FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 dic. 2013

CAN LABRADOR PERDIDO EN PANCENTEO


O canciño perdido. (Foto: F.J.G.R.)

Segundo vén de comunicar o noso lector, Francisco José García Rodríguez á redacción de Noticias O Rosal, atopouse un can perdido en Pancenteo (xuradía de Marzán).

Trátase dun "can raza labrador, negro, macho e adulto e nótaselle ben que é can caseiro, xa que é moi dócil e non escapa da xente". Ademais engade que "non tiña nin correa nin microchip".

ÚLTIMA HORA: ¡¡Feliz reencontro co seu propietario!! 



O PAVILLÓN DO ROSAL ACOLLE O III TORNEO DE NADAL DO ATLÉTICO NOVÁS



A base do Mecalia Atlético Novás de balonmán organiza este sábado 28 de decembro o III Torneo de Nadal At. Novás para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Todos os encontros terán lugar no Pavillón Municipal do Rosal co seguinte horario:


v TEMPO DE CADA PARTIDO
BENXAMÍN - 10 min / DESCANSO / 10 min
ALEVÍN E INFANTIL - 15 min / DESCANSO/ 15 min
CADETE - 30 min / DESCANSO /30 min
Descanso de 2 minutos

18 dic. 2013

OS ROSALEIROS DIEGO E YEYA, CAMPIÓNS DO V TORNEO OS CABAQUEIROS 2013 FELICÍTANNOS O NADAL DENDE MADRID


Diego e Yeya en Madrid (Fotos: Nina López)

Os rosaleiros Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández "Yeya", vencedores do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013, aproveitan para felicitarnos este Nadal e envíannos estas instantáneas dende as inmediacións da ponte de Segovia en Madrid.


Dende o "Paseo de los Pinos", en pleno Manzanares, pousan cos seus trofeos e os "Catiñas", premios individuais que os recoñecen á vez como os mellores xogadores do torneo (Diego, "Catiña de Ouro" e Yeya, "Catiña de Prata").


Hai que lembrar que Diego non puido recoller os seus trofeos de campión o 12 de outubro, na Festa do Cabaqueiro, xa que reside na capital de España. Por iso, o seu compañeiro Yeya, aproveitando unhas pequenas vacacións por Madrid fíxolle entrega das súas correspondentes distincións.




CONCERTO DE NADAL 2013 ORGANIZADO POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL



O Auditorio Municipal acolle este domingo 22 de decembro ás 18:00 horas o Concerto de Nadal 2013, organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Actuarán a súa banda e a coral, ademais do Grupo de Música Tradicional Lirolai.

13 dic. 2013

O EQUIPO SENIOR DA U.D. RIBERA ENFRÓNTASE AO C.D. PONTELLAS B



Aquí vos deixamos o calendario e horario dos partidos para esta fin de semana do club U.D. Ribera, destacando o encontro do primeiro equipo como visitante, este domingo 15 de decembro, fronte o C.D. Pontellas B.

O sábado, a partir das 10 da mañá, comezando polo Benxamín A, as categorías inferiores xogarán na casa, no Estadio Municipal da Mata.

O NOVÁS DE BALONMÁN DESPIDE O 2013 COMO LÍDER DA PRIMEIRA NACIONAL


A familia do Atlético Novás deséxavos unhas Felices Festas

Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás de balonmán, mañá, sábado 14 de decembro, celebrarase o último partido oficial do 2013, no que o club rosaleiro "pase o que pase despedirá o ano e a primeira volta como líder, e oxalá sexa como ata agora, cunha nova vitoria".


O Novás visita a cancha do Artabro "equipo de A Coruña que disputa a Primeira Nacional merced á reestruturación da categoría. Un plantel na que un xogador destaca por riba do resto, Toño Fernández, ex capitán do Teucro e que por motivos personais emigrou da provincia. É o xogador a seguir, o máximo goleador de todas as categorías (fai tres xornadas anotou 20 goles ao Seis do Nadal), dun Artabro que fixo a xesta de doblegar ao Luceros e suma 6 puntos".

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte e AÚPA NOVÁS!!


PRECAUCIÓN COS CANS EN O ROSAL


Argos de Ítaca. (Fotos: Olalla/Luis)

Segundo veñen de comunicarnos hoxe mesmo dúas lectoras de Noticias O Rosal, posiblemente alguén está a envelenar conscientemente aos cans, polo menos na zona de Novás, en concreto por Parada e A Rotea, aínda con consecuencias que poden ser fatais.


Por esta razón queren facer un chamamento á veciñanza para que extremen as precaucións coas súas mascotas á vez que amosan a súa repulsa ante estes infames feitos.


Dende Noticias O Rosal unímonos á dita petición e avogamos polo respeto, axuda, defensa e protección para estes animais. Así mesmo, animamos a quen sexa testemuña dun acto deste tipo a denunciar ante as autoridades correspondentes.



O noso agradecemento a Olalla e Luis pola cesión das imaxes do seu fermoso canciño, "Argos de Ítaca", para a elaboración desta pequena noticia.

5 dic. 2013

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO BM LALÍN NO ÚLTIMO PARTIDO DO 2013 COMO LOCAL



Segundo vén de anunciar o Mecalia Atlético Novás de balonmán, este sábado 7 de decembro ás 19:00 horas, terá lugar no pavillón municipal do Rosal o último encontro do ano como local,  fronte ao BM Lalín, intentando "despedir ao grande o 2013".

No descanso do partido celebrarase unha actuación das mozas do grupo xuvenil de aerobic do ximnasio Do-Majo.

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CELEBRA SANTA ICÍA O SÁBADO DÍA 7



Informa: Agrupación Musical do Rosal

Con motivo da celebración de Santa Icía enviamos o cartel dos actos que terán o vindeiro sábado día 7 de decembro.

Os actos comezarán ás 17,30 h. cunha misa na honra da patroa dos músicos na Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, que estará acompañada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Toñi Santos Vaquero.

Ás 20,00 h. no auditorio municipal terá lugar o concerto a cargo da banda Agrupación Musical do Rosal baixo a batuta de Marcel van Bree. Durante o concerto presentaranse os novos músicos que se incorporan á banda, acompañaremos o quinteto de vento Rubato, formado por cinco grandes músicos galegos e estrearemos a obra Theseus, do compositor goianés Andrés Álvarez.

A banda interpretará o seguinte programa:
Marta Agustín, pasodobre de Pere Sanz Alcover
Songs from the Catskills de Johan de Meij
Concerto for woodwind & wind ensemble quintet, de David R. Gillingham (Banda e Quinteto de Vento RUBATO)
- Theseus de Andrés Álvarez (ESTREA)
Estampes Simfóniques de Joaquin Serra, arr. Douglas McLain


Esperamos que estes actos sexan do voso agrado e pasedes con nós unha boa tarde de música.

3 dic. 2013

AQUÍ NON PAGA NINGUÉN. TEATRO NA GUARDA CO GRUPO VÁMOLANDANDO




Anselmo Martínez Pena / A Guarda

Se ben o pasado 28 de setembro o Auditorio do Rosal acollía o estreo da obra "Aquí non paga ninguén", do grupo Vámolandando Teatro, desta vez serán os asistentes ao Centro Cultural da Guarda quen teñan a oportunidade de disfrutar desta peza teatral, que dirixe Álex Sobrino.

A cita, este venres 6 de decembro ás 18:00 horas. Tal e como reza o cartel, a entrada é de balde.

RAÚL FERNÁNDEZ (C.C. O ROSAL) SEGUE FIRME, CUNHA IMPARABLE ASCENSIÓN


Raúl, no centro como vencedor, en Navia-Asturias. (Foto: C.C. O Rosal)

O ciclista rosaleiro Raúl Fernández (@Raulfdzlor) segue ao seu -incontestable- e vén de conseguir dúas novas vitorias, o sábado 30 de novembro no I Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocróss e o domingo 1 de decembro en Navia (Asturias), na proba puntuable para a Copa Federación (Copa de España).

O Club Ciclista O Rosal afirma na súa web que Raúl "amplía desta maneira a súa vantaxe no Ranking Nacional de Ciclocróss e reduce a desventaxa na Copa Federación, ameazando o liderato que de momento ostenta o madrileño Diego Pablo Sevilla".

27 nov. 2013

OS ROSALEIROS "JOSE Y ROSY" ACTÚAN NO EVENTO MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO



A parella rosaleira de bailaríns, "Jose y Rosy", actuará este sábado 30 de decembro no local Habana Libre (Braga-Portugal) xunto ao Dj Doni Faverâo, para xa a partir do xoves 5 de decembro desprazarse ata a capital de España para participar no II Festival Internacional Con Sentimiento de Madrid. Este evento é o máis importante do mundo a nivel de artistas.


Sen dúbida, un novo éxito para engadir ao currículum profesional de "Jose y Rosy". ¡¡Dende Noticias O Rosal, noraboa!!

26 nov. 2013

O CICLISTA ROSALEIRO RAÚL FERNÁNDEZ VENCE EN SANTIAGO E LIDERA DE NOVO O RANKING NACIONAL DE CICLOCRÓS


Foto: Club Ciclista O Rosal

O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo, despois da súa vitoria "na casa" no XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras, vén de conseguir unha nova proeza, xa que esta fin de semana fíxose co triunfo no XII Trofeo Concello de Santiago de Ciclocrós, disputado no circuíto da Granxa do Sexto, no Monte Pedroso.

(Foto: Club Ciclista O Rosal)

A web do Club Ciclista O Rosal, ao que pertence Raúl Fernández, relata desta maneira o acontecido: "Como xa fixera fai unha semana na Praia de Eiras, Raúl dominaba de principio ata o final a carreira da categoría Júnior e loitaba incluso cos Máster-30 polas primeiras posicións que tiñan saído un minuto antes, polo que se facía coa vitoria da súa categoría de maneira incontestable".

Raúl segue adiante aínda con "zancadillas". (Foto: @Fedevuelta/twitter)

Con este triunfo en Santiago de Compostela, Raúl "pasa a liderar de novo o Ranking Nacional de Ciclocrós da Federación Española de Ciclismo con 457 puntos por 450 do madrileño Diego Pablo Sevilla, que ocupa o segundo posto".

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa Raúl!



CONFERENCIA SOBRE O ALZHEIMER NO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO ROSAL



O Centro Social Polivalente de O Rosal (rúa Cabaqueiros) acolle hoxe, martes 26 de novembro, a partir das 17:00 horas, unhas conferencias informativas sobre a enfermidade de Alzheimer a cargo da doutora Moreno (neuróloga do CHUVI).

22 nov. 2013

CURSO DE ARTE FLORAL DE NADAL DA ASOCIACIÓN DE MULLERES EN IGUALDADE



A Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal, organiza un Curso de Arte Floral de Nadal, en decembro. O seu comezo será o martes día 3, cunha duración total de 8 horas. 

O prezo do curso é de 25 €. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 677 431 318.

FESTIVAL DE ACORDEÓN EN HOMENAXE A SANTA CECILIA, O SÁBADO 23 NO ROSAL



O Auditorio Municipal do Rosal acolle este sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, un Festival de Acordeón en homenaxe a Santa Cecilia, coa participación do "Quinteto Infantil de Acordeones", o "Cuarteto de Estudiantes del Acordeón (O Rosal)" e o "Grupo de Acordeones Mascarenhas".

Este evento está organizado pola Asociación Musical Mascarenhas de A Guarda coa colaboración do Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra.


UN PIRATA SEN ESCRAVA. UNHA HISTORIA DE LIBERACIÓN, ESTE SÁBADO NO ROSAL



Este sábado 23 de novembro, despois do Festival de Acordeón (sobre as 20:30 horas), terá lugar no Auditorio Municipal a escenificación da obra "Un pirata sen escrava. Unha historia de liberación".

Este acto está organizado con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, do 25 de novembro.


20 nov. 2013

ACOR CELEBRA A CAMPAÑA "UN NADAL DE LUZ" 2013 CON DIFERENTES SORTEOS


Imaxe de arquivo (2010) do sorteo de Nadal de ACOR

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), celebrará unha nova Campaña de Nadal, que levará o lema "Un Nadal de Luz". O obxecto desta campaña é fomentar o comercio local nestas datas, principalmente como consecuencia dos momentos que vivimos.

Os comerciantes asociados entregarán boletos para o sorteo dos seguintes vales de compra: un de 150 € e dez de 50 €. Ademais se sortearán tamén dúas cestas de Nadal. O presidente da Asociación, José Martínez González (Pepe Berdeal), confirma que o sorteo se celebrará o día 10 de xaneiro ás 20:30 horas no salón do Centro Social Polivalente.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS NO ROSAL ORGANIZADO POR ACOR



A Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal (ACOR), que preside José Martínez González (Pepe Berdeal, na imaxe), organiza un Curso de Manipulador de Alimentos, que terá lugar o día 11 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas, no Centro Social Polivalente do Rosal.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo chamando ao teléfono 628 875 029.


CHUMPA TEATRO PRESENTA "WELLCOME TO CUNTIS VILLE, CIDADE SEN LEI"




O Auditorio Municipal do Rosal acolle este domingo 24 de novembro, a partir das 19:00 horas, a obra "Wellcome to Cuntis Ville, cidade sen lei", de Chumpa Teatro.

Esta actividade está organizada dentro da programación para celebrar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres (25 de novembro).

19 nov. 2013

CONCURSO DE BELÉNS. O ROSAL 2013

Yolanda González Freitas recibe un premio na edición de 2009*

O Rosal celebra unha nova edición do seu "Concurso de Beléns". Tal e como reza o cartel anunciador que nos remite o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, poderán participar todas as persoas que o desexen. O tamaño, materiais e a técnica empregada serán libres.

Haberá tres categorías, cun único premio para cada unha: 

Infantil: ata os 12 anos.
Xuvenil: dos 13 aos 17 anos.
Adulto: a partir dos 18 anos.


Un lote de libros adecuado ao participante gañador/a (categoría infantil e xuvenil). 
Vale de compra por valor de 100 euros no comercio do Rosal (categoría adulto).

O prazo e lugar de inscrición dos Beléns: ata o día 10 de decembro no Concello do Rosal. Máis info: 986 62 50 00.

*Na categoría infantil-xuvenil de 2009, o Belén gañador cun lote de libros foi “Outro xeito de mirar a televisión”, presentado polo Grupo de Iniciación Musical da Agrupación Musical do Rosal. Yolanda foi a encargada de recoller o premio.

18 nov. 2013

REPRESENTANTES DO MECALIA ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN, HOXE EN VÍA TV



O representante da Directiva, Andrés Senra, o adestrador Modesto Augusto e os xogadores do Mecalia Atlético Novás de balonmán, David Lechuga e Jorge Pousa, estarán hoxe, en Vía TV, en directo a partir das 22:00 horas, no programa "Vía Libre", que presenta Ramón Presley.


RAÚL FERNÁNDEZ VENCE NO XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS



Raúl, no máis alto do podium. (Foto: Club Ciclista O Rosal)

"Gran vitoria de Raúl diante do seu público". Así titula a web do C.C. O Rosal a sobresaínte actuación de Raúl Fernández Lorenzo, o pasado sábado 16 de novembro, no XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras, que organizaba o club ciclista da vila.

Raúl dándoo todo no circuito das Eiras. (Foto: Club Ciclista O Rosal)

O rosaleiro conseguiu vencer na categoría júnior, nunha nova exhibición, que a puntiño estivo de converter en "machada", xa que por pouco non se fai coa vitoria absoluta do trofeo.

Crónica completa e todas as fotos da carreira.


MI SENTENCIA SOBRE EL CASO PRESTIGE, ARTÍCULO DE MANU SOBRINO SENRA


Muxía (A Coruña). (Foto: Miguel Riopa/EFE)

-        (…) Ahora sentimos miedo, rabia y pena…
-        ¿Y en tu casa cómo está la gente?
-        Destrozada, porque mi madre es redera y a mi madre le da de lleno. ¿Para quién hace las redes ahora? ¿Y las otras rederas, qué? ¿Para quién hacen redes? Yo es lo que pienso… Pero soy un niño y no puedo decir nada. Yo creo que no se lo han tomado tan en serio. ¿Y por qué España no tiene ningún buque anticontaminación? ¿Es que España no tiene costa, no? (…)


Lo que acabas de leer son las declaraciones que realizaba ante las cámaras de Telecinco un niño de Malpica (A Coruña) días después del hundimiento del petrolero ‘Prestige’. Hoy, con once años más a sus espaldas, me pregunto qué será de aquel joven, que, sin pretenderlo, expresó el pesar de todo un país frente a la gran tragedia.

Carnota. (Foto: Salvador de Sas)

Quizá, tan estupefacto y preocupado como se mostró sin pudor ante los medios de comunicación en 2002, no haya salido todavía de su asombro tras escuchar la increíble sentencia que pone fin a más de una década de lucha en los tribunales. Seguramente, su tristeza e indignación han aumentado al mismo tiempo que su madurez.

Man de Camelle. (Foto: Genaro Díaz)

La historia del ‘niño del Malpica’ es sólo una de las muchas luces que iluminaron la negra sombra del chapapote. Igual que la marea blanca llegada desde todos los puntos de España y de medio mundo. O el precioso legado que nos dejó Manfred Gnädinger, ‘El Alemán de Camelle’, que llora desde el cielo lágrimas de salitre…

(Foto: X. Rey/EFE)

13 de noviembre. Un día para el recuerdo y para el olvido. Lo que debería haber sido una jornada histórica, una oportunidad única para transmitir al mundo un mensaje de mano dura y transparencia, se tornó en una vergüenza histórica de consecuencias casi tan impredecibles como las del maldito buque.

Muxía. (Foto: Lavandeira Jr / EFE)

Nada ha cambiado. Seguimos un rumbo suicida. Mientras contaminar salga gratis, no lograremos capear el temporal que amenaza con hacernos zozobrar. Nos hemos enrolado en una peligrosa singladura que nos llevará del ‘Nunca Máis’ al ‘Outro Máis’.

Manfred Gnädinger, ‘El Alemán de Camelle’

Pero yo me niego a quedarme con un mal sabor de boca. Quiero que este artículo sea un homenaje al ‘niño de Malpica’, a ‘Man, el Alemán de Camelle’, a la imparable ‘marea branca’, a todos aquellos que salieron a la calle para gritar ‘Nunca Máis’, a las gentes del mar, a los ‘testimonios del Prestige’, a los cientos de miles de animales que murieron en silencio… A todos los afectados directa o indirectamente por esta catástrofe, los verdaderos condenados en este juicio injusto.

Voluntarios en una playa de Muxía (Foto: EFE)

Hay razones para la esperanza. Una nueva generación ha crecido amando y respetando el entorno en el que vive y del que vive. Sus manos limpias son algo más que un símbolo. Son la garantía de un futuro sostenible, la representación de una fuerza poderosa que nos remolcará, por fin, a buen puerto. 

14 nov. 2013

COMIDA DE NADAL DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS MAIORES DO ROSAL



Informa: Asoc. Persoas Maiores do Rosal
A Asociación de Persoas Maiores do Rosal, que conta xa con máis de 150 socios activos, celebrará o próximo día 1 de decembro, ás 14 horas, unha comida típica de Nadal. Para animar o ambiente da xornada festiva actuará unha orquestra. Animámosvos a tódolos xubilados a formar parte desta asociación e participar nas diferentes actividades que se organizan ó longo do ano. 
Así mesmo informamos a tódolos interesados que o vindeiro día 13 de decembro realizaremos unha excursión para visitar o Belén de Valga, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia o pasado mes. As persoas interesadas que chamen ó 628 875 029.


13 nov. 2013

O NOVÁS ENFRÓNTASE AO BM LUCEROS NA LOITA POLO LIDERATO DA 1ª NACIONAL




O Mecalia Atlético Novás enfróntase este sábado 16 de novembro no Rosal ao BM Luceros en plena "loita polo liderato" da Primeira Nacional. A cita, a partir das 19:00 horas, no Pavillón Municipal. Tal e como reza o cartel, os adultos terán que aboar 6 € e os xuvenís, 2 €. (Os socios, entrada gratuíta).

Antes, ás 16:45 horas, e tamén no pavillón, o 4MIÑO Novás "B" xogará co Seis do Nadal "B" na Primeira Autonómica. A entrada é de balde.

Segundo se informa dende o Novás estes son os partidos de todas as categorías do club para esta fin de semana:


Sénior Primeira Nacional
MECALIA AT. NOVÁS - BM LUCEROS
Sábado 16 de novembro, ás 19:00 h.
Pavillón Municipal de O Rosal

Sénior Primeira Autonómica
4MIÑO AT. NOVÁS - HIERROS MIGUEL SEIS DO NADAL
Sábado 16 de novembro, 16:45 h.
Pavillón Municipal de O Rosal

Xuvenil Segunda Autonómica
AT. NOVÁS - ÓPTICA BUEU AT.
Sábado 16 de novembro ás 11:30 h.
Pavillón Municipal de O Rosal

Cadetes Segunda Autonómica
AT. NOVÁS Descansa

Infantil Primeira Fase Territorial
CB SEIS DO NADAL - AT. NOVÁS
Sábado 16 de novembro, ás 11:30 h.
Pavillón Mpal. de Coia.

Alevín Liga Provincial
CB SEIS DO NADAL - AT. NOVÁS
Sábado 16 de novembro, ás 12:30 h.
Pavillón Mpal. de Coia.

5 nov. 2013

RAÚL FERNÁNDEZ SÉGUELLE DANDO ALEGRÍAS AO CLUB CICLISTA O ROSAL



Se hai uns días, a finais de outubro, facíamonos eco do "Mes máxico de Raúl Fernández", este de novembro comeza tamén para o ciclista rosaleiro junior do mesmo xeito, aínda que sexan dous segundos postos, pois como se afirma dende o Club Ciclista O Rosal, "Raúl Fernández non baixa do podio".


Esta fin de semana pasada o País Vasco seguiu sendo testemuña da forza e coraxe de Raúl, primeiro en Llodio (provincia de Álava) e logo no Ziklokross de Muskiz (Biscaia).


ZAIDA GONZÁLEZ (CLUB CICLISTA O ROSAL) VENCE NA COPA DE PORTUGAL



Vitoria de Zaida González, ciclista do CC.O Rosal, na Copa de Portugal, "no circuito que a Asociaçao de Ciclismo do Minho deseñou no Centro Ecuestre Loureiro Velho de Fermentoes (Guimaraes)". 

Segundo lembran dende o Club Ciclista da vila, Zaida "vai con ideas de conquistar a Copa como xa fixera o ano pasado".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa Zaida, e a seguir así!!