FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 oct. 2013

O MES MÁXICO DE RAÚL FERNÁNDEZ



O ciclista rosaleiro Raúl Fernández Lorenzo comeza con forza este mes de outubro e a tempada de Ciclocrós a nivel nacional, xa que o pasado día 6 en Oviedo conseguía o terceiro posto na MMR CXperience, puntuable para a Copa Federación (antiga Copa de España).

Xa o fin de semana do 19 e 20 de outubro, Raúl colleitaba outro gran terceiro posto no X Ciclocróss Ciudad Medina de Pomar (Burgos) e tras quedar 4º en Villarcayo, facíase co terceiro posto final no Circuito Diputación de Burgos de Ciclocrós.


Así mesmo, este domingo 27 de outubro, Raúl Fernández proclamábase vencedor -tal e como se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal-, "nada máis nin nada menos que no feudo do ciclocróss nacional como é o País Vasco e desta volta era no XXI Ciclocróss de Karrantza e polo que a falta da confirmación da RFEC, Raúl vaise posicionar como líder do ranking nacional".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa, Raúl!!

A MESTRA ROSALEIRA BERTA CASTRO IMPARTIRÁ VARIOS CURSOS DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL



A Agrupación Cultural Guardesa organiza sendos Cursos de iniciación e perfeccionamento de Pandeireta e Canto Tradicional, que estarán impartidos pola mestra rosaleira Berta Castro González.

Os días e horarios serán a convir cos alumnos.

Estes cursos van dirixidos a adultos, tanto homes coma mulleres e a nenos/as a partir dos catro anos.

Máis información: bcgranxola@hotmail.com e no teléfono 620 125 477.

25 oct. 2013

O ROSAL OFRECE UNHA OFICINA PARA OS VECIÑOS AFECTADOS POLO INCENDIO


O Val do Rosal dende os Muíños do Picón
Segundo se informa dende o Concello do Rosal, co obxectivo de evitar que os veciños afectados polo incendio do pasado mes de agosto se teñan que desprazar a Tomiño e Porriño para tramitar as autorizacións de corta de madeira queimada, a partir do martes 29 de outubro se instalará unha oficina no Concello do Rosal para solicitar estes permisos.
Os veciños serán atendidos por técnicos da Consellería de Medio Ambiente e da Confederación Hidrográfica os martes, en horario de 9.00 a 11.00, no salón de plenos do Concello.


CALENDARIO DE PARTIDOS DA U.D. RIBERA PARA ESTA FIN DE SEMANA (26-27 OUT)




Velaquí vos deixamos o calendario cos partidos* para esta fin de semana (26 e 27 de outubro) das diferentes categorías do club rosaleiro U.D. Ribera de fútbol.

Destacar que o equipo senior xogará este domingo 27 ás 16:30 horas fronte ao Louro Tameiga no Cotorrón.

Pola súa banda, o equipo feminino disputará tamén o domingo (10:45 h.) o encontro fronte ao Gondomar F.B. no campo de As Cercas.

*Segundo informa Sergio Rodríguez Teixeira, o partido dos cadetes celébrase o domingo, non o sábado como reflicte o calendario.

24 oct. 2013

O CENTRO ETNOGRÁFICO "CASA DOS OFICIOS DO ROSAL" ESTARÁ ABERTO TODOS OS DOMINGOS DE 11 A 13 HORAS



Segundo se pode ler no folleto-boletín informativo do Concello do Rosal correspondente aos meses de novembro-decembro, o Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal", situado na planta baixa do edificio da antiga Cámara Agraria, abrirá os domingos en horario de mañá, de 11 a 13 horas. 

A primeira sala deste Centro Etnográfico, adicada á lembranza e homenaxe dos mestres telleiros da vila e o seu oficio, foi inaugurada o pasado 12 de outubro, coincidindo coa XXVI Festa do Cabaqueiro. A entrada é de balde.

PROGRAMACIÓN CULTURAL DO ROSAL (NOVEMBRO-DECEMBRO, 2013)




PROGRAMACIÓN CULTURAL 
CONCELLO DO ROSAL

NOVEMBRO

DÍA 2: Paula Cobián Escola de Danza presenta o espectáculo "Había unha vez". Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

DÍA 3: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

DÍA 23: Festival de Acordeóns na honra de Santa Cecilia, organizado polo Grupo Mascarenhas da Guarda. Auditorio Municipal ás 19:00 horas.

DÍA 24: A compañía Chumpa Teatro presenta a obra "Welcome to Cuntis Ville, cidade sen lei". Auditorio Municipal ás 19:00 horas.


DECEMBRO

DÍA 7: Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal na honra de Santa Cecilia. Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

DÍA 14: Audición de adultos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

DÍA 20: Audición dos alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:00 horas.

DÍA 21: Animación Infantil co paiaso Rudi Rudi. Centro Social Polivalente ás 17:00 horas.

DÍA 21: Audición dos alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 20:30 horas.

DÍA 22: Concerto de Nadal organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

DÍA 28: Espectáculo familiar co Circo Escarranchado. Auditorio Municipal ás 18:00 horas. 

DÍA 29: Concerto de Corais de Nadal, organizado polo Coro Ecos do Folón. Auditorio Municipal ás 18:00 horas.

CINE para todos os públicos os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2-3 de xaneiro. Auditorio Municipal ás 17:00 horas.

CONCERTO NO ROSAL DO CUARTETO DE SAXOFÓNS "XINZO SAX QUARTET"



Segundo nos comunican dende a Agrupación Musical do Rosal, esta fin de semana se celebrará un novo acto, que esperan sexa do agrado de todos/as. 

Trátase dun concerto do cuarteto de saxofóns Xinzo Sax Quartet, de Xinzo (Ponteareas), que está formado por Blanca Represas, Juan Manuel Cao, Pablo Castro e Alejandro Otero.
 
Será este domingo 27 de outubro, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal e "ofreceranos un concerto moi ameno, dividido en dúas partes, a primeira estará composta por diversos ragtime e na segunda interpretarán bandas sonoras de películas".

Máis información nos teléfonos 986 62 63 11 e 609 866 792.

 

XORNADAS NO ROSAL PARA APRENDER A TÉCNICA E COIDADO DOS BONSAIS



A Casa de Oficios da Mata acollerá os días 30 de novembro, 14 e 21 de xaneiro unhas xornadas sobre bonsais, en horario de 16 a 20 horas.

Tal e como reza o cartel, estas xornadas, nas que se aprenderá a técnica de creación e o coidado dos bonsais, serán gratuítas, agás "o material empregado para o correto desenvolvemento do curso" que correrá a cargo do alumno.

Para máis información e inscricións podedes contactar co Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal no teléfono 986 62 50 00.

23 oct. 2013

O MUÍÑO DAS ACEÑAS (O ROSAL) ACOLLE UNHA XORNADA SOBRE COGOMELOS




Segundo comunica o Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, o vindeiro sábado 23 de novembro de 9 a 14 horas terá lugar no Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón-O Rosal) unha xornada sobre cogomelos.

Haberá unha charla formativa, con saída de campo e clasificación dos mesmos incluída. 

As prazas son limitadas (20) e o prezo para participar, 10 euros.

Más información e inscricións: 986 62 50 00.

21 oct. 2013

CURSO DE ANIMACIÓN Y ESTIMULACIÓN GERONTOLÓGICA DE CRUZ ROJA


Informa: Neli Rodríguez // Cruz Roja Baixo Miño

Cruz Roja Española desde su Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño, convoca dentro de sus acciones formativas un monográfico de Animación y estimulación gerontológica dirigido a mayores de 16 años, que desean realizar actividad voluntaria en el ámbito de la animación en el Programa de Personas Mayores de Cruz Roja en Baixo Miño.
La acción formativa se desarrollará los días 19, 19, 21 y 22 de noviembre en horario de 09.00 a 14.00.
Los objetivos son dar a conocer de manera sencilla habilidades y herramientas básicas que lleven a desarrollar actividades efectivas y prácticas con  personas mayores.
En su estructura incluye los siguientes módulos:

Módulo 1. OCIO Y TIEMPO LIBRE CON LA PERSONAS MAYORES.
Módulo 2. TÉCNICAS PARA LA COORDINACIÓN DE GRUPOS.
Módulo 3. PSICOMOTRICIDAD Y JUEGOS DE MOVIMIENTO
Módulo 4. PSICOESTIMULACIÓN. ACTIVIDADES PARA ESTIMULAR LA MENTE.

Los nuevos voluntarios que se formen en este curso podrán participar en las diversas actividades que desarrolla Cruz Roja Baixo Miño con mayores, estas son: taller de estimulación de la memoria, taller de gimnasia de mantenimiento, taller de alfabetización, taller del uso del teléfono móvil, talleres de redes sociales…
Todas las personas que estén interesadas y/o deseen  recibir más información, sobre esta formación o sobre las actividades que Cruz Roja desarrolla con mayores pueden dirigirse a:

Cruz Roja Asamblea Comarcal Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo.
Teléfono: 986614609/ 606348471 / e-mail: laguardia@cruzroja.es

18 oct. 2013

A CANTANTE ROSALEIRA MILUCHI PÉREZ DEBUTOU EN RECANTOS (LUAR-TVG)



A cantante rosaleira Miluchi Pérez, ante un novo e interesantísimo desafío na súa carreira artística, xa que o venres 18 de outubro, debutou no concurso Recantos, do programa Luar (TVG), representando á zona de Lemosterra.

Miluchi é irmá de José Pérez, tamén recanteiro (O Miño) na súa última edición e fundadora do Grupo Ilusión.

Podedes ver a súa primeira actuación neste enlace: 
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/homenaxe-ao-traxe-galego-actuacions-de-ramoncin-los-secretos-e-moncho-borrajo

¡¡O noso apoio para Miluchi, e lembrade que hai que estar atentos cada vez que actúa ao teléfono que aparecerá en pantalla para poder darlle os nosos votos!!

¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte Miluchi!!

17 oct. 2013

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA UN SERÁN NO CALVARIO E UN CONCERTO DE CORAIS NO AUDITORIO




Informa: Agrupación Musical do Rosal

Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos aos actos que temos organizados para esta fin de semana.

SERÁN: O sábado día 19a partires das 22,00 h. na Praza do Calvario do Rosal, moita música tradicional e chourizos e viño de valde: Para rematar a noite tamén chocolate (teremos carpa por se o tempo non acompaña).



CONCERTO DE CORAIS: Con motivo do 9º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal, terá lugar este domingo 20 de outubro ás 19,00 h. no auditorio do Rosal, un concerto no cual participarán a Coral Polifónica Queixumes do Hío (Cangas), a Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.



11 oct. 2013

OS MELLORES XOGADORES DE FUTBOLÍN DO BAIXO MIÑO SERÁN PREMIADOS ESTE SÁBADO 12 NA FESTA DO CABAQUEIRO



O pasado sábado 5 de outubro celebrouse no Salón de Exposicións do Rosal (Praza do Calvario), a 5ª edición do Campionato de Futbolín na honra dos Cabaqueiros, sen dúbida unha das máis competidas e de máis nivel dos últimos tempos.

Diego e Yeya, Campións do V Cabaqueiros 2013

20 dos mellores xogadores da Comarca deste xogo tradicional (modalidade “parado”) disputaron a coñecida como “Champions de Futbolín do Baixo Miño”, resultando gañador despois dun gran torneo, o equipo YEDIE, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Diego Álvarez Fernández.

Destacar que este é o terceiro título de “Cabaqueiros” para Yeya (2009, 2012, 2013) e o segundo para Diego (2010, 2013).

Subcampións e campións desta edición do Cabaqueiros

Os subcampións foron OS BATÍNS, equipo formado por Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis” (gañador en 2011).

Pola súa banda, o terceiro posto foi para OS DA JALLEIRA, Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez “Dani” (Campións de España de Movemento F-2 en 2010), tras gañar a final de consolación ao equipo REPESCAOS, integrado por Diego Martínez Alonso (vencedor do Cabaqueiros en 2010) e Gustavo Jurado Fernández.


Mañá, sábado 12 de outubro ás 16:30 horas, na Praza do Calvario, terá lugar a entrega de trofeos deste V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2013 e coñecerase o gañador do “Catiña de Ouro”, premio que se instaura este ano e que distinguirá ao mellor xogador do Campionato, elixido polos propios participantes (tamén haberá “Catiña de Prata” para o segundo e “Catiña de Bronce” para o terceiro mellor xogador).


A Organización do evento quere agradecer publicamente a inestimable colaboración dende 2009 do Concello do Rosal, así como das diferentes institucións, empresas e mesmo particulares que axudan a que se poida levar a cabo ano tras ano este xa clásico torneo de futbolín para a xuventude baixomiñota.


A partir do 12 de outubro comeza a tempada de futbolín 2013/14, onde Yeya e Diego disfrutarán durante todo o ano do seu título (como campións, teñen invitación para todos os torneos que se organicen), ata a vindeira XXVII Festa do Cabaqueiro.

CLASIFICACIÓN FINAL
V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN
OS CABAQUEIROS. O ROSAL 2013

1º: YEDIE (Diego Álvarez Fernández e Sergio Casal Fernández “Yeya”)
2º: OS BATÍNS (Ángel Martínez Diego e Braulio Álvarez González “Galis”)
3º: OS DA JALLEIRA (Carlos Álvarez Antúnez “Sevi” e Daniel Rodríguez Martínez)
4º: REPESCAOS (Gustavo Jurado Fernández e Diego Martínez Alonso)
5º: JUANFRONYLLO TEAM (Sergio Diego Fernández  “Frony” e Juan R. Martínez)
6º: AL CUADRADO (Jorge Silva Álvarez “Yors” e Sergio Fernández González “29”)
7º: OS AMIGOS (Antonio Lomba Rodríguez “Xián” e José Martínez Fernández)
8º: MOTHER TALKING (Jorge Díaz Rocha “Tuka” e Andrés Martínez Rocha “Pipu”)
9º: GAAAS 4 (Luis Martínez Pereira e Sergio Rodríguez Rodríguez “Trinta”)
10º: LICOR-K (Ruth Mª Martínez e Gerardo González Gómez “Gera”)

6 oct. 2013

CARMEN DÍAZ DEL RÍO NÚÑEZ-TORRÓN, GAÑADORA DO 7º CERTAME "VIAXANDO"



Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural // Concello do Rosal

O día 3 de outubro, ás 9.45 no Concello do Rosal, reuniuse o tribunal cualificador para seleccionar a fotografía gañadora do 7º Certame de Fotografía “Viaxando” que organizan cada ano as diferentes OMIX do Baixo Miño: O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.

O xurado formado polos fotógrafos Florencio Rubio Silva, Naomi Brey e o responsable das páxinas de información Noticias O Rosal, Juan Ramón Martínez Barbosa, seleccionaron como gañadora, de entre máis de 40 fotografías, a foto titulada Mausoleo, Ho Chi Minh, Hanoi, da moza Carmen Díaz del Río Núñez-Torrón que presentou a súa fotografía na OMIX de Gondomar.


As fotografías poderán ser visitadas a partir do día 18 de outubro no Concello do Rosal, data na que se entregará o premio á gañadora, consistente nunha tablet, e no que se inaugurará a exposición que, como tódolos anos, realizará un percorrido itinerante polos concellos participantes no certame do seguinte xeito: outubro no Rosal, novembro na Casa de Xuventude de Tui, decembro en Tomiño, xaneiro na Guarda, febreiro Baiona, marzo ou abril en Porriño, maio en Salceda de Caselas, finalizando en Gondomar no mes de xuño.