Informa: Organización da Feira do Viño do Rosal
CONCURSO para a selección do CARTEL
ANUNCIADOR DA
XXII FEIRA DO VIÑO DO
ROSAL
O Concello do
Rosal, no seu desexo de promocionar os productos típicos do municipio, convoca
o Concurso para a selección do Cartel Anunciador da XXII Feira do Viño, que
tamén se estende ós temas hortícolas e florícolas.
BASES
1.- Poderá participar
neste certame calquera persoa, sen límite de idade, tanto residente no noso
país como no estranxeiro.
2.- Establécese un
premio individual de 400 € para o
cartel gañador.
3.- O premio poderá
quedar deserto se o xurado así o estimase.
4.-
Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizados en cartolina
de 44 cms. de ancho por 64 cms. de alto e poderán estar realizados en unha ou varias
cores ou fotografía, sen límites en canto a técnicas. Presentaranse en
soporte ríxido que permita a súa exposición.
5.- No que atinxe á
temática, versará de xeito prioritario sobre o viño, así como a horta e a flor.
Deberanse incluir necesariamente os seguintes textos: XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL e 18,
19 e 20 de xullo de 2014. O cartel non poderá levar inserido ningún
logotipo.
5.- Os carteis
deberán ser presentados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado no que
figure escrito o pseudónimo no exterior e contendo no seu interior o nome e
apelidos do autor, DNI, enderezo e teléfono de contacto.
6.-
Os traballos deberán ser presentados no Concello do Rosal na instancia
facilitada ó efecto coa indicación: “Concurso para a selección do Cartel Anunciador
da XXII Feira do Viño. Concello do Rosal” onde constarán exclusivamente o
pseudónimo e a data de presentación.
7.- O prazo de
admisión de carteis pecharase o día 30
de MAIO de 2014 ás 13:00
horas.
8.- O Xurado darase a
coñecer no momento que se estime oportuno.
9.-
Unha vez determinado o gañador do Concurso a decisión do xurado será
inapelable, e farase pública antes do día 5 de xuño. A entrega do premio
realizarase no momento e xeito que se
estimara.
10.- O Concello do
Rosal poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e
dispoñerá de tódolos dereitos sobre o mesmo.
11.- A retirada dos
traballos presentados deberá efectuarse durante o mes de xuño de 09:00 a 13:00 perdendo os dereitos sobre os mesmos en
caso de non facelo.
12.-
A presentación a este concurso implica a aceptación plena das presentes bases.
0 comentarios:
Publicar un comentario