27 jun 2014
O Rosal acolle o domingo 29 de xuño o II Concerto Coral "Ecos do verán"
Foto: Ecos do Folón
O Auditorio Municipal do Rosal acollerá este domingo 29 de xuño, ás 20:00 horas, o II Concerto Coral "Ecos do verán", coa participación da Coral Polifónica de Tomiño, a Coral "Novos Bardos" de Freixo (Valadares-Vigo) e a anfitriona e organizadora, Coral "Ecos do Folón" (Fornelos-O Rosal).
Colabora co evento a Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón e patrocina o Concello do Rosal, a Comunidade de Montes de Santa Mariña e a Deputación de Pontevedra.
26 jun 2014
O rosaleiro Sergio Rodríguez "Trinta" organiza un torneo gratuíto de WRC
Segundo podemos ler no blog do Bodegón-Tapería Os Seixiños. "O Bar do Trinta", este venres 27 de xuño celebrarase no local do rosaleiro Sergio Rodríguez Rodríguez, o I Torneo WRC FIA WORLD RALLY.
A inscrición para participar neste xogo de destreza ao volante-mando é gratuíta e para todas as idades, sendo igualmente a entrada libre ao evento. O gañador terá como premio unha CEA para dúas persoas.
Concerto de Coros Infantil-Xuvenil no Auditorio Municipal do Rosal
Informa: Agrupación Musical do Rosal.
Este sábado 28 de xuño, a partir das 20:30 horas, celebrarase no Auditorio Municipal do Rosal un concerto "cos cantores máis cativos da Agrupación, o Coro de Voces Brancas Medio Tempo e o Coro Xuvenil de Belesar".
19 jun 2014
A ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier organiza o sábado 21 unha festaza
Este sábado 21 de xuño terá lugar no colexio da Mata a 5ª Festa Fin de Curso que organiza a ANPA CPI Manuel Suárez Marquier, cun fantástico programa que inclúe exhibicións das actividades extraescolares 2013/2014, inchables e rocódromo, así como un concerto en directo a cargo do novo e xuvenil grupo musical "pop" do Baixo Miño "Cosa de Tres" (Guille Verde-Eva Piñel-Eric Barceló).
Igualmente, Jam Session con DJ "O Rei Lagarto", música dos 80 e actual, ademais de moitas sorpresas e regalos.
18 jun 2014
Programa cultural e de lecer das Festas do Pilar (24, 25 e 26 de xullo)
As Festas do Pilar 2014 celebraranse no Rosal os días 24, 25 e 26 de xullo.
O xoves 24, verbena amenizada polas orquestras Amerikan Top e Xacobeo. Ao día seguinte, venres 25, misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. E xa, a partir das 21 horas, concerto de bandas na Praza do Calvario. Ao final, actuación do grupo Armonía.
O sábado 26, a partir das 21:00 horas, XXI Encontro dos Pobos organizado polo grupo Do Lusco ó Fusco da Guarda.
Dende o 18 ao 27 de xullo haberá mostras na Sala de Exposicións do Concello:
Pintura de María Sobrino Pereira
Esculturas do Colectivo Somosarte.
XXI Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal".
O Ribera convoca aos seus xogadores, socios e afeccionados a Asemblea
A Xunta Directiva do club U.D. Ribera convoca a todos os seus xogadores, socios e afeccionados á Asemblexa Xeral Ordinaria, correspondente á Tempada 2013/2014, que se celebrará no Estadio Municipal de "A Mata" o vindeiro venres 20 de xuño ás 20:30 horas.
Máis info en http://www.udriberaorosal.com/
17 jun 2014
Este venres 20 de xuño, inauguración da Sala de Estimulación Multisensorial
A Fundación "Solidaridad Carrefour" e a Asociación San Xerome, inauguran a Sala de Estimulación Multisensorial. O acto terá lugar o próximo venres
día 20 de xuño, ás 12 horas.
Acudirán a presidenta
da Asociación San Xerome Emiliani, Asunción Dacuña Pacheco; o responsable rexional
de explotación Noroeste de Hipermercados Carrefour, Gabriel García e o responsable
rexional de explotación Galicia de Carrefour Market, José Álvarez Penín.
A sala de
estimulación sensorial permitirá mellorar o desenrolo e calidade de vida de
nenos e xoves con discapacidade intelectual. O novo servizo, está deseñado
para potenciar o desenrolo físico,
sensorial, cognitivo e psicosocial dos usuarios do Centro San Xerome.
A Fundación
“Solidaridad Carrefour”, financiou este Proxecto con 30.000 €.
13 jun 2014
O Rosal, presente na XXIV Festa do Vinho Verde de Ponte de Lima (Portugal)
Por terceiro ano consecutivo, o Concello do Rosal estará presente cun stand con material turístico (folletos, libros e fotografías de J.R.M.B.), de exposición e degustación de produtos da terra e do viño do Rosal, na "24ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais" que se celebra dende o 13 ao 15 de xuño na Expolima (Ponte de Lima-Portugal).
O evento, considerado como un marco "incontestável para a economía local e regional" está organizado conxuntamente polo Município, a Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural e a Escola Superior Agrária de Ponte de Lima.
9 jun 2014
OS PRINCIPIANTES DO CLUB CICLISTA O ROSAL A ARMAN NO CALVARIO
9.6.14
Ciclismo, Club Ciclista O Rosal, Yasir Martínez (ciclista), Zaida González (ciclista)
Comentar
Segundo se pode ler na web do Club Ciclista O Rosal, con motivo da celebración do IX Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña, "os Principiantes do noso Club coparon o podio da categoría e aínda máis, xa que o C.C. O Rosal conseguiu clasificar aos seus seis integrantes nos oito primeiros postos".
Mención especial para Yasir Martínez, que subía ao máis alto do caixón, sendo o dominador da tempada, cun 2º posto de David Rodríguez e Sergio Vicente, 3º.
En féminas infantil, María Correa remataba 3ª e na categoría cadete, Zaida González conseguía o 2º posto.
6 jun 2014
IX TROFEO COMUNIDADE DE MONTES SANTA MARIÑA DO ROSAL 2014
Este sábado 7 de xuño, a partir das 17:00 horas, o Club Ciclista O Rosal, que preside Gerardo Álvarez Martínez, organiza "o xa tradicional Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña que este ano celebra a súa novena edición".
Segundo se pode ler na web do CC. O Rosal, "esta tarde de ciclismo vai constar de Ximcana na Praza do Calvario para a categoría de Principiantes". As demais categorías "farán o percorrido con saída na Praza do Calvario pasando polas rúas Simón del Mazo, Morraceira, Gandarela, Santa Ana, Xesús Noia e chegada de novo á Praza do Calvario".
Con entregas tamén para as tres primeiras féminas de cada categoría, os alevíns darán "un total de 3 voltas ao circuito, os infantís 7 voltas, os cadetes 15 voltas e os junior un total de 25 voltas".
ANO MÁXICO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DO CLUB DEPORTIVO SAN XEROME
Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome
Está a piques de
rematar a presente tempada do Club Deportivo
San Xerome. Apenas restan unhas cantas probas (Carreira da Eurocidade Tui-Valença,
Carreira de Amorín…), pero xa podemos calificar como brillante o balance final.
Os resultados
non se obteñen pola “gracia divina”, senón despois dun duro traballo durante o ano,
con adestramentos moi esixentes, loitando contra vento e marea. Noraboa polo
tanto aos atletas polo seu esforzo, e aos adestradores voluntarios, enormes.
GRAZAS pola súa entrega e actitude solidaria. Mención especial á Sociedade Atlética
do Tegra, que nesta súa nova andaina, está a realizar cos nosos atletas unha
importantísima labor de integración a través do deporte. Antigo obxectivo, que tan só é posible conquerir
grazas á consonancia na filosofía deportiva dos dous Clubes: Tegra-S.Xerome.
É importante lembrar que
existen 3 categorías nas probas organizadas polas Federacións Galega
(FEGADDI), e Española (FEDDI) de deporte para discapacitados
intelectuais:
- Categoría de competición: máxima categoría. Os gañadores/as, proclámanse campións Galegos e de España das respectivas especialidades.
- Categoría Adapatada: a normativa adáptase aos participantes.
- Categoría de Xogo/Habilidades deportivas: as probas teñen un carácter participativo.
Tendo en conta
estas premisas e as condicións físicas de cada deportista, realizáronse adestramentos individualizados durante o ano,
combinando o traballo nas pistas de atletismo do Estadio da Mata (O Rosal), co
realizado no velódromo das Eiras (O Rosal).
Centrándonos nas
dúas últimas competicións específicas, organizadas polas Federacións Galega e Española de deporte para
persoas con discapacidade intelectual,
destacar a progresión experimentada nos últimos anos dos nosos atletas,
así como o inicio da renovación
xeneracional coa incorporación de deportistas máis novos.
Os resultados non
deixan ningún xénero de dúbidas, 12 medallas no Campionato Galego celebrado en
Vilagarcía; e 9 no Campionato de España celebrado en Badajoz (as únicas
medallas “galegas” da competición).
Estes resultados sitúan ao noso Club como 5º mellor Club (homes), e 6º mellor Club (mulleres),
no Ránking da Federación Española (FEDDI).
Resumo dos
resultados destas últimas competicións (medalleiro):
Campionato Galego de Atletismo
(Vilagarcía).
- Categoría de competición:
-
María F. García: 1ª en lanzamento de peso e xavelina
-
Luis Antonio Sández: 1º en 3.000 m . e 2º en 800 m .
-
Borja Cadilla: 2º en 1500 m . e 3000 m .
-
Maite Santos: 1ª en 400 m . e 3ª en 800 m .
- Fabio Martínez: 2º en lanzamento de xavelina, e 3º en lanzamento de peso.
- Categoría Xogo:
-
Rosa María Álvarez : 1ª en 400
m .
-
Celia López: 3ª en 150 m .
Campionato de España
de atletismo (Badajoz).
- Categoría de competición:
-
María F. García: 2ª en lanzamento de peso e disco, 3ª
en lanzamento de xavelina
- Fabio Martínez: 2º en lanzamento de peso, 3º en lanzamento de disco e xavelina
- Categoría adaptada:
- Maite Santos: 1ª en
800 m .
e 400 m .
2ª en lanzamento de peso
A Guarda, 5 de xuño de 2014
"JOSE Y ROSY", NO VI SYMPOSIUM INTERNACIONAL OF SALSA, DE PORTUGAL
Esta fin de semana (6, 7, 8, 9 e 10 de xuño) os bailaríns rosaleiros Jose & Rosy participarán no "6º Symposium Internacional of Salsa" que se celebra en Curia, Aveiro (Portugal).
5 jun 2014
CONRAZONES ORGANIZA UN MERCADILLO SOLIDARIO EN PÍAS (O ROSAL)
A Asociación Conrazones organiza o vindeiro domingo 15 de xuño o seu terceiro Mercadillo Solidario.
A cita, tal e como reza o cartel, será no parque infantil de Pías (San Miguel de Tabagón), cos artistas invitados DJ Guille (Radio A Guarda), así como o dúo formado por Guille Verde (voz e guitarra) e o rosaleiro Eric Barceló á batería.
4 jun 2014
OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN EN "DESDE GALICIA PARA EL MUNDO" (TVE)
Os Muíños do Folón e do Picón, declarados Ben de Interese Cultural, saen no programa de televisión nº 1074 de "Desde Galicia para el Mundo" (TVE Internacional).
A gravación, que tivo lugar o 28 de marzo deste ano, conta cunha entrevista a Juan Ramón Martínez Barbosa, director de Noticias O Rosal e coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia.
A gravación, que tivo lugar o 28 de marzo deste ano, conta cunha entrevista a Juan Ramón Martínez Barbosa, director de Noticias O Rosal e coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia.
OS INFANTÍS, ALEVÍNS E BENXAMÍNS DO U.D. RIBERA, ASCENDEN A PRIMEIRA
Información e imaxes: Torneos Fútbol Base / U.D. Ribera
Velaquí vos deixamos íntegra, esta nota de prensa enviada á nosa Redacción:
La temporada 2013/2014 fue histórica para U.D. Ribera al conseguir el ascenso de tres equipos de las categorías base.
El U.D. Ribera ya tiene a la mayoría de sus equipos de base en la
primera división autonómica. El trabajo
bien hecho a lo largo de los últimos 7 años apostando por unas escuelas de
fútbol de calidad está dando sus frutos.
La junta directiva que preside Estela
Pereira, al igual que las dos directivas anteriores, tenían como meta consolidar el equipo senior
en segunda autonómica y trabajar la cantera desde los más pequeños. Para ello, la Unión Deportiva Ribera se
convirtió en el único club del Baixo Miño con 10 equipos federados y uno
femenino.
Los componentes de las diferentes plantillas proceden, no solo del
ayuntamiento de O Rosal, sino también de los vecinos. El equipo de
entrenadores es importante en unas
escuelas de fútbol donde debe primar la actitud, comportamiento y los valores
del deporte por encima del rendimiento deportivo.
La organización
de dos torneos anuales de reconocido prestigio, ayudaron a mostrar todo
anteriormente expuesto.
Está temporada
hubo que federar equipos A y B en las categorías Alevín y Benjamín debido al
gran número de niños anotados.
Después de
varias temporadas estando entre los primeros, los Alevines y Benjamines
consiguieron el ascenso directo tras una liga espectacular. Los alevines de Capi solo perdierón un
partido y los Benjamines de Josito y
Yosu solo dos.
Los Infantiles
de Sergio también consiguieron el ascenso brillantemente siendo además
campeones invictos y disputando aún la copa.
Para
la próxima temporada el objetivo sería mantener los equipos ascendidos y volver
otra vez a primera con los cadetes y los juveniles.
XA HAI GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA XXII FEIRA DO VIÑO, 2014
Segundo veñen de comunicar hai uns intres dende a Organización da Feira do Viño do Rosal, o gañador do concurso de carteis desta XXII edición é Rubén Alesandro Lucas García.
Proximamente se ampliará esta noticia.