TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 oct. 2013

CARMEN DÍAZ DEL RÍO NÚÑEZ-TORRÓN, GAÑADORA DO 7º CERTAME "VIAXANDO"



Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural // Concello do Rosal

O día 3 de outubro, ás 9.45 no Concello do Rosal, reuniuse o tribunal cualificador para seleccionar a fotografía gañadora do 7º Certame de Fotografía “Viaxando” que organizan cada ano as diferentes OMIX do Baixo Miño: O Rosal, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.

O xurado formado polos fotógrafos Florencio Rubio Silva, Naomi Brey e o responsable das páxinas de información Noticias O Rosal, Juan Ramón Martínez Barbosa, seleccionaron como gañadora, de entre máis de 40 fotografías, a foto titulada Mausoleo, Ho Chi Minh, Hanoi, da moza Carmen Díaz del Río Núñez-Torrón que presentou a súa fotografía na OMIX de Gondomar.


As fotografías poderán ser visitadas a partir do día 18 de outubro no Concello do Rosal, data na que se entregará o premio á gañadora, consistente nunha tablet, e no que se inaugurará a exposición que, como tódolos anos, realizará un percorrido itinerante polos concellos participantes no certame do seguinte xeito: outubro no Rosal, novembro na Casa de Xuventude de Tui, decembro en Tomiño, xaneiro na Guarda, febreiro Baiona, marzo ou abril en Porriño, maio en Salceda de Caselas, finalizando en Gondomar no mes de xuño.

0 comentarios:

Publicar un comentario