TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

10 may. 2012

A FESTA DE SAN ISIDRO CELÉBRASE ESTA FIN DE SEMANA (12 E 13 DE MAIO)


O sábado 12 e o domingo 13 de maio celebrarase no Rosal as Festas na honra de San Isidro, Patrono dos Agricultores.

O sábado haberá "pulpo á feira" durante todo o día. Xa a partir das 21 horas, verbena coa orquestra SAUDADE 73 e o grupo NIEBLA, que se prolongará ata altas horas da madrugada.

O domingo, ás 10 da mañá, fará a súa entrada a Banda de Gaitas Os Zoqueiros, de Porriño. Ás 12 horas, Misa Solemne con Sermón e Procesión.

De tarde, e a partir das 19 horas, presentación da orquestra PASSARELA. Ás 20 horas, GRAN SUBASTA de produtos típicos da terra.

Seguidamente, gran verbena a cargo da orquestra PASSARELA.

O recinto estará cuberto.

0 comentarios:

Publicar un comentario