TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

21 nov 2011

Encontro galego-portugués no Centro San Xerome Emiliani



Informa: Xosé Carlos G. Blanco / San Xerome

 A pasada fin de semana, do 18 ao 20 de novembro reuniuse no Centro San Xerome Emiliani o equipo de Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción.


O grupo da Cercipovoa de Vilafranca de Xira (Portugal) viaxou nesta ocasión a A Guarda para facer o derradeiro encontro Galego - Portugués do proxecto. O grupo está constituído por oito mozos de Vilafranca de Xira e oito do Centro San Xerome Emiliani e da Asociación Avelaíña.

 
O traballo que desenrolado é unha posta en común dos resultados das reunións previas de cada grupo nas institucións locais, autonómica (só no caso galego) e nacionais. O segundo punto na orde do día foi valorar cales foron os cambios persoais e o crecemento como cidadáns neste camiño que fixemos polas nosas institucións. Por último e como unha das cuestións máis importantes, valoráronse os proxectos que queremos desenrolar no futuro, xa sexa dentro da Acción de Democracia Participativa ou noutras áreas do programa Xuventude en Acción da Unión Europea.
 
A anterior ocasión na que o grupo se xuntou foi a viaxe a Bruselas, onde tivemos reunións cos responsables técnicos da área da discapacidade da Comisión Europea e coñecemos máis de preto o Parlamento Europeo, onde tivemos a ocasión de entrevistarnos con algúns europarlamentarios galegos e portugueses.

Dende o Centro San Xerome Emiliani, promotor desta iniciativa, estamos moi satisfeitos con este proxecto e con todo o conquerido nesta viaxe pola democracia.

A fotografía corresponde á recente visita á Comisión Europea en Bruxelas do grupo galego-portugués dentro do primeiro dos programas (Juventud en Acción – Democracia participativa).

0 comentarios:

Publicar un comentario