TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

17 jun. 2014

Este venres 20 de xuño, inauguración da Sala de Estimulación Multisensorial



A Fundación "Solidaridad Carrefour" e a Asociación San Xerome, inauguran a Sala de Estimulación Multisensorial. O acto terá lugar o próximo venres día 20 de xuño, ás 12 horas.



Acudirán a presidenta da Asociación San Xerome Emiliani, Asunción Dacuña Pacheco; o responsable rexional de explotación Noroeste de Hipermercados Carrefour, Gabriel García e o responsable rexional de explotación Galicia de Carrefour Market, José Álvarez Penín.



A sala de estimulación sensorial permitirá mellorar o desenrolo e calidade de vida de nenos e xoves con discapacidade intelectual. O novo servizo, está deseñado para  potenciar o desenrolo físico, sensorial, cognitivo e psicosocial dos usuarios do Centro San Xerome.


A Fundación “Solidaridad Carrefour”, financiou este Proxecto con 30.000 €.

0 comentarios:

Publicar un comentario