TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 nov. 2014

Transporte de balde dende O Rosal á Unidade de Exploración Mamográfica


Informa: Concello do Rosal.

O programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a súa disposición un medio de transporte de balde, para facilitarlle o acceso desde o Concello de O Rosal ata a Unidade de Exploración Mamográfica sita NA CASA DO MAR en Beiramar, 51-2º planta en VIGO e tamén á viaxe de volta ó Concello.

O uso desde transporte non é obrigatorio, polo que se vostede o desexa, pode acudir polos seus propios medios á cita que se lle achega.

Dependendo da hora na que teña a cita na Unidade de Exploración poderá facer uso do mesmo, tendo en conta as paradas e horarios que figuran máis abaixo.

En O ROSAL (diante do Centro de Saúde)
Horas de parada: 08:00 11:30

En SAN MIGUEL DE TABAGÓN (diante do Centro de Saúde)
Horas de parada: 08:10 11:40

Máis información no Concello ou no teléfono 986 62 50 00.

0 comentarios:

Publicar un comentario