FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

30 may. 2010

Estamos traballando no novo deseño... ¡Saúdos!

Estamos traballando e dándolle duro para publicar as reportaxes atrasadas e de actualidade, así como vendo a maneira de incorporar as distintas funcións que temos en mente no novo deseño. Desculpade as molestias, pero non vos preocupedes que nuns días Noticias O Rosal volverá coa súa acostumada actividade. ¡Saúdos!

28 may. 2010

Convenio Deputación-Concello para A Mata



O martes 4 de maio tivo lugar no Rosal a sinatura de convenio da Deputación de Pontevedra e o Concello para a construción dun campo de fútbol de herba sintética en A Mata.


Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra e Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal, asinaron en dependencias municipais o convenio, na presenza, entre outros, do vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa e as concelleiras Charo Tabales Perozo e Mª Carmen Alonso, de Cultura e Servicios Sociais, respectivamente.




Despois deste acto protocolario, as autoridades, na compaña de diversos técnicos e de membros da directiva da U.D. Ribera, visitaron o campo onde se acometerán as obras. O custe desta nova instalación deportiva alcanzará os 500.000 euros, dos cales 144.000 serán aportados pola entidade municipal e o resto, 356.000 euros, pola Deputación.

Este novo campo no Rosal, que vén a sumarse aos preto de 50 xa construídos polo organismo provincial, ten a finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base e pretende mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia na procura dun mellor servizo aos cidadáns, xa que este tipo de superficie deportiva permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custe no mantemento.

Rueda, conselleiro de Presidencia, no Rosal


O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou o xoves 13 de maio o Concello do Rosal e o Xulgado de Paz da localidade, onde aproveitou para destacar a importante labor que desenvolven estes órganos, que contribúen de xeito decisivo a aliviar a conxestión dos xulgados galegos e a achegar a administración de xustiza aos cidadáns.


En declaracións aos medios de comunicación ao termo da visita, Rueda recordou que un total de 270 concellos galegos contan con xulgado de paz, aos que no ano pasado a Xunta achegou case 600.000 euros para subvencionar os seus gastos de funcionamento, repartidos segundo a poboación de cada un dos municipios.

Ademais, a Consellería de Presidencia e os alcaldes de 18 municipios menores de 7.000 habitantes asinaron o ano pasado un convenio de colaboración polo que a Xunta subvenciona con 8.000 euros anuais aos municipios para financiar os gastos de contratación laboral do persoal idóneo da secretaría dos xulgados de paz.


A Lei de Demarcación e Planta establece que para o desempeño da secretaría dos xulgados de paz de menos de 7.000 habitantes, o concello nomeará unha persoa idónea para atender estas secretarías, que dependerá directamente da Administración local.


Sen embargo, no caso do Rosal a Xunta pediu ao Ministerio que dotase ao xulgado de paz dun funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa, dada a proximidade do concello aos 7.000 habitantes. Así, dende xaneiro, o xulgado de paz do Rosal conta cun funcionario interino do corpo de xestión procesual e administrativa, que fai de secretario do órgano.


Alfonso Rueda, na compaña de Juan José Martín Álvarez, Director Xeral de Xustiza, do alcalde Jesús Mª Fernández Portela e distintos concelleiros, tamén coñeceu de primeira man as instalacións do Centro Social Polivalente e do Auditorio Municipal, onde foi saudando un por un a todos os seus traballadores.

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica completa.

26 may. 2010

Escolares do Suárez Marquier visitan o Concello





O xoves 13 de maio alumnos de 1º ciclo de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, acompañados das súas respectivas profesoras, realizaron unha visita guiada polas dependencias municipais a cargo da concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.

Os rapaces puideron tamén efectuarlle preguntas ao alcalde Jesús Mª Fernández Portela, coñecer as distintas oficinas, o Xulgado ou mesmo ter unha “sesión extraordinaria” no Salón de Plenos.

Podedes ver aquí as fotografías desta xornada.

XXIV Aniversario da Agrupación Musical do Rosal


Tamén o sábado, ás 21:00 horas celebrarase un CONCERTO no Auditorio Municipal con motivo do XXIV ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL coas actuacións da súa Banda e Coro.

Exhibición Deportiva no Pavillón Municipal



Este sábado 29 de maio ás 18:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal unha EXHIBICIÓN DEPORTIVA promovida polo ximnasio EXCALIBUR coa colaboración do Concello do Rosal e a ANPA do Manuel Suárez Marquier.

24 may. 2010

O atleta David Gómez pasará polo quirófano


Segundo conta na súa propia web persoal, o decathleta olímpico rosaleiro David Gómez Martínez, terá que pasar finalmente polo quirófano para operarse do seu maltreito tendón. Será o día 4 de xuño na clínica Cemtro de Madrid, a cargo dos prestixiosos doutores Orava e Capapé. Dende Noticias O Rosal desexámoslle moita sorte e sobre todo unha rápida recuperación.

Reportaxe 2ª etapa do Camiño Portugués da Costa


O sábado 15 de maio preto de cincuenta peregrinos realizaron a segunda etapa do Camiño Portugués da Costa organizada polo Concello do Rosal. Esta vez a saída foi dende Baiona e a meta final, Chapela (Redondela).




Nesta ocasión e dada a dificultade de orientación nalgúns tramos contouse coa colaboración da viguesa Asociación de Veciños O Freixo para guiar aos camiñantes e realizar -a bo seguro- a etapa máis dura desta peregrinación a Santiago de Compostela.



Precisamente na súa sede tivo lugar a comida, onde os participantes aparte dos seus bocadillos, foron recompensados pola Asociación cun bo e reparador prato de lentellas.




En definitiva, despois de moitos, moitos quilómetros e pasar polo concello baionés, por Nigrán e Vigo chegouse a Chapela, onde xa os valentes e sufridos peregrinos puideron descansar, agardando o autobús que os traería de volta a O Rosal.



Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica desta segunda etapa.

20 may. 2010

Dous equipos rosaleiros no Rali de Cerveira


Reportaxe (texto e fotos) realizada por Roberto Valladares.  

A pasada fin de semana, 15 e 16 de maio, disputouse en Vila Nova de Cerveira a quinta proba do campionato puntuable para o Open de Ralis de Portugal coa presenza de dous equipos rosaleiros.



Alí estiveron Javier Riveiro e Abel Martínez cun Peugeot 205 GTI, que despois de marcar unha crono interesante na Súper Especial do sábado víronse obrigados ao abandono no primeiro tramo do domingo.



Tamén participaron o equipo formado por José Manuel Rodríguez e Óscar Rodríguez que realizaron unha carreira brillante chegando á meta nunha meritoria trixésimo cuarta posición por diante de vehículos moi superiores ao seu Opel Corsa GSI.


A proba foi gañada por Manuel Coutinho a bordo dun Mitsubishi Evo VI, sendo o mellor español José Carlos Figueiras aos mandos dun Renault Clio Sport.

18 may. 2010

Primeira etapa polo Camiño Portugués da Costa


O sábado 8 de maio comezou a peregrinación por etapas do Camiño Portugués da Costa que organiza o Concello do Rosal. Xa moi cedo, antes da saída oficial os participantes da andaina recibiron a bendición do abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez na igrexa de Santa Mariña.

Nada máis finalizar este acto relixioso os peregrinos subiron a un autobús que os levaría ata o comezo do tramo do Rosal, en Portecelo e Sanxián.

Nun ambiente de cordialidade, bo humor e compañerismo realízanse os primeiros quilómetros pola costa rosaleira ata chegar a Santa María de Oia, onde se sellou a credencial do peregrino.

Cunha mañá perfecta para camiñar, con boa temperatura e ceos despexados proseguiuse polo municipio oiense, con parada para comer no Camping de Mougás. Aquí descansouse un pouquiño e novamente se iniciou o camiño ata Baiona, subindo polos montes de Baredo.

Cunhas panorámicas verdadeiramente impresionantes ao longo de todo este tramo -e aínda que ao final con algunhas gotiñas de choiva e moitos quilómetros nas pernas- os camiñantes foron chegando "sans e salvos" ao seu primeiro destino baionés.

Como curiosidade e como nota dese bo humor reinante, dicir que durante esta primeira etapa o grupo de cabeza -a "teté de la course"- ou tamén chamado cariñosamente polos propios participantes o de "Pedrosa e compañía" impuxeron un forte ritmo que foi ben seguido de preto polos demais integrantes desta actividade. Porque como ben dicía o "pelotón peregrino", non hai présa, o importante é chegar, xa que cada un ten o seu paso e ata Santiago aínda quedan cinco longas etapas para disfrutar.

Podedes ver todas as fotografías desta primeira etapa facendo clic aquí.