TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 may. 2012

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2012 NO AUDITORIO



O sábado 28 de abril tivo lugar no Auditorio Municipal a presentación do Club Ciclista O Rosal 2012. Presentou o acto o seu secretario, Juan Ramón Villa, quen foi chamando un a un, e por categorías, a todos os integrantes deste proxecto, dende os propios deportistas ata os directivos do Club.

Asistiron -entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, así como os edís Mabel, Antonio, Ángel e Alberte, e ex-ciclistas e familiares dos deportistas.

Tal e como se pode ler na web, "foron presentadas tamén as derradeiras incorporacións, como son os irmáns David e Rubén Carnero, Laura Teniente e Sergio Vicente na categoría Benxamín e María Correa e Marcos Fernández na categoría Alevín".



Raúl Fernández, Antonio Portela e Manuel González foron premiados pola Directiva do Club con sendos trofeos conmemorativos da súa última e magnífica temporada.

Un dos momentos máis emotivos da Presentación, foi a entrega dun cadro ao avó de Antonio Portela, con éste pousando nunha fotografía co maillot de Campión de España.

Ao final do acto, e como colofón, a Directiva do Club Ciclista O Rosal que preside Gerardo Álvarez Martínez, convidou a todos os asistentes a uns pinchiños, desexando que polo menos esta temporada se obteñan os éxitos da anterior.

Club Ciclista O Rosal

PLANTILLA CORREDORES 2012


Junior

Adrián Dorna Rodríguez

Adrián Vicente Martínez

Alejandro Lomba Rodríguez

Antonio Portela Rodríguez

Iván Morais Bouzas

Kevin Rodríguez Santísima Trinidad

Manuel González Lomba

Pablo Cividanes Durán



Cadete

Andrés Fernández Da Silva

Cristóbal Coímbra Piñeiro

Raúl Fernández Lorenzo




Infantil

Claudia Portela Rodríguez

Elsa Portela Rodríguez

Ero Sobrino Dorado

Manuel Dorna Rodríguez

Xoel Villa Rodríguez

Zaida González Martínez



Alevín

María Correa Rubio

Marcos Fernández Pérez

Mario Fernández Lorenzo





Principiante

Alberto García García

Andrés Lago Alonso

David Carnero Taveira

David Rodríguez Alvarez

Iago Álvarez Lomba

Irea Villa Rodríguez

Laura Teniente Pena

Rubén Carnero Taveira

Sergio Vicente Fernández

Yasir Martínez Silva



¡¡Dende Noticias O Rosal, o noso agradecemento polo convite e a nosa noraboa a ciclistas, directivos e colaboradores!!

0 comentarios:

Publicar un comentario