TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

18 oct 2011

Ruta dos Cruceiros. Andainas "O Rosal. Coñece o teu concello"




Velaquí vos deixamos unha das reportaxes que tíñamos atrasadas deste mes de outubro, concretamente a do día primeiro, cando -como cada mes- se celebrou unha nova andaina, a Ruta dos Cruceiros, organizada polo Concello do Rosal, e á que asistiron -entre outros- o Alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente de Alcalde, Mª Carmen Alonso Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz. 



O guía destas camiñatas turístico-culturais, Juan Ramón Martínez Barbosa, tal e como anunciáramos, "tivo como base o completo e exhaustivo estudo sobre o tema, do recoñecido escritor e historiador local Xoán Martínez Tamuxe, plasmado no seu libro Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. Concello do Rosal I, obra imprescindible para indagar sobre moitas das tradicións -e mesmo lendas- do municipio".



Cumprindo o itinerario previsto, saíuse dende a Praza do Calvario, visitouse o Cemiterio parroquial, foise ata Martín, baixouse a Fornelos e antes de chegar de novo ao punto de partida, parouse no Convento das HH. Carmelitas da Bouzada, onde os participantes coñeceron a súa pequena pero fermosa capela.

No cruceiro da Escola de Fornelos e no da Feira realizáronse as tradicionais fotos de grupo destas andainas.

0 comentarios:

Publicar un comentario