TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

6 jun. 2014

ANO MÁXICO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DO CLUB DEPORTIVO SAN XEROME


Informa: Xosé Carlos González Blanco / San Xerome

Está a piques de rematar a  presente tempada do Club Deportivo San Xerome. Apenas  restan  unhas cantas probas (Carreira da Eurocidade Tui-Valença, Carreira de Amorín…), pero xa podemos calificar como brillante o balance final.


Os resultados non se obteñen pola “gracia divina”, senón despois dun duro traballo durante o ano, con adestramentos moi esixentes, loitando contra vento e marea. Noraboa polo tanto aos atletas polo seu esforzo, e aos adestradores voluntarios, enormes. GRAZAS pola súa entrega e actitude solidaria. Mención especial á Sociedade Atlética do Tegra, que nesta súa nova andaina, está a realizar cos nosos atletas unha importantísima labor de integración a través do deporte.  Antigo obxectivo, que tan só é posible conquerir grazas á consonancia na filosofía deportiva dos dous Clubes: Tegra-S.Xerome.


É  importante lembrar  que  existen 3 categorías nas probas organizadas polas Federacións Galega (FEGADDI),  e Española  (FEDDI) de deporte para discapacitados intelectuais:
  • Categoría de competición: máxima categoría. Os gañadores/as, proclámanse campións Galegos e de España  das  respectivas especialidades.
  • Categoría Adapatada: a normativa adáptase aos participantes.
  • Categoría de Xogo/Habilidades deportivas: as probas teñen un carácter participativo.

Tendo en conta estas premisas e as condicións físicas de cada deportista, realizáronse  adestramentos individualizados durante o ano, combinando o traballo nas pistas de atletismo do Estadio da Mata (O Rosal), co realizado no velódromo das Eiras (O Rosal).


Centrándonos nas dúas últimas competicións específicas, organizadas polas  Federacións Galega e Española de deporte para persoas con discapacidade intelectual,  destacar a progresión experimentada nos últimos anos dos nosos atletas, así como  o inicio da renovación xeneracional coa incorporación de deportistas máis novos.



Os resultados non deixan ningún xénero de dúbidas, 12 medallas no Campionato Galego celebrado en Vilagarcía; e 9 no Campionato de España celebrado en Badajoz (as únicas medallas “galegas” da competición).  Estes resultados sitúan ao noso Club como 5º  mellor Club (homes), e 6º mellor Club (mulleres), no Ránking da Federación Española (FEDDI).

Resumo dos resultados destas últimas competicións (medalleiro):

Campionato Galego de Atletismo (Vilagarcía).
  • Categoría de competición:
-          María F. García: 1ª en lanzamento de peso e xavelina
-          Luis Antonio Sández: 1º en 3.000 m. e 2º en 800 m.
-          Borja Cadilla: 2º en 1500 m.  e 3000 m.
-          Maite Santos: 1ª en 400 m. e 3ª en 800 m.
-         Fabio Martínez: 2º en lanzamento de xavelina, e  3º en lanzamento de peso.

  • Categoría Xogo:
-          Rosa María Álvarez: 1ª en 400 m.
-          Celia López: 3ª en 150 m.

Campionato  de España  de atletismo (Badajoz).
  • Categoría de competición:
-          María F. García: 2ª en lanzamento de peso e disco, 3ª en lanzamento de xavelina
-      Fabio Martínez: 2º en lanzamento de peso,  3º en lanzamento de disco e xavelina

  • Categoría adaptada:
-       Maite Santos: 1ª en  800 m. e 400 m.  2ª en lanzamento de peso




A Guarda,  5 de xuño de 2014

0 comentarios:

Publicar un comentario