FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 may 2014

IV TORNEO FÚTBOL 8 ALEVÍN-BENXAMÍN U.D. RIBERA. MEMORIAL IAGO AMEAL



Este sábado 7 de xuño celébrase no Estadio Municipal da Mata o IV Torneo Fútbol 8 Alevín e Benxamín U.D. Ribera. Memorial Iago Ameal Pereira.

Segundo reza o cartel, participarán os seguintes equipos: Tomiño C.F., Alameda, A Guía Guardesa, Oiense C.F., San Cayetano F.C., Goián F.C., e o anfitrión, U.D. Ribera.

Para máis información, velaquí vos deixamos o Programa de Competición.


27 may 2014

CONCERTO DE RUBÉN SIMEÓ E A BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL




Informa: Agrupación Musical do Rosal

Este vindeiro domingo 1 de xuño, ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal terá lugar un concerto a cargo da banda da Agrupación Musical do Rosal con motivo da celebración do seu 28º aniversario.

Nesta ocasión teremos a honra de acompañar a Ruben Simeó, un dos trompetistas máis importantes a nivel internacional, considerado como un dos instrumentistas con maior proxección e así o avalan as innumerables xiras realizadas por todo o mundo e os moitos e importantes premios acadados á súa curta idade.

Baixo a batuta de Marcel van Bree ofrecerán entre outras, as obras (trompeta e banda) "Fantasía para trompeta e banda", "Viva Navarra" e "A Tribute to Harry James". Tamén interpretarán as seguintes obras (banda): "Festivo" e "Estampes simfòniques". 

O VENRES 30, CLASE DE FITNESS NO PARQUE BIOSAUDABLE DO TAMUXE



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, este venres 30 de maio ás 17:00 horas, realizarase no parque biosaudable do Tamuxe unha clase de ximnasia para adultos, de carácter gratuíto.

23 may 2014

O GRUPO "COSA DE TRES" OFRECE O DÍA 26 UN CONCERTO NAS CARMELITAS



O grupo "COSA DE TRES" ofrecerá un concerto este luns 26 de maio no Colexio San José das HH Carmelitas de la Caridad (A Guarda) a partir das 16:00 horas. Na imaxe, de esquerda a dereita, Guille Verde (guitarra), Eva Piñel (voz) e o rosaleiro Eric Barceló (batería).

Esta actuación está enmarcada dentro dos actos do 188 aniversario da fundación de Santa Joaquina de Vedruna. A entrada é libre e gratuíta.

O ESCRITOR ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE FALARÁ EN PONTEAREAS


O historiador e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe foi convidado polo Concello de Ponteareas para participar no Encontro de Escritores en Lingua Galega que se celebrará o vindeiro venres 30 de maio ás 20:00 horas na Biblioteca Pública Municipal.

Este encontro, que estará moderado por Andrés Sampedro Fernández -escritor e concelleiro de Cultura de Ponteareas- versará sobre "a importancia de difundir o local". 

Tamuxe compartirá experiencia e coñecementos nunha intervención cos recoñecidos escritores Francisco Candeira Mosquera, Alfonso Pexegueiro, Anxo Serafín Porto Ucha, Clodio González Pérez, Estanislao Fernández de la Cigoña e Manrique Fernández Vázquez.

Lembramos dende Noticias O Rosal que Xoán Martínez Tamuxe é asiduo colaborador da prestixiosa revista pontareá "Pregón" ademais de ter escrito multitude de artigos sobre a historia, etnografía e arqueoloxía da comarca do Condado.

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS ORGANIZADO POR ACOR


José Martínez González (Pepe Berdeal) / ACOR

A Asociación de Comerciantes do Rosal organiza un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o vindeiro venres 6 de xuño, de 10:30 a 13:30 horas no Centro Social Polivalente.

As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 628 87 50 29.

21 may 2014

CONCERTO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL EN VILADESUSO (OIA)


A Agrupación Musical do Rosal durante un concerto no Auditorio da vila. (Foto: A.M.R.)

Este domingo 25 de maio a Agrupación Musical do Rosal, presidida por Iván Diego Martínez e que dirixe Marcel van Bree, ofrecerá un pasarrúas (10:30 horas) e un concerto (20:00 horas) en Viladesuso (Oia) con motivo das Festas na Honra do Santísimo.

20 may 2014

OS CICLISTAS PRINCIPIANTES DO C.C. O ROSAL ARRASAN NAS FAIAS



O pasado sábado 17 de maio disputouse en San Xoán de Tabagón o XXIII Trofeo Pista de As Faias, organizado polo Club Ciclista O Rosal.

Segundo se pode ler na súa web, os principiantes "facían pleno ao arrasar cos tres primeiros postos".


"O primeiro era Yasir Martínez (na imaxe), que conta as súas participacións con vitorias. Segundo era o gran David Rodríguez e no terceiro posto saltaba a sorpresa, pois Pablo Rodríguez debutaba no día de hoxe na competición oficial e colleitaba ese gran terceiro posto do caixón".



Igualmente, en alevín feminino, mención para Irea Villa (3º posto) e para María Correa (2ª en infantil).

OFERTA DE EMPREGO COMO GUÍA TURÍSTICO NUNHA ADEGA DO ROSAL



Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural da vila, unha adega do Rosal está buscando unha persoa que se encargue de realizar as visitas guiadas das súas instalacións, recursos do Rosal, etc., durante os meses de verán.

Requírese que sexa unha persoa dinámica e valorarase que teña coñecementos de inglés. Quen estea interesado/a pode enviar o seu currículum a:

informacionxuvenil@concellodorosal.es 
aedl@concellodorosal.es



15 may 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZA O XXIII TROFEO PISTA AS FAIAS



Este sábado 17 de maio, a partir das 17:00 horas, celébrase na parroquia de San Xoán de Tabagón o XXIII Trofeo Pista As Faias, -organizado polo Club Ciclista O Rosal, que preside Gerardo Álvarez Martínez- para as categorías benxamíns, alevíns e infantís.

REPORTAXE DA XIV ANDAINA "VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS"



Este sábado 10 de maio celebrouse a XIV edición do programa de andainas deportivo-culturais que organiza o Concello do Rosal e que levou aos participantes a percorrer a ruta “Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas”.

Estiveron presentes nesta andaina –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso, así como os concelleiros Mauro Fernández Teixeira e Mabel Franco Pérez. Igualmente, destacar a participación do recoñecido arqueólogo Pablo Novoa Álvarez, afincado no Rosal.

O punto de encontro e saída desta nova camiñata –guiada polo escritor e investigador local Juan Ramón Martínez Barbosa, na imaxe- foi o Alto de San Vicente (xuradía de Marzán).


Visitáronse os montes do Campo do Couto, onde se chegou ao punto máis elevado do concello do Rosal (546 metros de altitude), cunhas vistas panorámicas impresionantes ao Val e á desembocadura do Miño.

Así mesmo, durante a andaina, se observaron no lugar das Cortes, nas proximidades da Fonte do Home, os petróglifos –gravados cruciformes- de época histórica (séculos IV-V d. C.).

12 may 2014

VOTA POR JAVI DÍAZ E DANI CERQUEIRA PARA O "PARTIDO DAS ESTRELAS"


Javi e Dani en 2012 cando xogaron no Rosal militando no Academia Octavio

Segundo comunica o Mecalia Atlético Novás nas redes sociais, o domingo 15 de xuño xógase en Ciudad Real o "Partido de las Estrellas" de balonmán, que enfrontará á selección española (masculina e feminina) cun combinado de estrelas da Liga Asobal.

Dende o club da vila pídese o voto para os rosaleiros Javi Díaz (porteiro do Villa de Aranda) e Dani Cerqueira (pivote do Frigoríficos Morrazo) para que poidan ser integrantes da selección das estrelas.


Podes votar por Javi Díaz (Javier Díaz Pérez) e por Dani Cerqueira (Daniel Cerqueira Rodríguez) -elixindo tamén a cinco xogadores máis- no seguinte enlace


Foto: FDV / Ignacio Sáa

P.D.: A veciña da Guarda, Estela Doiro (na imaxe) e a súa compañeira do Mecalia Atlético Guardés, Isabel Cristina Maestro Sanz, tamén son elixibles para o combinado feminino.



8 may 2014

CONCURSO PARA O CARTEL ANUNCIADOR DA XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL




Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal

CONCURSO para a selección do CARTEL ANUNCIADOR DA 
XXII FEIRA  DO VIÑO DO ROSAL

O Concello do Rosal, no seu desexo de promocionar os productos típicos do municipio, convoca o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXII Feira do Viño, que tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas.

BASES

1.- Poderá participar neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso país como no estranxeiro.

2.- Establécese un premio individual de 400 € para o cartel gañador.

3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimase.

4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en soporte ríxido que permita a súa exposición.

5.- No que atinxe á temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor. Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 18, 19 e 20 de xullo de 2014. O cartel non poderá levar inserido ningún logotipo.

5.- Os carteis deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e apelidos do autor, DNI, enderezo e teléfono de contacto.

6.- Os traballos deberán ser presentados no Concello do Rosal na instancia facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXII Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o pseudónimo e a data de presentación.

7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 30 de MAIO de 2014 ás 13:00 horas.

8.- O Xurado darase a coñecer no momento que se estime oportuno.

9.- Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será inapelable, e farase pública antes do día 5 de xuño. A entrega do premio realizarase  no momento e xeito que se estimara.

10.- O Concello do Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.

11.- A retirada dos traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en caso de non facelo.

12.- A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.

6 may 2014

O ROSAL CELEBRA AS FESTAS NA HONRA DE SAN ISIDRO (17 E 18 DE MAIO)



Os vindeiros días 17 e 18 de maio celébranse no Rosal as Festas de San Isidro, Patrón dos Agricultores, co seguinte programa:

SÁBADO 17 DE MAIO

21:00 h: Verbena que se prolongará ata altas horas da madrugada con: Orquestra ALABAMA e Grupo NIEBLA

DOMINGO 18 DE MAIO

10:00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A BOALLEIRA (A Gándara).

12:00 h: Misa Solemne con Sermón e Procesión na igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal.

19:00 h: Presentación da orquestra SAUDADE 73.

20:00 h: Gran Subasta de produtos típicos da terra.

A continuación, Gran Verbena a cargo da orquestra SAUDADE 73.

Segundo anuncia a Comisión de Festas, o recinto estará cuberto.


5 may 2014

I EDICIÓN DA CARREIRA E DA ANDAINA "10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO 2014"



O domingo 20 de xullo celebrarase na nosa vila a I edición da carreira e andaina "10K O Rosal. Feira do Viño", que organizará o Concello en colaboración co Banco Mediolanum e diferentes adegas e entidades da comarca do Baixo Miño.


A carreira estará baixo o apadrinamento e coordinación dos deportistas rosaleiros Serafín Martínez Acevedo e Óscar Vicente Rodríguez, sendo a andaina dirixida polo emprendedor sociocultural Juan Ramón Martínez Barbosa.


As inscricións nestas atractivas actividades (carreira: límite de 621 prazas e a andaina, límite de 100 prazas disponibles) comezará o vindeiro martes 20 de maio e poderanse facer na web Champion Chip Norte.


Velaquí vos deixamos para descargar o Regulamento da carreira e o enlace á Programación da andaina na web 10k O Rosal


Sen dúbida, estes eventos deportivos e turístico-culturais virán a enriquecer o extenso programa de festas que se poderá disfrutar na nosa vila durante a XXII Feira do Viño do Rosal (18, 19 e 20 de xullo).