TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

22 nov 2014

Nikolai Tsybanev analiza a previa do partido Acanor Novás-Granitos Ibéricos


Información e fotografías: Acanor Atlético Novás

Nikolai Tsybanev (Volgogrado-Rusia, 1964), está considerado un dos mellores xogadores que pasou pola historia do Atlético Novás.  

Chegou ao Rosal a finais do século pasado e botou raíces aquí. Primeiro como xogador, e logo como adestrador en diferentes categorías, o seu apelido vai  unido ao nome do club dende fai case dúas décadas.

Dende hai dous anos é a man dereita de Modesto Augusto no primeiro plantel (xa fora auxiliar doutros técnicos). Labor que compaxina coa de adestrador do equipo xuvenil.

Hoxe dispútase a décima xornada de Primeira Nacional cumprindo así o primeiro tercio da competición. Se ben é certo que non ocupa o lugar que esperaba, apunta que "este ano a liga e máis larga, polo que penso que aínda temos opcións. O malo é que non dependemos de nós". Xa que o Acanor parte cunha desvantaxe de 7 puntos con respecto aos dos equipos que actualmente están nos postos de privilexio.


 
O que xoga a favor do club é que quizais os 'cocos' do grupo xa os pasou, e de aquí ao final da primeira volta veñen compromisos máis asequibles, "partidos que veñen ben para recuperar a moral, e tamén para recuperar aos lesionados, xa que temos a varios xogadores que veñen acarrexando molestias dende hai varias xornadas".

Entre eles, os seus fillos. Para Nikolai é especial adestralos, sen embargo cre "que eles igual están fartos de min, xa que lles esixo máis que ao resto". Sobre os puntos fortes e débiles de ambos, opina "que de Sergey, quédome co seu lanzamento. De Alex a visión de xogo. O seu lunar, os ligamentos e tendóns. Na súa curta vida deportiva pasaron gran parte no dique seco".

O rival de hoxe é o Granitos Ibéricos (19:45 h), que ocupa a antepenúltima posición. Tras un mal arranque, con Andrés Acuña ao frente, buscaron un revulsivo contratando a Jota. Ata o momento conseguiron dous puntos nas cinco xornadas que leva no cargo. Tsybanev, que compartiu banquillo co adestrador do Morrazo, deséxalle o mellor ao seu amigo Jota "É un bo entrenador e gran persoa. Este ano o vai ter complicado, chegou fai pouco ao club e cun equipo feito. Non é doado adaptar aos xogadores á súa maneira de traballar e visión de xogo. De todos xeitos, penso que salvarán a categoría".


0 comentarios:

Publicar un comentario