TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 may 2010

O Rosal. V Gran Premio Deputación de Pontevedra


O pasado sábado 24 de abril e organizado polo Club Ciclista O Rosal tivo lugar o V Gran Premio de Ciclismo Deputación de Pontevedra na súa categoría junior con saída e chegada na Praza do Calvario.

Despois de 84 km percorridos -con metas voantes situadas en Tomiño, A Guarda e O Calvario e co Gran Premio da Montaña no Alto do Morán (San Miguel de Tabagón) e no Alto da Portela (entre Marzán e Portecelo)- o gañador final resultou ser David Rañó, do Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo, seguido de Iván Roade, do Club Ciclista Vigués e en terceira posición Iago Carro (Cymasa).

Así mesmo Jacobo Ucha, do Club Ciclista Spol Caixanova levouse o triunfo na clasificación da Montaña e novamente David Rañó adxudicouse o das Metas Voantes.

Diferentes representantes do Concello do Rosal e o ciclista profesional da vila Serafín Martínez Acevedo procederon á entrega dos diferentes trofeos, tanto aos gañadores deste V Gran Premio como aos rapaces que participaron nas actividades da Escola de Ciclismo levadas a cabo polo Club do Rosal que preside Gerardo Álvarez Martínez. Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe.

0 comentarios:

Publicar un comentario