TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

7 nov 2011

Conchi, Vanesa, Mary, Ruth, Noelia e Maite, ao Campionato de España de Futbolín tras gañar o "Feminino"



O domingo 6 de novembro, no Centro Social Polivalente da vila, tivo lugar o acto de entrega de premios do II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011, que organizou esta web conxuntamente coa Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín e a colaboración do Concello do Rosal.

Un total de 20 rapazas disputaron este torneo os días 29 e 30 de outubro no Bar Floro, Bar D’Bute e Bar Troya. As tres primeiras parellas clasificadas (Hai Chapa, As Divinas e Bar Floro) xogarán directamente o Campionato de España de Futbolín que se celebrará os días 8, 9 e 10 de decembro en Padrón (A Coruña).

Lembrar que as gañadoras, Mary Domínguez e Ruth Martínez, revalidan o seu título –invictas- pois venceran tamén na primeira edición, a de 2010. Igualmente Mary foi elixida entre as propias participantes como a mellor xogadora do torneo e Ruth como a mellor porteira.

Todas as participantes foron obsequiadas cun novidoso diploma conmemorativo, libros, trofeos e diferentes agasallos. Entre eles, dúas tartas para as campionas, xentileza de Confitería Rogelio (O Rosal), ceas para dúas persoas cortesía do Restaurante Juan, Restaurante Paradela e Bar A Competencia (O Rosal), así como do Woody Pool (Tomiño), ademais dunha noite na casa rural Casa Cabaqueiros (O Rosal).

A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente o exemplar comportamento e deportividade das xogadoras inscritas no torneo, así como a colaboración de todas as persoas e entidades que o fixeron posible.

Esta foi a clasificación final do II Campionato Feminino de Futbolín 2011:

1ª: HAI CHAPA (Mary Domínguez Rodríguez e Ruth Mª Martínez Barbosa)

2ª: AS DIVINAS (Conchi Barbosa González e Vanesa Sánchez Fernández)

3ª: BAR FLORO (Maite Martínez González e Noelia Álvarez Baquero)

4ª: CAMPOSINAS (Bea Rodríguez Martínez e María Martínez Pereira)

5ª: TAPERÍA A POUSADA (Sofía Gómez Sobrino e Ana Pérez Otero)

6ª: EVASIÓN (Eva Fernández Vicente e Tania Rodríguez Rodríguez)

7ª: XA ESTAMOS AQUÍ (Clara Lomba Rodríguez e Jenifer López Álvarez)

8ª: FUSIÓN (Rebeca Rodríguez Rodríguez e Luisa Fernández Álvarez)

9ª: MARVAN (Marisa Pérez Rodríguez e Vanesa Rodríguez Vicente)

10ª: AS VITAMINAS (María Senra Álvarez e Nuria González Adrover)





0 comentarios:

Publicar un comentario