Informa: Asociación San Xerome Emiliani.
Velaquí vos deixamos íntegra a nota de prensa enviada á nosa redacción: "A XUNTA DE GALICIA DEBE MÁIS DE 250 MIL EUROS A SAN XEROME EMILIANI" (Asociación que atende a persoas con discapacidade intelectual do Baixo Miño).
Desta cantidade, a partida máis cuantiosa (130 mil euros) corresponde á Consellería de Traballo relativos a axudas ao Centro Especial de Emprego, que conta cun persoal de 22 traballadores dos que máis do 80% son persoas con discapacidade. Os outros 120 mil euros corresponden ao contrato de servizos de Centro Ocupacional e Centro de Día coa Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
A Xunta Directiva vese na obriga, despois de esgotar todos os recursos de que dispón, a non pagar as nóminas dos traballadores así como os provedores, polo que esta situación pon en perigo a continuidade dos servizos que presta esta Asociación ás persoas con discapacidade intelectual do Baixo Miño e ás súas familias.
A Xunta Directiva esixe aos responsables políticos unha actuación inmediata que leve ao abono das cantidades acumuladas e un compromiso firme para que no futuro se regularicen os pagos e non se xeren estas bolsas de débeda.
0 comentarios:
Publicar un comentario