FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago. 2009

I Campionato de Futbolín "Os Cabaqueiros" no Rosal


Con motivo da XXII Festa do Cabaqueiro e co fin de promocionar aínda máis se cabe esta celebración anual, tanto a nivel cultural, turístico ou mesmo de cara a facer partícipe tamén á xuventude, organizarase na Praza do Calvario os días 10 e 11 de outubro este I Campionato de Futbolín. O prezo da inscrición será de 10 € por persoa (20 € a parella) e poderán participar homes e mulleres maiores de 18 anos. Máximo de 32 parellas (aínda quedan prazas. ¡APUNTÁDEVOS XA!) A modalidade: bola parada.


PREMIOS:
1º PREMIO: 150 € + Trofeos
2º PREMIO: 75 € + Trofeos
3º PREMIO: 50 € + Trofeos

Entregaranse premios e diplomas conmemorativos deste I Campionato de Futbolín “Os Cabaqueiros” a todas as parellas participantes. O prazo de inscrición (no que se dará preferencia á xente do Rosal e do Baixo Miño) comezou o 1 de setembro. Para anotarse débese pasar polo Concello de 10 a 14 horas (levando o D.N.I.) e recoller a folla de inscrición xunto coas bases da competición ou enviar un correo a turismo@concellodorosal.es solicitando a dita folla. Para máis información preguntar por Juan Ramón, do departamento de Cultura e Turismo ou no teléfono do Concello: 986 62 50 00.

30 ago. 2009

XX Festival de Músicos Xoves na vila do Rosal


O sábado 29 e o domingo 30 de agosto celebrouse na Praza do Calvario do Rosal o XX Festival de Músicos Xoves. Nesta edición, que volveu a ser un éxito de público, participaron a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal (dirixida por Celso Diego Martínez), a Agrupación Musical Atlántida de Matamá (dirixida por Enrique Lorenzo Vila), a Banda de Música Municipal da Golada (cuxo director é Nilo Jesús García Armas) e a Banda de Música do Rosal, que dirixe Diego Javier Lorente López.
Isto con respecto ao sábado xa que na xornada dominical actuaron a Coral Xan Mella de Baio, dirixida por Tatiana Pankrátova; a Coral Polifónica Ventos do Val (Petelos-Mos) que dirixe Ángeles Davila Méndez e a Coral da Agrupación Musical do Rosal cuxa directora é Toñi Santos Vaquero.

Velaquí vos deixamos esta reportaxe fotográfica da autoría do noso activo colaborador Jesús González Álvarez (Suso):

29 ago. 2009

Serafín, a tan só 30 segundos de Fabian Cancellara

Despois da disputa da primeira etapa da Vuelta a España 2009 que se celebrou no circuito de Assen (autódromo que alberga normalmente o Gran Premio de Holanda de Motociclismo) Sera-fín Martínez Acevedo está a tan só 30 segundos do gañador da CRI o suizo Fabian Cancellara, campión do Mundo e tamén Olímpico de contrarreloxo. O corredor rosaleiro, pese a facer a súa saída na peor hora posible, con tormenta, choiva e infernal vento, está no posto 65º da clasificación xeral por riba de homes da talla de Óscar Freire (88º) ou aínda do seu propio xefe de filas o tamén galego Ezequiel Mosquera (94º). Precisamente, no seu blog, fai fincapé en que se as condicións meteorolóxicas fosen máis benévolas quizais outro galo cantaría e podería ter quedado entre os 15 primeiros da xeral. Comprobádeo en:

Xente do Rosal na Festa da Istoria en Ribadavia

Multitude de rosaleiros e baixomiñotos déronse cita na Festa da Istoria 2009, declarada de Interese Turístico Nacional e que se celebra este ano dende o xoves ata o sábado 29 de agosto na vila de Ribadavia (Ourense). A actual versión da Festa da Istoria é unha traslación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro. Dentro dos obxetivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.

A Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, e un longo etcétera. A organización da Festa é responsabilidade dun amplo colectivo veciñal, que se renova cada ano, denominado Coordinadora da Festa da Istoria. Está composta por veciños que, uns a título individual e outros como representantes de diferentes organizacións culturais do municipio, queren contribuír, asumindo responsabilidades a desenrolar ás distintas actividades que se realizan o día da Festa. O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente. Así téñense en conta as características e os nomes das edificacións e lugares onde se fai calquera actividade, para respetalas coma no medievo, non permitindo a circulación de produtos non existentes naquela época, coma os envases de plástico, etc.

Tamén dase unha especial importancia á vestimenta. A Coordinadora da Festa, conta con tres almacéns propios onde se ubican as diferentes posesións das que dispón. Así o almacén de madeira contén todo o correspondente aos postos de artesáns, torneo medieval, vallas, etc. O de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer e vestimenta de convidados e membros que participan no evento. E o almacén de estandartes e barro posúe máis de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o teatro... (Fonte: Ribadavia.net). Velaquí vos deixamos a reportaxe fotográfica da nosa xornalista Ruth Martínez:

Serafín, na Vuelta máis internacional da Historia

A "Vuelta" máis internacional da Historia. Así será lembrada sempre a Vuelta a España 2009. E o certo é que esa nova dimensión internacional quedará ben clara dende a primeira etapa: unha contrarreloxo individual na localidade holandesa de Assen. Ou máis concretamente un esforzo individual de 4'8 kilómetros no Circuito de Velocidade de Assen. A Catedral, o alcume polo que é coñecido e admirado este circuito entre os afeccionados ao motociclismo, acollerá o primeiro acto dunha etapa que se celebra hoxe sábado 29 de agosto. A primeira grande oportunidade para os contrarreloxistas e o primeiro exame para os aspirantes á vitoria final. Antecedentes: a "Vuelta" nunca visitara Holanda, polo que todo o primeiro ciclo de etapas é inédito. Iso si, en 1997 a ronda española arrancou dende a capital de Portugal, Lisboa, o antecedente máis claro da aventura internacional deste ano. A vitoria naquela primeira etapa portuguesa foi para Lars Michaelsen. (Fonte: web da Vuelta). Serafín, aínda que ten como obxectivo levar ao seu líder Ezequiel Mosquera ao máis alto do podio final, intentará nesta edición facer de novo un bo papel... e a bo seguro que non se vai agochar. ¡Moita sorte! Velaquí vos deixamos o enlace ao seu blog persoal:

28 ago. 2009

Un rosaleiro, novo xerente da Discoteca Guess


Casting na Guarda para unha curtametraxe

Os vindeiros días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro vai ter lugar no Miño a filmación dunha curtametraxe que se titula “Berberecho II”. O filme está dirixido polo galego José Manuel Bazarra “Sepi” e contará unha historia que se desenvolve en boa parte durante a travesía do transbordador entre A Guarda e Caminha: o Santa Rita de Cassia. Para a rodaxe precísase de figuración que complemente a narración do filme polo que o equipo técnico da curtametraxe vai realizar un casting o vindeiro luns (31 de setembro) nunha dependencia da Casa Cultural da Guarda a primeira hora da tarde (17:00 h). O casting volverase a repetir o martes na Casa da Juventude-Biblioteca de Caminha ás 16 horas. Para o casting terase en conta toda a xente que poda estar dispoñible aínda que para a rodaxe hai unha serie de figurantes que terán maior prioridade. Estes son os que se adapten ás seguintes descricións: Figuración xeral 20 figurantes entre 15 e 60 anos (3, 5 deles que sepan conducir). Figuración especial 1 mozo (18 anos) con mochila 5 veraneantes (con aspectos de ingleses ou alemáns) (15 a 60 anos) 2 mozos com camisolas manchadas de viño 1 vendedor de billetes de ferry (40 anos) 1 revisor- home con gorra de mariñeiro (60 anos) 1 parella de mozos tunning (18 e 22 anos). 1 parella de mozos dándose bicos (30 anos) 1 home gordo (40 anos) Familia: 1 home (40 anos), muller guapa (40 anos), nena guapa (6 anos). 2 rapaces mormóns-evanxelistas (18 a 22 anos) Se tes paciencia e queres participar ¡non o dubides! Ven a coñecer o primeiro filme que se vai filmar no medio do río Miño! ¡Ven a coñecer como se fai un filme! Coñece a actividade cultural máis transfronteiriza posible porque acontece xusto ¡no medio do río! Para máis información: Xurxo González E-mail: ghrelo@yahoo.es Tlf: (+0034) 606 075 192

27 ago. 2009

Estivemos con Sigfrido Muela Quesada, deseñador

Grazas ás diferentes xestións do xove escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez conseguimos realizarlle esta pequena entrevista ao debuxante, fotógrafo e deseñador Sigfrido Muela Quesada. Segundo nos comentaba Julio fai tempo veraneaba no Rosal un persoeiro de recoñecida fama nacional no mundo da ilustración e o deseño gráfico. Recentemente puxémonos pois en contacto con Sigfrido e descubrimos que se achega sempre ata a nosa vila no período estival dende fai uns oito anos. Sigfrido Muela Quesada naceu en Madrid o 2 de xullo de 1965 baixo o amparo dunha familia de importantes e renomeados artistas. Leva preto de 22 anos traballando no mundo da imaxe, sendo con outras dúas persoas o pioneiro do retoque dixital en España. Traballos e campañas para Ágatha Ruiz de la Prada, El Corte Inglés ou mesmo participacións no deseño do coñecido spot televisivo de “Loterías del Estado” onde aparecía o “Calvo” de… “que la suerte te acompañe” fan de Sigfrido un referente imprescindible na técnica visual. Segundo nos afirma “la fotografía no es más que un truco”. A verdade é que admirando a súa obra quedámonos engaiolados, xa que xoga coa realidade; non en vano confésanos que “mi trabajo consiste en que no se note lo que hago”. Sigfrido, considerado “El mago de la piel” é un especialista no retoque dixital da derme de infinidade de estrelas da moda, do cine ou a televisión, traballando para revistas de tirada nacional e aínda internacional como FHM, DT, NOX, Woman, OK, Psychologies, etc, pasando polas súas mans –e como exemplo- Mónica Bellucci, Elsa Pataky, George Clooney, Pau Gasol, Kobe Bryant, Pilar Rubio… Velaquí vos deixamos o enlace a algunhas das súas imaxes:

26 ago. 2009

Máis de 75 nenos/as, nas actividades do Concello

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal organiza varias actividades neste período estival para os nenos de Educación Infantil e Primaria en colaboración coa concellaría de Cultura. Segundo Silvia Baquero Pereira, responsable desta iniciativa, estas actividades (xogos, manualidades, animación á lectura) véñense desenrolando dende 2001, durante os meses de xullo e agosto, advertíndose ano tras ano un aumento progresivo de participantes, sendo na actualidade 78 nenos e nenas. Dúas monitoras oficiais e catro en prácticas encárganse da súa atención.


Este proxecto está enmarcado dentro do Programa Integral de Animación Sociocultural do Concello do Rosal no que tamén se levan a cabo de xeito anual múltiples actividades para nenos e adultos como ximnasia funcional, de mantemento, ioga, baile de salón, pintura, cociña, informática, automaquillaxe, etc. En palabras da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, un dos obxectivos do seu departamento “é o fomento e animación á lectura e ademais que esta se realice na propia Biblioteca Municipal. Unha vez que comece o curso escolar e a partir de outubro, o último mércores de cada mes teremos sesión de contacontos”. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica dunha destas xornadas cos máis pequenos:

24 ago. 2009

Axudas para a matrícula nun Máster oficial

Axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun Master oficial cursado nunha universidade pública, dirixidas a titulados universitarios que se atopen en situación legal de desemprego e que teñan recoñecido o dereito a percibir a corresponden-
te prestación económi-
ca. A finalidade das axudas é mellorar as cualificacións académi-
cas pola vía de completar e actualizar os niveis formativos dos destinatarios e favorecer a incorporación ao mercado laboral dos titulados universitarios que temporalmente perderon a condición de empregados.
1. O importe da axuda de matrícula do Máster. Serán requisitos necesarios para a obtención da axuda: a) Ter nacionalidade española. b) nacer entre o 1 de xaneiro de 1969 e o 31 de decembro de 1983. c) Estar en posesión dun título oficial universitario. d) Atoparse en situación legal de desemprego. e) Ter recoñecido o dereito a percibir prestación ou subsidio de desemprego na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non expirar nesa data o período durante o cal ten dereito á súa percepción. f) Estar matriculado no curso 2009-2010 nun curso completo de máster oficial, de acordo co correspondente plan de estudos, impartido por unha universidade pública. Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 30 de outubro de 2009 inclusive.
Máis información no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal ou no teléfono 986 60 94 50.

23 ago. 2009

Vídeo dos Xogos do Rosal colgado en YouTube

19 ago. 2009

Actividades organizadas polo Concello do Rosal

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal, informa que está aberto o prazo de inscrición nas actividades que detallamos a continuación. Ditas actividades comenzarán en outubro e a admisión nas mesmas realizarase por estrita orde de inscrición. XIMNASIA MANTEMENTO XIMNASIA FUNCIONAL IOGA DANZA DO VENTRE PINTURA NENOS E ADULTOS OBRADOIRO DE MEMORIA INICIACIÓN Á DANZA (5/8 anos) DANZA CONTEMPORÁNEA (9/16 anos) DANZA E PILATES (adultos) DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES BAILE DE SALÓN PARA PRINCIPIANTES MANUALIDADES INGLÉS E/OU FRANCÉS AUTOPEITEADO ARTE FLORAL COCIÑA REPOSTERÍA INFORMÁTICA PRINCIPIANTES (DESEMPREGADOS-TERCEIRA IDADE) As persoas interesadas en participar en calquera destas actividades deben inscribirse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal ou no 986 609450.

16 ago. 2009

XX edición do Festival de Músicos Xoves

O sábado 29 de agosto dará comezo o XX Festival de Músicos Xoves. A partir das 21:00 horas e na Praza do Calvario actuarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, Agrupación Musical do Rosal, Agrupación Musical Atlántida de Matamá e a Banda de Música Municipal da Golada. Ao día seguinte, domingo 30, no mesmo lugar e á mesma hora, as actuacións da Coral da Agrupación Musical do Rosal, Coral Xan Mella de Baio e a Coral Polifónica Ventos do Val Petelos (Mos).

Aniversario da Fundación do Convento do Rosal

O 15 de agosto deste ano cumpríronse 75 anos da fundación do Convento das HH. Carmelitas da Bouzada (O Rosal) pola Nai Mª Teresa de Jesús Sacramentado (Mª Concepción Alonso Linares). Con motivo desta efemérides estanse preparando diversos actos conmemorativos así como a edición dunha publicación sobre a historia do mosteiro.

11 ago. 2009

Serafín Martínez triunfa na Vuelta a Burgos

O ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, do equipo Xacobeo Galicia, vénse de proclamar campión da "Montaña" na XXXI Vuelta a Burgos. Lembramos que o gañador absoluto da Vuelta foi o murciano Alejandro Valverde (Caisse D"Epargne). Serafín, que rematou no puesto 42º da clasificación xeral, estivo moi activo durante a carreira e novamente volveu a protagonizar varias escapadas, conseguindo na última etapa facerse co maillot da montaña por diante de Diego Gallego Arnaiz e Alberto Fernández.

Necesítase persoal pola zona para vendima

Segundo nos comunica Silvia Baquero Pereira, do Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Rosal, a empresa de traballo temporal Solgest (http://www.solgest.es/index.html) necesita per-
soal para a vendima en diferentes adegas de Tomiño, Tui e O Rosal. Requírese experiencia en vendima. Os interesados podedes chamar ao teléfono 986 90 26 96. Se vos citará en Goián onde se vos explicará o que ides a cobrar, as adegas, etc. (Foto: Fernando Blanco)

Domingo das Festas do Monte na vila da Guarda


Miles de persoas déronse cita este domingo 9 de agosto no monte de Santa Trega na Guarda para disfrutar dun día de lecer e de xuntanza coa familia e os amigos. Varios colaboradores/as de Noticias O Rosal participaron desta romaría-troulada que lembramos se creou en 1913 e por iniciativa de Constantino Candeira, oriundo de Celeiros (Ponteareas) e afincado na Vila da Guarda.


O motivo da creación desta festa foi conmemorar o I aniversario da fundación da "Sociedad Pro-Monte Santa Tecla". En palabras do historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez: "Pero además de la carretera y acondicionamiento de la cima, la repoblación y la explotación de los yacimientos arqueológicos, en el año 1913 la Pro-Monte celebró la primera fiesta conmemorativa de su fundación, que al convertirla en romería popular adquirió personalidad propia y se convirtió en una de las tradiciones más famosas de la villa de A Guarda: su fiesta del monte".

En principio asistían só os familiares dos membros de dita sociedade, pero por suposto, diante da súa boa acollida, comezaron a subir ao Monte os veciños da Guarda, O Rosal e arredores. Hoxe en día aquela romaría transformouse tamén en "troulada", onde o viño e os "alegretes" teñen o seu protagonismo, pero -como xa dixemos noutra ocasión- isto non quere dicir que sexa a "Festa de Baco", "Festa do Viño" ou "Festa da Borracheira" como en certos medios de comunicación queren facer ver.

A piques de cumprir o I centenario da súa creación, as Festas do Monte seguen sendo un referente no Baixo Miño e máis agora, que veñen de ser declaradas de interese turístico galego. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste caluroso e agradable día de festa:

8 ago. 2009

Desfile tradicional das Festas do Monte 2009

5 ago. 2009

Curso de Mantemento de Xardíns-Zonas Verdes

A partir do 14 de agosto terá lugar no Centro de Formación Ocupacional da Mata, un curso de "Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes" de 470 horas para persoas desempregadas. Este curso está homolo-
gado pola Xunta de Galicia e conta con certificado de profesiona-
lidade e acceso ao mundo laboral. Máis información no teléfono 981 591 012, preguntando polo departamento de formación ocupacional.

Un ano máis, celebrouse o Encontro dos Pobos

O domingo 26 de xullo celebrouse na Praza do Calvario o XVI Encontro dos Pobos que contou cos grupos Do Lusco ó Fusco (A Guarda), Ronda Típica de Carreço (Viana-Portugal) e o Grupo de Danzas de Carbonero (Segovia). Presentou o acto Manuel Santos e houbo intercambio de agasallos entre os diferentes grupos e o Concello. O alcalde Jesús María Fernández Portela e a concelleira de Turismo, Ángeles Vicente Manzano foron os encargados de entregar estes obsequios en nome do Concello do Rosal. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste evento:

4 ago. 2009

Óscar Braga (Xube), no Campionato de Autocross

O piloto rosaleiro Óscar Braga Martínez participará o sábado 8 de agosto na seguinte proba do Campionato Galego de Autocross na modalidade de car cross. A competición celebrarase no circuito de Areosa na parroquia larachesa de Vilaño (A Coruña) e está organizada polo Motor Clube Vilaño. Segundo declaracións a Noticias O Rosal "intentarei seguir coa miña progresión no circuito, a parte de que disfruto moito nas carreiras non descarto obter bos resultados nas vindeiras probas do calendario galego", afirmou Xube.

O ciclista Serafín Martínez Acevedo, en Burgos

O equipo Xacobeo Galicia do ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo participa do 5 ao 9 de agosto na Vuelta a Burgos. Además de Sera estarán Ezequiel Mosquera, Gustavo Veloso, Eduard Vorganov, Gustavo Domínguez, Marcos García, Alberto Fernández e David García. Ao mando do equipo, como sempre estará o director deportivo pontareán Álvaro Pino. Etapas: 5 agosto: Oña - Briviesca: 143 Kms. 6 agosto: Villasana de Mena - Miranda de Ebro: 153 Kms. 7 agosto: Burgos - Burgos: 175 Kms. 8 agosto: Ribera del Duero - Roa: 15 Kms. 9 agosto: Areniscas de los Pinares - Lagunas de Neila: 155 Kms. Os equipos que participarán nesta Vuelta a Burgos son: Andalucía-Caja Sur, Caisse d’Epargne, Fuji-Servetto, Orbea-Oreka-SDA, Xacobeo Galicia, Topsport Vlaanderern-Mercator, Barloworld, Euskaltel-Euskadi, Burgos Monumental-Castilla y León, Acqua Sapone, Vacansoleil Pro Cycling Team, Team Katusha, Cervélo Test Team e o Garmin-Slipstream. (Información e fotografía: Xacobeo Galicia).

2 ago. 2009

Clausura e trofeos dos Xogos Populares do Rosal



Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica da entrega de medallas e trofeos con motivo dos Xogos Populares O Rosal 2009. Máis adiante completaremos a información con todos os resultados e as clasificacións finais: