporte y que se lo pasen lo mejor posible".

A folla de inscrición para participar neste Campus pódese recoller na Casa do Concello ou ben nas instalacións do propio Campo da Mata. Para máis información: 902 104 404 ou ben na web da Fundación.

23 may 2012

PRESENTADA NA IGREXA PARROQUIAL UNHA PRECIOSA IMAXE DA VIRXE MARÍA


O pasado domingo 20 de maio, na misa de 12, o abade párroco de Santa Mariña, D. Julio Ramos, presentou aos fieis a preciosa imaxe da Virxe María, con Neno, que tiña a restaurar nun taller da cidade de Tui.


Trátase, nas súas palabras, dunha fermosa e artística talla, que se atopaba "fóra do culto". Imaxe, de madeira policromada, de estilo gótico, dos séculos XV-XVI, contemporánea da Capela Maior, de fermosa crucería.


Loable idea na defensa do Patrimonio Parroquial. Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa.

22 may 2012

DIARIO DE O ROSAL OFRECERÁ TODAS LAS NOTICIAS EN CASTELLANO Y OTRO PUNTO DE VISTA TURÍSTICO-CULTURAL




Debido a las peticiones de muchos lectores de Noticias O Rosal residentes en territorio nacional y en el extranjero (México, Suiza, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Bélgica, Venezuela, Alemania, Argentina, etc), a partir de ahora, 23 de mayo de 2012 -y coincidiendo con nuestro cuarto aniversario- traduciremos las entradas más importantes al castellano y hablaremos de nuestra villa desde otro punto de vista cultural y turístico en la web Diario de O Rosal.

Debido ás peticións de moitos lectores de Noticias O Rosal residentes en territorio nacional e no estranxeiro (México, Suiza, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Bélxica, Venezuela, Alemaña, Arxentina, etc), a partir de agora, 23 de maio de 2012 -e coincidindo co noso cuarto aniversario- traduciremos as entradas máis importantes ao castelán e falaremos da nosa vila dende outro punto de vista cultural e turístico na web Diario de O Rosal.

ENCONTRO DE CORAIS E CONCERTO 26º ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL. ESTE "FINDE" NO AUDITORIO



Informa: Montserrat Domínguez Otero / A. M. do Rosal

Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos ós actos que terán lugar no Auditorio do Rosal este vindeiro fin de semana:

- Sábado, 26 de maio, ás 20:30 h. Encontro de Corais no que participarán:

·Coral Amadeus (Vigo)

·Coral Polifónica de Tomiño

·Coral da Agrupación Musical do Rosal

- Domingo, 27 de maio, ás 18:30 h. Concerto da banda de música Agrupación Musical do Rosal, con motivo da celebración do noso 26º aniversario.

Baixo a batuta do seu director Diego Javier Lorente López interpretarán o seguinte programa:

·Yakka, de José Rafael Pascual Vilaplana

·Symphonic Overture, de James Barnes

·Carmen Fantasy, de Georges Bizet, arranxo Eiji Suzuki

·Primavera, de Satoshi Yagisawa

·Persis, de James L. Hosay

·My way, de Jacquex Revaux, arranxo José Vicente Simeó Máñez

Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e gustaríanos contar coa vosa asistencia.

21 may 2012

DAVID GÓMEZ DISPUTARÁ EN TENERIFE O "CAMPEONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS DE PRUEBAS COMBINADAS"


(Foto: Marta G. Brea)

Hai uns días facíamonos eco por medio do noso perfil de facebook dun artigo ou pequena entrevista realizada por Armando Álvarez, do Faro de Vigo, ao noso atleta olímpico, David Gómez.  

Os días 26 e 27 de maio disputará en Tenerife o "Campionato de España por Autonomías de Pruebas Combinadas" onde intentará conseguir a mínima olímpica para Londres.

Por se alguén aínda non o leu, deixámos íntegro dito artigo:

El dolor, la undécima prueba.
David Gómez, pese a una lesión en el tendón de aquiles, apura su preparación para asaltar la mínima olímpica en diez días.
 
Tendinitis y entesitis en la zona del aquíleo. Un esguince cervical aún no curado. A David Gómez se le complica el parte médico a escasos días de su primer asalto a la mínima olímpica. Acostumbrado a convivir con el dolor, el decatleta rosaleiro mantiene la confianza en su talento.
 
Eterno ciclo de dolor y gloria para David Gómez. Se recuperó de una rotura en el pie en 2001 para participar en los Juegos de Atenas 2004. Superó múltiples lesiones para estar en Pekín. En la capital china agravó su lesión en el tendón de aquiles de la pierna izquierda, del que tuvo que ser operado dos años después. Y ahora, con el aquíleo derecho chirriándole, esprinta para sumar en Londres su tercera cita olímpica. "Hay gente que se decepciona y lo deja. No ven el final del túnel", explica. "Yo siempre he seguido adelante y no me ha ido mal del todo. Sigo al pie del cañón".

El Campeonato de España por Autonomías de pruebas combinadas se disputa en Tenerife el fin de semana del 26 y 27 de mayo. Será su primer asalto a la mínima olímpica, situada en 7.950 puntos. Superior a su mejor registro, de 7.940 y que data de 2004. Datos que desalentarían a otro. No a él. Gómez ha adelgazado. Está en 91 kilos. La ligereza lo eleva en saltos y carreras. La tendinitis y un esguince cervical le han impedido trabajar con continuidad en las últimas semanas. El decatleta aclara: "El momento de forma es bueno. Sufro problemas graves en los lanzamientos. No tengo explosividad en el brazo derecho. En las demás pruebas estoy bien. Las marcas demuestran el buen estado".

Competirá contra el sufrimiento en Tenerife, la isla donde logró el billete a Pekín corriendo ya lesionado el último 1.500. "El buen tiempo está asegurado", se ufana. No importa el previsible calor. "Hasta los 40 grados no me afecta". Tiene un objetivo mínimo: los 7.800 puntos que le permitirían participar en el decatlón del Europeo. De lo contrario, debería buscar otras pruebas por el continente. Apurará sus opciones.

David Gómez, como tantos otros, se juega su modo de vida. La Federación Española ha reducido en un 15 por ciento sus ayudas durante los dos últimos ejercicios. Ha retirado el seguro gratuito. Todas las administraciones recortan sus subvenciones. "Evidentemente el país no está para muchos trotes. Pero que nadie se sorprenda después si en Londres no llegan las medallas. No somos futbolistas. Cobramos para poder entrenar ocho horas al día. De lo contrario, te buscas otro trabajo".

Algunos especialistas no lo incluyen entre los candidatos olímpicos. "Parece que me quieren retirar", afirmaba el rosaleiro hace un año. Tal desconfianza no merma su confianza: "Me da igual. La gente que está a mi lado y yo sabemos qué debemos hacer".

NOTICIAS O ROSAL SEGUE APOIANDO A EREA, DESTA VEZ NO CONCURSO LA VOZ



A nosa amiga Erea Castro Alfonso, cantante que actuou no Luar da TVG, que foi a pregoeira no Rosal da pasada XXIV Festa do Cabaqueiro ou mesmo, que cantou co grupo Lirolai, quere participar no programa LA VOZ de Telecinco.


Tan só temos que puntuar a súa audición no seguinte enlace:

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte Erea!!

IMPRESIONANTE PAPEL DOS CICLISTAS RAÚL, MANUEL, TOÑI E ÁLEX EN CORUXO


Álex, Toñi, Manuel e Raúl. (Foto: Carolina Sanfer / Person XXI)


Seguindo novamente a web do Club Ciclista O Rosal, "o cadete Raúl Fernández e os júniors Alex Lomba, Manuel González e Antonio Portela acudían á I Cronoescalada Montes de Coruxo e foi imposible que obtivesen uns resultados mellores.

Raúl era primeiro en cadetes, o mesmo que o júnior Manuel, que tamén era primeiro, seguido por Toñi que era segundo e Álex que completaba o pleno rosaleiro co terceiro posto do pódio".


PRIMEIRA VITORIA DE DAVID RODRÍGUEZ



Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal, o benxamín David Rodríguez foi o máis rápido dos 38 participantes da categoría e "estreouse no máis alto do caixón ao acadar unha merecida vitoria no XXI Trofeo Pista das Faias.

En canto aos seus compañeiros a ansia por acadar un posto no podio, fixo que cometeran algún que outro erro e o seguinte mellor clasificado era Yasir Martínez no 6º, Sergio Vicente 11º, Alberto García 12º, Irea Villa 13ª, Rubén Carnero 19º, Laura Teniente 20ª e David Carnero 25º.

En alevíns Mario Fernández sería 18º e María Correa 24ª.

En canto aos infantís tanto Xoel Villa como Manuel Dorna e Zaida González perdían volta con respecto da cabeza de carreira e eran baixados da mesma polos xuíces árbitros".

CRUZ ROJA BAIXO MIÑO PON EN MARCHA O PROXECTO "MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"







Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

 
Las actividades se iniciarán el próximo 25 de mayo con el concurso de relatos “Un Río de letras”.

Las acciones a desarrollar, muy novedosas y diferentes, serán en beneficio del Río Miño.

Cruz Roja en A Guarda, pone en marcha, por tercer año, el Proyecto “Moviéndonos por el Río”, financiado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. El objetivo principal de este proyecto es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño, a través de la concienciación, la sensibilización y la educación ambiental de los ciudadanos, así como la intervención directa en las márgenes del río.

Para la puesta en marcha de este proyecto, se crearán equipos de voluntarios que realizarán acciones formativas, así como diagnósticos y evaluaciones del Miño, que favorezcan y contribuyan a la conservación del río. Estas actividades cuentan desde el 2009 con la colaboración de la Asociación Ecologista Anabam, el CEE San Xerome Emiliani y la Confederación Hidrográfica Miño-Sil, así como el programa de educación ambiental y voluntariado en Ríos.

Acciones de formación e intervención

Durante la campaña, que se extenderá entre los meses de Mayo y septiembre se realizarán acciones:

Informativas:

Los días 29, 30 y 31 de mayo en el IESP 1º de Marzo, IESP A Sangriña e IESP de Tomiño se realizarán una serie de charlas informativas que animarán a los jóvenes a participar como voluntarios medioambientales en este proyecto.

Formativas:

El equipo de voluntarios asistirá a una formación certificada que les capacitará para el correcto desarrollo de las acciones medioambientales en la zona de la ribera.

De Intervención:

Durante las siguientes jornadas, el equipo de voluntarios procederá, entre otras cosas, a la limpieza de los márgenes del río (tanto de especies foráneas como de residuos que puedan existir), un concurso de relatos denominado "Un río de letras” en el CEIP Mestre Manuel García de Oia; mediciones de la calidad del agua en diferentes zonas de O Río Miño, andainas populares para conocer nuestra riqueza natural, etc.


Información sobre el proyecto

Todos los interesados pueden acercarse a la Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño en A Guarda, donde las personas responsables del proyecto les explicarán y presentarán estas nuevas actividades que se desarrollarán en el Baixo Miño.

Nuestro compromiso

Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).

Además, si desean obtener más información sobre las actividades que desarrollaremos o el voluntariado puede ponerse en contacto con:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda (Pontevedra)
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71



VICTORIANO RODRÍGUEZ, HOMENAXEADO POLA AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA


Este venres 25 de maio, a Agrupación Cultural Guardesa que preside Julia Sobrino, homenaxeará con motivo das Letras Galegas 2012 a Victoriano Rodríguez, da "Ghoreña", colaborador en publicacións locais, tal como o libro das Festas do Monte ou o das Mercedes, na Gándara.

O acto terá lugar ás 21:00 horas no Centro Cultural da Guarda, presentando dito evento Marisol Diz Amil.

Actuará o Coro Cantábile, que dirixe Lucía Alonso Castro e o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz.

20 may 2012

EXPOSICIÓN DE GEMMA MARQUÉS NA GALERÍA DE ARTE CAMIÑENSE


O martes 22 de maio ás 19:00 horas terá lugar na Galería de Arte Camiñense (Camiña-Portugal), a inauguración da exposición pictórica de Gemma Marqués, onde presentará a súa nova colección de cadros titulada "Trampantojos". 

Segundo afirma a artista son "imágenes que intentan engañar al espectador, jugando con el contraste de elementos naturales, flores, frutas y artificiales, periódicos sobre fondos abstractos y pan de oro".
 
Os asistentes á inauguración da exposición, que conta co apoio da Cámara de Camiña, serán convidados a un viño español. A exposición estará ata o 27 de maio, en horario de 17 a 22 horas e o domingo, de 11 a 14 e de 17 a 22 horas.

MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA. REPORTAXE DE ABELARDO LÓPEZ



Reportaxe (texto e fotografías): Abelardo López

O pasado xoves día 17 de maio de 2012 disputouse a II Edición do Torneo de Fútbol 7 Alevíns e Benxamíns UD Ribera - Concello de O Rosal "Memorial Iago Ameal Pereira" no Campo de Fútbol Municipal de A Mata en O Rosal.


Neste torneo participaron en Categoría Benxamín (Ribera A, Ribera B, Oiense, Gondomar, Goián, San Cayetano, Alameda e A Guía) e en Categoría Alevín (Ribera, Oiense, San Cayetano, Goián, Alameda, A Guía, Gondomar e Tyde).


Resultaron vencedores o Gondomar en Categoría Benxamín e o Goián en Categoría Alevín.

Podes ver toda a reportaxe fotográfica aquí.




19 may 2012

CRUZ ROJA LANZA UNA CAMPAÑA PARA SUMAR NUEVAS PERSONAS AL PROGRAMA DE FAMILIAS ACOGEDORAS


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja

El viernes 18 de mayo presentamos en Vilagarcía las acciones de la campaña informativa y de sensibilización que Cruz Roja Galicia lanza sobre el programa de familias acogedoras que se desarrolla en colaboración con la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia y que realizaremos en la provincia de Pontevedra.

Los objetivos principales de la campaña son informar acerca de los detalles de este programa y animar a la población en general a formar parte del mismo, ya que es importante incrementar el número de familias acogedoras en Galicia, que puedan proporcionar un entorno familiar a los niños y niñas que atraviesan una situación de dificultad temporal que impide que estén con sus padres y madres.
 
Bajo el lema “Abre otra puerta en tu corazón”, la campaña se desarrollará desde el mes de mayo a noviembre en las cuatro provincias gallegas y pondrá en marcha actividades lúdicas informativas en 15 localidades. Uno de los elementos de la campaña es la edición de un cuento infantil, donde el protagonista es el pato Lolo, que vive una situación similar a la que pasan los menores durante el periodo de acogimiento.

En la provincia de Pontevedra la campaña comienza en Vilagarcía este sábado 19 de mayo en la plaza de Galicia para a continuación pasar por las ciudades de Pontevedra el 16 de junio, A Guarda el 7 de julio y Vigo el 27 de octubre.

Programa de familias acogedoras

Es un programa de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia que gestiona Cruz Roja en Galicia desde 1995. El acogimiento es una medida alternativa al internamiento de menores y, además, es fundamental tener en cuenta que hay casos urgentes, generalmente de niños de 0 a 6 años, a los que hay que dar respuesta de manera inmediata. Actualmente en Galicia 177 niños ya han sido acogidos por 131 familias acogedoras durante el primer cuatrimestre del año.

Y en la provincia de Pontevedra contamos con 38 familias que ya han acogido a 50 menores durante este 2012.
 
El perfil de las familias acogedoras es muy variado, pueden ser matrimonios, parejas de hecho, personas solteras, con o sin hijos… siendo lo más importante el compromiso con el proyecto y tener claros una serie de requisitos, como que el acogimiento no tiene finalidad adoptiva o que es crucial que se respeten y acepten las características del menor y de su familia de origen. Es esencial ampliar número de familias acogedoras, ya que no siempre es fácil dar con la familia acogedora idónea para cada niño y son muchos los factores que han de tenerse en cuenta.