TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 nov 2011

A Asociación Érguete Baixo Miño, comprometida coa prevención na transmisión do VIH/Sida




Érguete Baixo Miño
  
A Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO está implicada no compromiso da prevención na transmisión do VIH/Sida. No Día Mundial do VIH/Sida, que se celebra o xoves 1 de decembro, participamos na proposta de ONUSIDA en relación á Campaña “Lights for rights” a través da cal fai unha chamada de atención á poboación sobre o VIH e os dereitos das persoas afectadas.

Lograr unha maior accesibilidade da mocidade a mensaxes e materiais de prevención forma parte dos obxectivos para conmemorar este día.

A proba do VIH pode realizarse nos centros sanitarios da rede pública de maneira gratuíta e confidencial:
- Centros de atención primaria: médico/a de cabeceira.
- Centros de planificación familiar.

Tamén se poden facer en:
- Laboratorios de análises clínicos.
 
Visita o enlace da Cruz Vermella para máis información detallada: http://www.cruzroja.es/vih/ ou no teléfono gratuíto 900 111 000.

Lembra que na Asociación, contamos cun Servizo de Información e de Asesoramento sobre VIH/Sida así como de Facilitación de Preservativos e de Xiringas totalmente gratuítos e confidenciais, abertos durante de todo ano. Tamén realizamos Talleres preventivos con mozas e mozos sobre Afectividade e Sexualidade, incidindo sobre un uso axeitado do preservativo.

0 comentarios:

Publicar un comentario