Informa: Jorge Cardoso Mariño / S.R.C. San Miguel
A Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón celebra o día 15 de outubro a primeira edición do Rally do Tamuxe na modalidade scalextric. Abrirase a participación de toda a persoa que o desexe nas categorías de menores de 13 anos e maiores de 14 anos cunha inscrición de 3 e 5 euros.
O evento comeza o sábado pola mañá con adestramentos libres a partir das 10.30 horas ata as 13 horas. Se realizará nas tres pistas/percorridos instalados no Salón Multiusos, que dispón a asociación no seu local social en San Miguel de Tabagón (Pontevedra) para logo pasar á comida no Restaurante As Brasas ás 14.00 horas, pedindo confirmación no teléfono 672085534.
No caso de que algún participante non teña un coche de competición, a organización ten a disposición coches para participar.
Retomarase a partir das 16.00 horas para comezar a competición oficial con adestramentos e as carreiras nas que se coñecerán os gañadores. Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeo e premios en metálico.
Tamén no mesmo local se fará un baile de Halloween o día 31 de outubro a partir das 23.00 horas, con sorteos e agasallos durante toda a noite.
Esta entidade aproveita a oportunidade de saír publicamente para dar as grazas e o apoio que tivo na Festa da Vendima das adegas da Subzona do Rosal: Aforado, Aldea de Abaixo, S.A.T., Altos de Torona, Adegas Tollodouro, Adegas Terras Gauda, Adegas Valmiñor, Adegas Lagar de Cervera, Adega Quinta de Couselo e Adegas Santiago Ruiz, a cal tivo unha parte moi importante por ser a adega da parroquia onde está situada a nosa entidade. Grazas tamén ao Restaurante As Brasas pola súa labor desenrolada na cata con maridaxe dos produtos do Baixo Miño, pero non sen esquecernos das casas comerciais como A Rosaleira, Cooperativa Porta do Río Miño e organizacións como Asociación de Pescadores do Río Miño e ORPAGU (Organización de Palangreiros Guardeses), que participaron desinteresadamente, proporcionando os seus caldos e os seus produtos para que a festa fora un éxito en todas a xornadas durante a semana que durou a Festa da Vendima.
Así mesmo pedir perdón polos erros cometidos, se tivemos algún, tanto aos participantes como aos socios. Intentaremos solventalos o ano que ven coa segunda edición.
0 comentarios:
Publicar un comentario