FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 oct 2011

Presentouse no Centro Social Polivalente o II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal



O venres 28 de outubro tivo lugar no Centro Social Polivalente a presentación do II Campionato Feminino de Futbolín que convoca esta web cultural e organiza a Asociación Os Cabaqueiros coa colaboración do Concello do Rosal.

Presentou o acto o coordinador de Noticias O Rosal, Juan Ramón Martínez Barbosa, quen deu a benvida e agradeceu a presenza –entre outros- do concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz, o presidente da Asociación de Comerciantes da vila, José Martínez González (Pepe Berdeal), o presidente da Agrupación Musical do Rosal, Jesús González Álvarez (Suso), así como dos cabaqueiros e como non, das 20 participantes que xogarán este II Campionato Feminino.



O torneo comezou o sábado 29 de outubro ás 16:00 horas no Bar Floro e continuou no Bar D’Bute ás 19:30 horas.

Xa o domingo a partir das 17:00 horas disputarase a fase final no Bar Troya.

Estes son os equipos participantes:

Camposinas (Bea e María M.)
Bar Floro (Noelia e Maite)
As Divinas (Vanesa S. e Conchi)
Evasión (Eva e Tania)
Fusión (Rebeca R. e Luisa)
Xa Estamos Aquí (Clara e Jenni)
Tapería A Pousada (Sofi e Xuru)
Marvan (Marisa e Vanesa)
As Vitaminas (María e Nuria)
Hai Chapa (Ruth e Mary)

27 oct 2011

O Balonmán Atlético Novás Alevín e Infantil botou a andar con dezaoito novas incorporacións




Informa: Aurora Lomba / Atlético Novás

A pasada fin de semana celebráronse os primeiros partidos de balonmán do Novás nas categorías alevín e infantil. Aínda que os dous encontros se saldaron con derrotas, existe unha gran satisfacción nos dous equipos, con moitos nenos amantes deste deporte.

Este sábado 29 de outubro xogarán en Chapela ás 10:30 e ás 12:00 horas, estrenando equipación.

Dende Noticias O Rosal desexámoslles ¡¡moita sorte!!

26 oct 2011

O Auditorio acollerá un Concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo



Seguen os actos programados con motivo do 25 aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Desta vez, o sábado 29 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal, terá lugar un concerto que ofrecerá a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez.


Interpretarán o seguinte programa: Alvamar Overture de James Barnes, Czardas de Monti, Marta Agustín de Pérez Sanz, Waves of the revolution de Sean O`Loughlin, Ireland de Robert W. Smith, Estrasantico de Simón Couceiro e rematarán co pasodobre Xinzo de José Luis Represas.

Organiza este evento a Agrupación Musical do Rosal, que lembra que esta banda foi a que os apadriñou na súa presentación o día 4 de maio de 1986.

Colaboran o Concello, a Fundación O Rosal, a Comunidade de Montes de Santa Mariña, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

21 oct 2011

O Campionato Feminino comezará o sábado 29 de outubro no BAR FLORO




O vindeiro sábado 29 de outubro ás 16:00 horas terá lugar no BAR FLORO a INAUGURACIÓN e Fase de Grupos do II CAMPIONATO FEMININO DE FUTBOLÍN NOTICIAS O ROSAL 2011.

Na primeira imaxe do evento, de esquerda á dereita, Carlos Álvarez Antúnez "Sevi" (campión de España de Futbolín Movemento F-2), Braulio Álvarez González "Galis" (recente gañador do III Torneo Os Cabaqueiros), Delia Álvarez Rivero (Bocatería Bar Floro), Gerardo González Gómez (vén de participar por vez primeira no Cabaqueiros cun meritorio noveno posto) e Sergio Casal Fernández "Yeya" (vencedor do I Campionato Os Cabaqueiros 2009).

18 oct 2011

Ruta dos Cruceiros. Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello"




Velaquí vos deixamos unha das reportaxes que tíñamos atrasadas deste mes de outubro, concretamente a do día primeiro, cando -como cada mes- se celebrou unha nova andaina, a Ruta dos Cruceiros, organizada polo Concello do Rosal, e á que asistiron -entre outros- o Alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de Alcalde, Mª Carmen Alonso Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz. 



O guía destas camiñatas turístico-culturais, Juan Ramón Martínez Barbosa, tal e como anunciáramos, "tivo como base o completo e exhaustivo estudo sobre o tema, do recoñecido escritor e historiador local Xoán Martínez Tamuxe, plasmado no seu libro Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. Concello do Rosal I, obra imprescindible para indagar sobre moitas das tradicións -e mesmo lendas- do municipio".



Cumprindo o itinerario previsto, saíuse dende a Praza do Calvario, visitouse o Cemiterio parroquial, foise ata Martín, baixouse a Fornelos e antes de chegar de novo ao punto de partida, parouse no Convento das HH. Carmelitas da Bouzada, onde os participantes coñeceron a súa pequena pero fermosa capela.

No cruceiro da Escola de Fornelos e no da Feira realizáronse as tradicionais fotos de grupo destas andainas.

17 oct 2011

Programa de Compostaxe Doméstica no Concello do Rosal




O Concello do Rosal vai a iniciar un programa de compostaxe doméstica que inclúe a cesión gratuíta dun compostador, un aireador e unha sesión formativa obrigatoria prevista para o vindeiro xoves 27 de outubro ás 21:00 h. no salón de actos do Centro Social Polivalente.

Todas as persoas interesadas en participar no programa deberán presentar unha solicitude nas oficinas xerais do Concello ou a través do correo compostaxe@concellodorosal.es ata as 15:00 h. do día 27 de outubro.

O impreso de solicitude estará dispoñible no concello ou no seguinte enderezo electrónico:
www.concellodorosal.es
Os compostadores repartiranse seguindo estrita orde de solicitude.

Encontro de Corais organizado pola Agrupación Musical do Rosal




Este sábado 22 de outubro ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar un Encontro de Corais organizado pola Agrupación Musical da vila.

Actuarán neste evento, a Coral Fonte do Souto (Culleredo), a Coral do Liceo de Noia e a anfitriona, Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Medio cento de persoas do Centro Asturiano da Coruña, de ruta guiada polos Muíños do Folón e Picón




Recentemente (o 7 de outubro) tivo lugar unha visita guiada polos Muíños do Folón e Picón para 55 persoas do Centro Asturiano da Coruña.

O grupo, comandado por Guillermo Brañas, parou xa de mañá na Praza do Calvario para logo coñecer unha das xoias do noso patrimonio etnográfico, os 67 enxeños hidráulicos de Martín e Fornelos.


Aínda que é de dificultade media-baixa, a metade dos membros do Centro Asturiano da Coruña percorreron completa a ruta dos Muíños do Folón-Picón (3'5 km).

Nada máis rematar o paseo, decidiron quedar no Rosal e comeron no Restaurante Juan, para xa de tarde visitar a adega Terras Gauda.

15 oct 2011

Ballet Studio 88 presenta este domingo 16 de outubro "Burlesque"




Informa: Dora Domínguez Lago / Asociación Studio 88

"Este año nuestra actuación se tiene que celebrar en el Pabellón Municipal de A Guarda (al lado del colegio Público de A Sangriña) en la localidad de A Guarda, por respetar la ley de Ruidos y Sonidos, ya que la Asociación Studio 88 no se expone a que se la pueda multar por hacer un acto, para todos las personas del concello y demás personas que se alleguen, entendiendo que desde la Asociación Studio 88 con mucho esfuerzo gestionamos las actuaciones, donde todos altruistamente colaboran.

Esperamos que el público lo entienda y que no son razones nuestras las que nos llevan a hacer el acto en este nuevo sitio. Para ello contamos con la colaboración del concello de A Guarda que nos facilita el Pabellón, y gracias por las facilidades que nos han dando para que la Cultura pueda crecer y puedan ponerse remedios a situaciones como la del Auditorio de San Benito.

Ya son trece años que contamos con Josué Álvarez como Director Artístico, desde que comenzamos con el Grupo Bailadela, despues O Trasno de Sirius y actualmente Ballet Studio 88. 

Una vez más agradecemos a Josué Álvarez desde la Asociación Studio 88, por compaginar su agenda personal y profesional con la labor que desempeña para la Asociación Studio 88, del cual estamos agradecidos, ya que gracias a él nos permite adentrarnos en el arte de la danza, hacer actividades, obtener conocimientos, conocer a otras compañías y obtener formación. Él es el encargado de toda la puesta en escena, y la verdad que le estamos agradecidos. 



Nuevamente presentamos Burlesque el día 16 de octubre del 2011 a las 18 horas en el Pabellón Municipal de A Guarda, con entrada gratuita. Quedan todos invitados. Burlesque es un espectáculo compuesto por 13 coreografías llenas de color, ejercicios técnicos muy complicados, así como elevaciones, ejercicios acrobáticos a medida que avance el espectáculo.

El Ballet Studio 88 de la Asociación Studio 88 les seguirá sorprendiendo. El acto estará presentado por la comunicadora Beti Rey".

Obradoiro de autoestima para persoas maiores de 65 anos




Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Baixo Miño

 
Transcribimos íntegra e literalmente a nota de prensa recibida na nosa Redacción: "El próximo lunes 24 de octubre a las 10.00 h, iniciaremos en la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño de A Guarda, el TALLER DE AUTOESTIMA para personas mayores de 65 años.

Este taller está pensado para favorecer y fomentar el desarrollo y mantenimiento de la autoestima en las personas mayores de 65 años; influyendo positivamente en la percepción que tienen de sí mismos. El aprendizaje grupal y la vivencia personal del taller permite incorporar de forma natural los contenidos del mismo.

Este aprendizaje y su posterior aplicación en la vida diaria, puede ser muy útil para mejorar la calidad de la comunicación y por tanto la relación con su entorno más cercano. También repercutiendo en su salud psíquica y física.

El conocimiento de la realidad social y el interés demostrado por los mayores para mejorar su calidad de vida, fundamentan la realización del proyecto del Taller de Autoestima.

Los principales objetivos de este proyecto son:

- Mejorar la percepción de sí mismos de los usuarios, favoreciendo una autovaloración positiva, lo cual, repercutirá en su bienestar emocional.

- Mejorar las condiciones de vida de la Tercera Edad, favoreciendo la comunicación asertiva y las relaciones humanas.

- Fomentar la escucha activa.

- Reforzar la autoestima, mejorando así las relaciones interpersonales y aportando seguridad a los asistentes.

- Fomentar el pensamiento positivo; permitiendo así, obtener una nueva perspectiva de la realidad.

- Y potenciar la participación de los mayores en actividades grupales lúdicas e informativas.

Para inscribirse o informarse deberán dirigirse a:

Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo. A Guarda
Tel: 986 61 46 09 / 606 34 84 71

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón organiza o I Rally do Tamuxe de Scalextric




Informa: Jorge Cardoso Mariño / S.R.C. San Miguel

A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón celebra o día 15 de outubro a primeira edición do Rally do Tamuxe na modalidade scalextric. Abrirase a participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores de 13 anos e maiores de 14 anos cunha inscrición de 3 e 5 euros.

O evento comeza o sábado pola mañá con adestramentos libres a partir das 10.30 horas ata as 13 horas. Se realizará nas tres pistas/percorridos instalados no Salón Multiusos, que dispón a asociación no seu local social en San Miguel de Tabagón (Pontevedra) para logo pasar á comida no Restaurante As Brasas ás 14.00 horas, pedindo confirmación no teléfono 672085534.

No caso de que algún participante non teña un coche de competición, a organización ten a disposición coches para participar.

Retomarase a partir das 16.00 horas para comezar a competición oficial con adestramentos e as carreiras nas que se coñecerán os gañadores. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo e premios en metálico.

Tamén no mesmo local se fará un baile de Halloween o día 31 de outubro a partir das 23.00 horas, con sorteos e agasallos durante toda a noite.

Esta entidade aproveita a oportunidade de saír publicamente para dar as grazas e o apoio que tivo na Festa da Vendima das adegas da Subzona do Rosal: Aforado, Aldea de Abaixo, S.A.T., Altos de Torona, Adegas Tollodouro, Adegas Terras Gauda, Adegas Valmiñor, Adegas Lagar de Cervera, Adega Quinta de Couselo e Adegas Santiago Ruiz, a cal tivo unha parte moi importante por ser a adega da parroquia onde está situada a nosa entidade. Grazas tamén ao Restaurante As Brasas pola súa labor desenrolada na cata con maridaxe dos produtos do Baixo Miño, pero non sen esquecernos das casas comerciais como A Rosaleira, Cooperativa Porta do Río Miño e organizacións como Asociación de Pescadores do Río Miño e ORPAGU (Organización de Palangreiros Guardeses), que participaron desinteresadamente, proporcionando os seus caldos e os seus produtos para que a festa fora un éxito en todas a xornadas durante a semana que durou a Festa da Vendima.

Así mesmo pedir perdón polos erros cometidos, se tivemos algún, tanto aos participantes como aos socios. Intentaremos solventalos o ano que ven coa segunda edición.

O proxecto "1 euro por km S.O.S. Cuerno de África" crece día a día




Informa: Armando Verde

A iniciativa solidaria que pretende completar a volta a España recadando 1 euro por km percorrido, xa ten apadrinados 270 km.

A falta duns días para a saída do km 0 xa se cumpriu case a totalidade do primeiro obxectivo, A Guarda-Verín, 286'7 km, recadando 1 euro por km entre corredores e colaboradores.

A saída para a primeira etapa de 15'9 km entre A Guarda e Tomiño, está prevista para o próximo domingo 16 de outubro ás 11 horas. O lugar de saída, a Alameda da Guarda, onde se montará un stand para que todo aquel que desexe informació sobre o proxecto ou como apadrinar quilómetros ao longo de calquera das nove etapas restantes poida facelo, tanto como corredor ou colaborador.

A hora estimada de chegada á praza do Concello de Tomiño será sobre as 12:30, onde serán recibidos os 15 corredores que participan nesta primeira etapa e dende onde partirá a segunda etapa Tomiño-Tui, o luns 17 de outubro ás 11 horas.

Máis información no teléfono
626 593 237.

I Mercadiño sustentábel na Guarda organizado por A Velha na Horta




Informa: A Velha na Horta

Esta fin de semana A Velha na Horta organiza un mercadiño de artigos de 2ª man na praza de San Bieito da Guarda. Ámbolos dous días abriremos as 16:00 h. e pecharemos as 21:00 h.

Esta iniciativa pretende ser unha alternativa orixinal e claramente anticonsumista, na que a compra ou o troca das cousas que teñamos por casa sen usar den prioridade a ir a mercar a un centro comercial ou a última tenda de moda.

A maiores do mercadiño contaremos o sábado cunha charla a cargo da organización BDS, que nos informará sobre a súa campaña de boicot, desinvestimentos e sancións contra Israel; e con música tradicional, e o domingo coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Os dous días contaremos con música e barra con comida e bebida.

Agardámoste!

13 oct 2011

GALIS E SERGIO, VENCEDORES DO III CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS. CONCELLO DO ROSAL 2011


Esta fin de semana (8 e 9 de outubro) celebrouse na Praza do Calvario o III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.

A organización deste evento correu a cargo da Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o propio concello rosaleiro, que dende 2009 vén celebrando este torneo como unha actividade máis dentro da Festa do Cabaqueiro, este ano xa na súa XXIV edición.

Aínda que houbo moitas ausencias significativas -e irremediables- por compromisos adquiridos previamente, un total de catorce parellas participaron no Campionato na honra e lembranza dos mestres telleiros do Baixo Miño.


Braulio Álvarez González (Galis) e Sergio Rodríguez Álvarez, que formaban o equipo “OS ARGINAS” proclamáronse campións tras gañar na final a “OS ESNORZADOS”, Carlos Alberto Álvarez e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”.

O terceiro posto, por decisión da Organización, será compartido por dous equipos, “OS EMBUCHADOS" (Sergio e Diego) e "BRASIL NO SUCÁ" (Alfonso e Juan), xa que por motivos laborais non foi posible celebrar o partido que outorgaría este posto de privilexio.

4 oct 2011

O III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011 celebrarase o 8 e 9 de outubro




A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e o Concello do Rosal organizarán o 8 e 9 de outubro o III Campionato OS CABAQUEIROS 2011.

Este torneo -ao igual que a Asociación- creouse para promover a Cultura e a Festa do Cabaqueiro, fomentar o desenrolo cultural do Baixo Miño, así como promocionar o xogo do futbolín e crear un ambiente de festexo entre todos os veciños e veciñas da Comarca.

Estas son as bases, programa e inscricións:

10 € persoa (20 € a parella). Pódense recoller as follas de inscrición nos locais con futbolín, colaboradores: Bar Floro, Bar Troya e Bar D’Bute (O Rosal).

Máis información no blog:
(http://www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com/)
Na dirección de correo:
asociacioncabaqueiros@hotmail.com 
No teléfono:
637 311 007.

Poden apuntarse todas as persoas que pertenzan ao BAIXO MIÑO (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui) como máximo ata o venres 7 de outubro ás 21:00 horas, na propia PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO, que se celebrará no Centro Social Polivalente do Rosal (rúa Cabaqueiros, nº 4).

MODALIDADE: PARADO

Ao igual que o ano pasado os NOMES DOS EQUIPOS participantes deberán ser palabras, frases ou expresións da fala ou “verbo” do CABAQUEIRO (agás equipos patrocinados).

INAUGURACIÓN E FASE DE GRUPOS: Sábado 8, das 16:00 ás 20:00 horas.

FASE FINAL: Domingo 9, de 11 a 14 horas e de 15:30 ás 20:00 horas.

O mércores 12 de outubro terá lugar ás 16:30 horas a PRESENTACIÓN OFICIAL DA ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL OS CABAQUEIROS DO FUTBOLÍN e a entrega de premios do III Campionato.

Ás 17:00 horas, a artista e cantante EREA CASTRO (LUAR-TVG) lerá o pregón da XXIV Festa do Cabaqueiro, para inmediatamente despois da súa intervención, os mestres telleiros iniciar a súa demostración anual de “taxicar cabacas e toupos a ghoucha” (facer tellas e ladrillos a man).

PREMIOS

1º : 200 € + Trofeos + Medalla + Diploma + Premio Especial

2º: 100 € + Trofeos +Medalla+ Diploma + Premio Especial

3º: 50 € + Trofeos + Medalla + Diploma + Premio Especial

4º: 25 € + Trofeos + Medalla + Premio Especial

A Asociación OS CABAQUEIROS outorgará tamén DÚAS CEAS para CATRO PERSOAS no RESTAURANTE JUAN (O Rosal) e na MARISQUERÍA O ROXO (A Guarda), ademais dunha noite na CASA CABAQUEIROS (Casa Rural. O Rosal)

Todos os participantes levarán fantásticos premios conmemorativos do III Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. Concello do Rosal 2011.

*Estes premios están estipulados para un mínimo de 20 parellas.