TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

14 may. 2012

O ROSAL HOMENAXEA A PAZ ANDRADE NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE 2012


O xoves 17 de maio, durante todo o día, celebraranse na Praza do Calvario do Rosal, actuacións musicais e diferentes actividades complementarias, organizadas pola Agrupación Musical do Rosal e o Concello, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Valentín Paz Andrade.

Actuarán grupos de gaitas, a Banda e o Coro infantís, Grupos de Cámara, Pandereteiras Orballo e mesmo o grupo de música tradicional Lirolai.

Están previstas sesións de contacontos, exposicións, xoguetes antigos e obradoiros para nenos.

Haberá, como é tradicional, tapas como polbo á feira, zorza, tortillas, empanadas, filloas e postres caseiros, regados polos exquisitos viños do Rosal.

0 comentarios:

Publicar un comentario