TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

15 oct 2011

O proxecto "1 euro por km S.O.S. Cuerno de África" crece día a día




Informa: Armando Verde

A iniciativa solidaria que pretende completar a volta a España recadando 1 euro por km percorrido, xa ten apadrinados 270 km.

A falta duns días para a saída do km 0 xa se cumpriu case a totalidade do primeiro obxectivo, A Guarda-Verín, 286'7 km, recadando 1 euro por km entre corredores e colaboradores.

A saída para a primeira etapa de 15'9 km entre A Guarda e Tomiño, está prevista para o próximo domingo 16 de outubro ás 11 horas. O lugar de saída, a Alameda da Guarda, onde se montará un stand para que todo aquel que desexe informació sobre o proxecto ou como apadrinar quilómetros ao longo de calquera das nove etapas restantes poida facelo, tanto como corredor ou colaborador.

A hora estimada de chegada á praza do Concello de Tomiño será sobre as 12:30, onde serán recibidos os 15 corredores que participan nesta primeira etapa e dende onde partirá a segunda etapa Tomiño-Tui, o luns 17 de outubro ás 11 horas.

Máis información no teléfono
626 593 237.

0 comentarios:

Publicar un comentario