TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

19 nov. 2014

O Novás segue aferrándose á idea do "partido a partido" na volta de Jacobo

Na imaxe, o rosaleiro Jacobo Coello, na I Xuntanza do Novás (agosto de 2013)

Informa: Andrés Senra / Acanor Atlético Novás

'Partido a partido'. A esa frase tan popular nos últimos tempos, é ao que se aferra o Acanor Novás. Esquecidas xa esas tres derrotas consecutivas, o único que pasa pola cabeza do corpo técnico e do plantel é agora mesmo, o Carballal, rival deste sábado (19:45 h).

O Novás, que superou comodamente ao Cañiza o pasado sábado, quere superar agora ao Granitos Ibéricos, nun duelo especial para dúas persoas, Jota, adestrador dende fai 5 xornadas, e Jacobo Coello, flamante fichaxe que case con toda probabilidade debutará este sábado contra o equipo da súa vida.

José Ramón Muñoz (O Porriño, 1973), é, a pesar da súa curta idade, un dos técnicos máis experimentados da Primeira Nacional. Con apenas 26 anos colgaría as zapatillas para pasar a ser adestrador. 

Conta con experiencia en Portugal, ademais de ser auxiliar de Quique Domínguez no Octavio e lograr o ascenso co Seis do Nadal. Non esquece tampouco os tres anos que viviu no Rosal (2005 a 2008). "Non é un partido máis, no Novás teño moitos amigos e persoas queridas, e a verdade é que gardo moi bos recordos da miña etapa no Rosal", aínda que por suposto o sábado tratará de conseguir a súa segunda victoria coma máximo responsable do Granitos, pese a que recoñece que non será doado, xa que "O Novás ten un plantel espectacular, con dous xogadores de calidade por posto, xente de moita experiencia e calidade. Sen dúbida un dos mellores equipos da liga. O que máis destaco é a portería e a capacidade de correr" todo isto a pesar do seu irregular comezo, que o sitúa na metade da táboa "e cunhas opcións de sector nada doadas, xa que hai varios equipos que se están amosando moi fortes e que é probable que cedan poucos puntos. O Novás ten que pensar en si mesmo, xogar sen presións e ir pouco a pouco".

'Jota' que levaba no 'paro' balonmanístico algo máis de dúas tempadas cre "que era un bo momento para voltar. Cando decidín deixar o Seis foi porque levaba 13 anos adestrando sen parar, e esa fatiga unida á miña familia foron os motivos que me impulsaron a desconectar unha tempada". Todo isto a pesar de ter algunha proposta "cando menos interesante no deportivo, pero decidín que non era o momento".

Agora, enrolado dende hai menos de dous meses no Granitos, recoñece que o "obxectivo pasa por manternos, librarnos do descenso canto antes e poder disfrutar desta liga sen agobios. Estamos traballando ben, pero hai moito que mellorar e que cambiar".

Para conseguir esa meta considerou oportuna a fichaxe de Jacobo Coello, lateral-extremo rosaleiro "que se mostrou interesado en seguir disfrutando deste deporte. Sen dúbida vai aportar experiencia, verticalidade e boa capacidade defensiva. Pero sobre todo, moito sacrificio. É un gran reforzo para o Carballal".

Jacobo, lateral zurdo de 37 anos, desenrolou gran parte da súa carreira deportiva no Acanor Novás, é un dos mellores xogadores que deu a canteira. Proba diso é que formou parte do mellor equipo da historia do Academia Octavio.

0 comentarios:

Publicar un comentario