TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 may. 2012

ESTE XOVES, O II TORNEO ALEVÍN E BENXAMÍN U.D. RIBERA CONCELLO DO ROSAL "MEMORIAL IAGO AMEAL PEREIRA"


Informa: Manuel Villa / http://www.torneosfutbolbase.org/

O próximo xoves día 17 de maio o campo de fútbol de A Mata no Rosal, acollerá o II Torneo Alevín e Benxamín U.D. Ribera Concello de O Rosal “ Memorial Iago Ameal Pereira”.

Durante toda a xornada competirán equipos da zona como A Guía, San Cayetano, Alameda, Goián, Oyense, Tyde, Gondomar e Ribera. En total serán 270 nenos que participarán nas categorías Alevín e Benxamín.



A organización convida a todos os equipos a un xantar na polideportiva do C.P.I. Manuel Suárez Marquier.

O Torneo se disputa na modalidade de fútbol 7. Serán 33 partidos en total e comezará ás 9:30 h. e rematará ás 20:00 h.


Dende a Organización e a Directiva do Ribera espérase que sexa un éxito de participación e que sirva de convivencia entre técnicos, xogadores, pais e aficionados de todos os equipos. Este tipo de eventos, donde os nenos son protagonistas, deben ser unha festa do deporte por riba dos resultados. animando aos xogadores a que sigan practicando deporte.

Nas imaxes, os equipos gañadores do pasado ano. Arriba, de blanco e negro, Gondomar benxamíns e abaixo, de verde e blanco, o Ribera alevíns.








0 comentarios:

Publicar un comentario