FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 nov 2009

Encontros O Rosal, novo festival do Baixo Miño

O grupo Deixandar (foto amabilidade da Agrupación Musical do Rosal)

Este sábado 28 de novembro o Concello do Rosal celebra Encontros, un Festival de Música e Baile populares do Baixo Miño, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. A cita será no Auditorio Municipal ás 19 horas e haberá as seguintes actuacións: Grupo folklórico TRA-LO MOSTEIRO de Oia; Grupo de pandereteiras XAMARAINA de A Guarda; Grupo folk DEIXANDAR de O Rosal; Grupo de gaitas AIRES NOVOS de Pinzás (Tomiño); Grupo folklórico INQUEDANZAS de Tui.

25 nov 2009

Presentación do Coro "Ecos do Folón" de Fornelos

Tal e como se informa na súa web de recente creación, o Coro "Ecos do Folón" de Fornelos fará a súa presentación oficial o vindeiro día 26 de decembro ás 20:00 horas na igrexa parroquial de Santa Mariña. Estarán apadriñados nesta data tan especial pola Coral Polifónica de Atios, así como pola Coral Polifónica de A Cañiza. Seguindo a información contida na páxina, "Ecos do Folón" naceu o 7 de xaneiro de 2008 como unha actividade máis da Asociación de Veciños e Socio-Cultural "Río Folón" de Fornelos. Comezou con 17 compoñentes, sendo na actualidade 31 voces mixtas. Jorge Fernández González, natural de Tomiño e afincado na Guarda, é o seu director e fundador.

24 nov 2009

O Rosal acolleu unha charla para a Historia

O venres 20 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal –e organizada polo Concello do Rosal- unha interesante charla-coloquio sobre o ciclismo e o deporte galegos á que asistiron os ciclistas profesionais Ezequiel Mosquera, Serafín Martínez e Iván Raña na compaña do psicólogo deportivo Juancho Armental.
Presentou este acto o xornalista da Televisión de Galicia, Terio Carrera. Previa á charla proxectouse o documental “Anacos…” da autoría de Benito Guerreiro, onde este afeccionado ao deporte -e ao ciclismo en concreto- quixo transmitir con este vídeo do seu percorrido polos 315 concellos galegos a importancia da superación e a fe que hai que ter para lograr as metas que un se propoña na vida.
Terio Carrera, unha vez rematada a proxección, convidou a subir ao escenario a Benito para que explicara os pormenores da súa aventura en bicicleta por Galicia, sen dúbida un dos momentos álxidos de humor desta velada.
Acto seguido Terio foi presentando un a un aos participantes desta charla-coloquio. Nun ambiente de distensión e contacto moi próximo coa xente, estes profesionais do deporte atenderon ás múltiples cuestións que plantexaba o público asistente a este evento. Ezequiel Mosquera, líder do equipo ciclista Xacobeo Galicia, foi un dos máis solicitados, respondendo ás inquedanzas dos afeccionados, amosando unha personalidade humilde e sincera, lembrando por exemplo a súa infancia no serradoiro familiar ou que se iniciou no ciclismo aos 18 anos. Tamén rememorou as súas famosas caídas na Vuelta a España afirmando que efectivamente “parecía unha momia” coa cantidade de vendaxes que tiña por todo o corpo.
O rosaleiro Serafín Martínez fixo fincapé na súa ledicia de poder participar neste proxecto do Xacobeo, tendo palabras de agradecemento ao Club Ciclista O Rosal, o seu primeiro equipo cando comezou en categoría alevín. Precisamente, unha das intervencións máis emotivas foi a de Gerardo Álvarez Martínez, presidente do club rosaleiro quen lembrou as incribles actuacións, xa de neno, de Serafín, quen gañaba por aquela época preto do 90% das carreiras que disputaba. Terio Carrera, dende a mesa “de operacións”, ía tamén preguntando a “diestro e siniestro” un aluvión de cuestións a estes ilustres conferenciantes. Iván Raña, ciclista e Campión do Mundo de Triatlón en 2002, respondeu con gracia e cun humor moi característico sobre todo a temas referentes ao seu inmediato futuro, se seguiría no ciclismo ou volvería ao seu papel de triatleta, afirmando que agora mesmo o seu obxectivo é triunfar unicamente na bicicleta.
Papel fundamental foi o de Juancho Armental, psicólogo deportivo de elite, ex do R.C. Celta de Vigo de fútbol, requirido continuamente por Terio e parte do público para que explicara as condicións óptimas que ten que posuír un ciclista ou un deportista en xeral para aguantar a presión e ofrecer un bo rendemento a niveis tan altos e esixentes.
Armental fixo fincapé na presenza no Auditorio dos nenos do Club Ciclista O Rosal, animándoos a estudar e a esforzarse, falando tamén da importancia dos seus pais no correcto desenrolo tanto da súa vida persoal como deportiva. O televisivo presentador deste acto animou continuamente o evento con consideracións persoais e interactuando cos asistentes, facéndolles tamén partícipes desta agradable, amizosa e atractiva charla.
Unha vez finalizada, os conferenciantes foron convidados polo Concello do Rosal a un aperitivo nun coñecido restaurante da vila onde tamén se lles obsequiou con diferentes agasallos institucionais. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe.

Día Mundial dos dereitos da Infancia

As actividades se desenrolarán no CEIP de Refoxos en Oia os días 25 e 26 de novembro. Velaquí vos deixamos íntegra a nota de prensa remitida pola nosa colaboradora Neli Rodríguez: "El próximo 25 de noviembre iniciaremos esta campaña que se prolongará durante dos días con niños y niñas de 6 a 12 años, trabajaremos con l@s menores una serie de conceptos y contenidos relacionados con los derechos de la Infancia, así como del grado de cumplimiento de los mismos y la situación precaria que padecen muchos niños en el mundo. El objetivo principal es difundir a la población en general los derechos que todos los niños y niñas del mundo tienen, pero que no todos disfrutan. El 20 de noviembre de 1959 la ONU firma la declaración de los derechos de los niños y niñas constituyéndose de esta manera, el primer documento en el que se definen a las niñas y niños como personas de derechos especiales. Ese mismo día, 30 años después, en 1989, se establece el convenio que describe la totalidad de los derechos de los menores y adolescentes en todos los países del mundo, con unas normas básicas que todas las personas deben respetar. Cruz Roja Juventud en el Baixo Miño realiza a lo largo del año numerosos proyectos de apoyo a la infancia y adolescencia como son: Prevención de Conductas Violentas, los Centros de Mediación Social con talleres socioeducativos para menores en A Guarda y Oia, Diversidad Cultural y diversas campañas que a lo largo del año pretenden reconocer y difundir los Derechos de la Infancia y su vigencia actual".

21 nov 2009

Benvido/a. Escribe aquí a túa mensaxe

Galego
O 21 de novembro de 2009 abrimos esta pequena sección a modo de "Libro de Visitas" onde podes deixar a túa mensaxe, pregunta, opinión, idea ou suxestión.
Castelán
El 21 de noviembre de 2009 abrimos esta pequeña sección a modo de "Libro de Visitas" donde puedes dejar tu mensaje, pregunta, opinión, idea o sugerencia.

20 nov 2009

Importantes partidos do club U.D. Ribera

Esta fin de semana o club U.D. Ribera vivirá unha das xornadas máis emocionantes. O domingo 22 de novembro ás 12 da mañá o Ribera Bdecimosegundo clasificado- xogará como local no Campo da Mata contra o Goián, que nestes momentos é o líder do grupo da 3ª Rexional. Pola outra banda, o Ribera A que milita na 2ª Rexional, disputará o seu encontro ás 16:15 horas no Campo da Sangriña contra o Sporting Guardés. Dende Noticias O Rosal animamos a todos os seguidores do municipio a que asistan a estes importantes “derbys” comarcais de fútbol e tamén a enviarnos noticias, fotografías ou crónicas dos diferentes clubs e modalidades deportivas da vila.

Festival de Danza da Escola de Paula Cobián

Mañá, sábado 21 de novembro ás 19:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal o Festival de Danza da Escola de Paula Cobián. Contarase coa presenza de dous grupos convidados: Al Compás (baile de salón) e Fusion Flow (breakdance). En total, uns 75 participantes actuarán para o público rosaleiro co seguinte programa, que detallamos a continuación:

Foto: Paula Cobián
11M. Coreografía: As propias alumnas e Paula Cobián. Música: La Oreja de Van Gogh; FUSION FLOW; PA´CALOR. Coreografía: Paula Cobián. Música: Rosana; PASODOBLE. Coreografía: Paula Cobián. Música: Pascual Marquina; TANTSUÍ. Coreografía: Paula Cobián. Música: Danny Elfman; AL COMPÁS. Coreografía: Al Compás. Música: Varios autores; A PRIMAVERA. Coreografía: Paula Cobián. Música: Vivaldi; 1,2,3,4. Coreografía: Paula Cobián. Música: Sean Kinston; OVER THE RAINBOW. Coreografía: Paula Cobián. Música: Harold Arlen; NO SALVAXE OESTE. Coreografía: Paula Cobián. Música: Morricone, Foster, Offenbach…; O LAGO DOS CISNES. Coreografía: Paula Cobián. Música: Tchaikovsky; FUSION FLOW; VIVINDO UN SOÑO EN ARABIA. Coreografía: Paula Cobián. Música: Alan Meneen; TANGO. Coreografía: Paula Cobián. Música: Mariano Mores/Police.

Cruz Roja segue con "Moviéndonos por el Río"

Velaquí vos deixamos unha interesante noticia que nos envía Neli Rodríguez con motivo da continuación das actividades de Cruz Roja programadas no proxecto "Moviéndonos por el Río" na que o próximo martes día 24 de novembro se procederá a arrincar prantas invasivas e transplantar outras autóctonas:
"Cruz Roja continúa con las actividades del Proyecto “Moviéndonos por el Río”, cuyo objetivo principal es contribuir a la conservación y recuperación del río Miño a través de la concienciación y la educación ambiental de los ciudadanos. Para la puesta en marcha de este proyecto, financiado por el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, se han creado equipos de voluntarios que realizarán acciones formativas, así como diagnósticos y evaluaciones del Miño, que favorezcan y contribuyan a la conservación del río. El próximo martes día 24, en los márgenes del río Miño, concretamente en la zona de playas, tendrán lugar acciones de intervención directa sobre el margen del río. Para ello, los voluntarios del proyecto “Moviéndonos por el río” y los alumnos del colegio “San Xerome Emiliani” procederán a la retirada y limpieza de las plantas invasivas (foráneas) y el transplante de plantas autóctonas en peligro de extinción, todo ello con la colaboración y supervisión de los técnicos de la asociación ecologista Anabam. Animamos a todos aquellos ciudadanos del Baixo Miño a dedicar parte de su tiempo libre al medio ambiente y a estas acciones de mejora de nuestro espacio natural. Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007). Además, si desean obtener más información sobre las actividades que desarrollaremos o el voluntariado pueden ponerse en contacto con: Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71 http://www.cruzrojajuventud.es/ http://www.cruzroja.es/"

19 nov 2009

Conferencia a cargo de Moncho Fernández Leal

O xoves 19 de novembro tivo lugar no Centro Social Polivalente unha conferencia sobre a II República no Rosal a cargo do mestre Moncho Fernández Leal. Proxectáronse diferentes actas municipais, recortes de prensa do Nuevo Heraldo facilitados por Antonio Martínez Vicente así como fotografías extraí-
das do libro Fuxidos de Juan Noya Gil. Incidiu Fernández Leal por exemplo na cantidade de obras realizadas nesta época no Rosal tanto en escolas como en vías públicas, facendo alusión aos diferentes alcaldes que houbo durante a República ata o ano 1936. Rematouse este interesante acto cun animado coloquio entre os asistentes.

18 nov 2009

Curso de ioga para as nais e os seus bebés

O martes 17 de novembro co-
mezou o “Curso de Ioga para nais e bebés” no Concello do Rosal. O prazo de inscrición aínda está aberto para todas aquelas nais que desexen participar. Estas clases de ioga son impartidas por Sabine Pfister e celebraranse unha vez por semana, concretamente os martes de 17:00 a 18:00 horas. Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 60 94 50 ou achegarvos ata o Centro Social Polivalente.

17 nov 2009

Actuación do grupo de teatro Agarimo e lectura dun manifesto contra a violencia de xénero

O domingo 15 de novembro tivo lugar no Auditorio Municipal a actuación do grupo de teatro Agarimo de Vigo, baixo a dirección de Alejandra Abreu, que presentou “O enfermo imaxinario” de Molière. Antes desta representación teatral a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Mª Carmen Alonso Alonso leu un manifesto aproveitando a proximidade do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que transcribimos literalmente:
¡Boas tardes e grazas a todas e todos por vir! Hoxe queremos adiantarnos un pouquiño e facer referencia a unha data especial que está moi próxima. O día 25 de novembro, Día en contra da violencia de xénero, que tanta dor produce na nosa sociedade. Vou pór a miña voz á letra dun cantante que sempre avogou pola igualdade e a xustiza nas súas letras. A canción titúlase “El Club de las mujeres muertas”, escrita por Víctor Manuel, que resume dun xeito especial a nosa inquietude neste tema (dende Noticias O Rosal vos deixamos o vídeo musical e nos sumamos á repulsa contra esta lacra social e actitudes tan cobardes):
A las que se rebelan, no se callan. Las humildes y las mansas. Las que imaginan cosas imposibles, el derecho a ser felices. A las que viven solas, pisoteadas, las que ya no esperan nada. A las desamparadas olvidadas, las que caen y se levantan. Cuántas vidas humilladas, cuántas lágrimas calladas lo más triste es la tristeza en el club de las mujeres muertas A veces porque miran, porque callan, porque piensan, se delatan. A veces porque cuentan, porque lloran, o porque no entienden nada. Hay quien perdona todo a quien las mata, por un beso, una mirada. Hay quien lo espera todo, de quien ama, y no pierde la esperanza. Cuántas vidas humilladas, cuántas lágrimas calladas lo más triste es la tristeza en el club de las mujeres muertas. Quemadas, arrastradas por los pelos, torturadas, devastadas, violadas legalmente, apuñaladas, algún juez las mira y pasa. Dicen que tienen celos y se nublan, que no saben lo que hicieron y cuando beben dicen, no ser ellos, yo soy yo más este infierno. Cuántas vidas humilladas, cuántas lágrimas calladas lo más triste es la tristeza en el club de las mujeres muertas. Despois destas emotivas palabras procedeuse á representación da obra que resultou ser un auténtico éxito.
Ao final do acto e como colofón, a concelleira de Muller, na compaña de Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura, entregaron aos actores e actrices unha rosa, así como un ramo de flores á súa directora, Alejandra Abreu. A este evento sociocultural tamén asistiron –entre outros- o alcalde Jesús María e a concelleira de Educación, Mabel Franco.

Estivemos con Serafín Martínez e Gustavo César Veloso en Vigo nun acto de Fibanc-Mediolanum

O pasado xoves 12 de novembro tivo lugar no restaurante Siete Torres da cidade olívica un evento organizado polo banco Fibanc-Mediolanum ao que asistiron os ciclistas profesionais do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo e Gustavo César Veloso.
O acto central desta velada foi a entrega do maillot da combinada que obtivo o rosaleiro Serafín Martínez na “Vuelta a España” á súa consultora financeira persoal, Ángeles Franco.
Lembramos que Serafín contou nesta rolda ciclista co patrocinio de Fibanc-Mediolanum, banco especializa-
do na xestión do aforro e os servizos bancarios das familias, filial en España do Grupo Mediolanum, un dos primeiros 50 bancos europeos. Un dos seus carteis xigantes da autoría de Carlos Treinta co logotipo "Segue o Diario de Sera en Noticiasorosal" aínda se pode ver a día de hoxe en Goián, tal e como lembrou Ángeles Franco na súa intervención.
Neste interesante encontro tamén participou o seu compañeiro de habitación e gañador dunha etapa na “Vuelta a España”, Gustavo César Veloso, quen igualmente agradeceu ao banco a súa colaboración, contando varias anécdotas que fixeron as delicias do numeroso público que ateigaba as instalacións do coñecido restaurante vigués.
O conselleiro delegado de Fibanc-Mediolanum, o italiano Vittorio Colussi, presentou nunha pequena charla os principais datos da entidade e entregoulle a Serafín Martínez unha praca conmemorativa de recordo. Despois desta intervención tomou a palabra Dositeo Amoedo, responsable de Fibanc en Galicia, quen convidou a coñecer este banco e ao igual que o Sr. Colussi subraiou a importancia de que todos os galegos dispoñan dun asesor financeiro persoal, que lles axude a xestionar con tranquilidade e profesionalidade os seus aforros.
Ao final do acto as máis de 300 persoas asistentes, entre as que se atopaban representantes de asociacións, institucións e mesmo deportistas, foron invitadas pola entidade Fibanc-Mediolanum a un aperitivo nun dos salóns dese mesmo restaurante. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe.

15 nov 2009

Os coñecidos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez, o venres no Auditorio

O venres 20 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal unha interesante charla-coloquio sobre o ciclismo e o deporte galegos. Ás 19:00 horas proxectarase un documental que leva por título “Anacos…” da autoría do contacontos rosaleiro Benito Guerreiro. Unha vez rematada a proxección dará co-mezo a charla á que asistirán os coñeci-
dos ciclistas Ezequiel Mosquera, Iván Raña e Serafín Martínez acompañados do psicólogo deportivo Juancho Armental. Moderará e presenta-
rá este acto o televisivo xornalista Terio Carrera.
·Ezequiel Mosquera: ciclista profesional dende 1999 está considerado un dos mellores corredores nacionais. Nas tres últimas “Vuelta a España” rematou entre os cinco primeiros clasificados da Xeral. É o líder do equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino. ·Iván Raña: triatleta e ciclista. Campión do Mundo de Triatlón en Cancún (2002). En 2003 recibiu a Medalla de Prata de Galicia que outorga a Xunta. Disputou tres Xogos Olímpicos (Sidney, Atenas e Pekín) rematando 5º neste último. ·Serafín Martínez: o rosaleiro é ciclista profesional dende 2007. Durante 9 etapas foi líder da Clasificación da Montaña na Vuelta a España dese mesmo ano. Neste última edición foi o gañador da xeral dos Sprints Solidarios. ·Juancho Armental: é deportista, psicólogo e consultor de Recursos Humanos e Rendemento para empresas e deportistas de elite. Durante 6 anos foi o psicólogo do rendemento do R.C. Celta de Vigo. ·Terio Carrera: é xornalista e na actualidade presentador do programa Zona Champions da TVG, sendo unha das voces do deporte en Galicia e como non, un referente dende sempre no ciclismo.

1 nov 2009

Volvemos de novo e para empezar, habilitamos na páxina a sección de comentarios

Despois de exactamente dúas semanas -e aínda que non realizamos case ningunha das reformas que temos proxectado- retomamos a actividade de Noticias O Rosal debido ás vosas múltiples peticións e co sinxelo motivo de ofrecervos información dos vindeiros actos que se levarán a cabo proximamente na vila.
Agradecemos de corazón as innumerables mostras de apoio que nos tedes transmitido e seguindo algunhas das vosas suxestións imos a habilitar na páxina dende xa, por exemplo, a posibilidade de que comentedes as diferentes noticias que publiquemos. Tal e como afirmamos na nosa mensaxe de "Benvida" dende o primeiro momento -maio de 2008- que decidimos crear este blog, Noticias O Rosal é unha web cultural e turística, independente, non política nin movida por intereses económicos. O noso único obxectivo e satisfacción -como dixemos- é aportar o noso gran de area á cultura e á información, tanto para os propios rosaleiros (rosaleses) como para quen desexe saber polo miúdo que é o que ocorre nestas fértiles terras, neste "Xardín do Baixo Miño".
Por iso -repetimos- que aínda que damos toda a liberdade do mundo quen desexe facer política neste blog, críticas destrutivas, insultar ou faltar ao respecto, por favor que elixa outro tipo de sitios web porque o seu comentario eliminarase automaticamente. Nesta nova etapa contaremos -aparte por suposto da vosa inestimable aportación- con recoñecidos colaboradores literarios e xornalísticos da comarca do Baixo Miño (e aínda da cidade de Vigo e Galicia en xeral) que se encargarán de axudarnos con diferentes reportaxes, noticias, opinións, etc.