TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 may 2012

PODIOS PARA IREA VILLA, IAGO ÁLVAREZ E MANUEL GONZÁLEZ EN CARBALLO



Segundo podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal: "No Trofeo de San Xoán en Carballo (A Coruña) que se disputou no día de onte voltaron os podios e desta volta foi con Iago Álvarez, Irea Villa e Manuel González.

En Benxamíns os participantes tiveron que empregarse a fondo e poñer toda a súa pericia na competición polo escorregadiza que estaba a pista por mor da choiva caída e foi aí onde os nosos dous representantes saían moi ben parados, xa que Iago facíase co 3º posto e Irea co 6º o cal tamén lle valía para subir ao "caixón" como primeira Fémina.

En Alevíns era Mario Fernández o que nos representaba e nunha carreira moi disputada acadaba o 12º posto ao final da mesma.

En Infantís eran Xoel Villa e Manuel Dorna os "rosaleiros" participantes e a pesares de poñer todo da súa parte a dúas voltas do final eran baixados da carreira por mor da diferenza coa cabeza do pelotón.

En Cadetes a nosa representación recaía sobre Cristóbal Coímbra e Raúl Fernández nunha proba que constaba de dúas voltas a un circuíto de 18 quilómetros para un total de 36, e un Km. despóis do primeiro paso por meta Cristóbal quedaba descolgado do pelotón i era baixado da carreira mentres que Raúl loitaba ata o final para acadar o 13º posto.

Para finalizar esta xornada por terras coruñesas os Junior tiñan que dar dúas voltas por carreteras da comarca para completar un percorrido de 76 Km. A mala sorte cebábase en Adrián Dorna que cando marchaba en postos de cabeza sofría un pinchazo e quedaba descolgado da cabeza o que o obrigaba a retirarse. Outro que tamén se retiraba era Adrián Vicente por problemas físicos, o mesmo que Pablo Cividanes. Cando finalizaba a carreira Manuel González cruzaba a liña de meta na 7ª posición, Álex Lomba na 17ª mentres que Toñi Portela remataba 20º.

Nesta proba de Júnior Manu González facíase co Prémio da Montaña, trofeo que recollia Álex, xa que Manuel non podía esperar a entrega de premios".
 
Podes ver todas as fotografías deste Trofeo aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario