TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

12 nov. 2014

A I Carreira Popular "San Silvestre O Rosal" celebrarase o 31 de decembro


Segundo comunica no seu perfil de facebook o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o 31 de decembro deste ano ás 11:00 horas, celebrarase na vila a I Carreira Popular "San Silvestre O Rosal".

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o propio Concello, coa colaboración do Comercio do Rosal, será "unha actividade fundamentalmente lúdica e familiar, non competitiva".

Estas son as bases, regulamento e os diferentes premios que aporta o Comercio do Rosal para o seu sorteo.

P.D.: A ENTREGA DE DORSAIS REALIZARASE DE 10.00 A 10.45. A SAÍDA PARA OS CORREDORES SERÁ ÁS 11.000 HORAS E OS QUE QUEIRAN IR ANDANDO COS SEUS FILLOS, AVÓS....E NON QUEIRAN IR CORRENDO, SAIRÁN ÁS 11.30 CUN PERCORRIDO MÁIS CURTO 
¿A QUE ESTADES ESPERANDO? ESPERÁMOSVOS Ó FINALIZAR CUNHA CHOCOLATADA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES E UN MONTE DE PREMIOS A SORTEAR ENTRE TÓDOLOS PARTICIPANTES. RECORDADE QUE PODE PARTICIPAR TODO O QUE QUEIRA. AMPLIAMOS O PRAZO ATA O 19 DE DECEMBRO ¡¡¡¡¡¡

0 comentarios:

Publicar un comentario