FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 feb 2011

Entroido de Fornelos: os días 6, 7 e 8 de marzo

Este é o programa de Entroido da activa Comisión de Festas de Fornelos que preside Jorge Rodríguez Álvarez.

Debido ao gran éxito do pasado ano novamente estará instalada nas inmediacións da Praza de Fornelos a CARPA FORNELOS ENTROIDO 2011 (xa dende o venres 4 de marzo), organizada –entre outros- por Rubén Vicente, Pablo Pérez e Óscar Castro e que contará con recoñecidos deejais: DJ Fabián (A Guarda), DJ Ricky (O Rosal), DJ Óscar (Salceda), DJ Gabry (Tui) e DJ Sas (Pontevedra).

DOMINGO 6
Ás 9:30 da mañá, PASARRÚAS polo pobo a cargo do grupo de bombos MUIMENTA de Sobrada.
Ás 11 da mañá, sairán de Fornelos AS CARROZAS para participar ás 12 no GRAN DESFILE na Praza do Calvario.
A partir das 5 da tarde, actuación do grupo AIRIÑOS DO TAMUXE, ata o comezo da verbena.
Para rematar o día, dende as 20:30 h. e ata altas horas da madrugada GRAN VERBENA amenizada polos grupos NARANJA e HIROSIMA.



LUNS 7
A partir das 4 da tarde, na Praza de Fornelos, celebrarase a tradicional CORRIDA DO GALO.
Ás 18:30 horas haberá un pase da orquestra PASARELA.
Ás 22:00 horas comezará unha GRAN VERBENA amenizada polos grupos PASARELA e ALCAZAR.


MARTES 8
A partir das 16:00 h., na Praza de Fornelos, celebraranse as tradicionais FRIXIDELAS.
Ás 21:00 h., comezará unha GRAN VERBENA amenizada polos grupos ALCOTAN e SAUDADE.

25 feb 2011

Destacada actuación dos atletas do S. Xerome



Destacadísima actuación dos atletas do Club Deportivo San Xerome no Campionato Galego de Campo a Través, celebrado o 23 de febreiro no circuíto de Castrelos (Vigo), organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual. Un total de 11 Clubs Galegos estiveron presentes no citado circuíto.

 

Na categoría de competición (máxima categoría feminina), Amparo Ferreira, recentemente galardoada como deportista guardesa destacada, obtivo a medalla de prata por detrás da atleta do Club Chapela Sonia García, completou o podium a atleta das Esclavas de Mos, Pilar Rodríguez. Na mesma proba a atleta do Club San Xerome, Maite Santos, chegou a meta en 6º lugar.


Na categoría de competición masculina, o atleta guardés Borja Cadilla , acadou o terceiro posto (repetindo o posto da edición do pasado ano). O gañador da proba foi Carlos Oitavén do Club San Rafael de Vigo, a medalla de prata foi para Sergio Rodríguez do Club Chapela. Luis Antonio Sández do Club San Xerome foi o 5º clasificado nunha proba moi competida.

No resto das categorías, Francisco Martínez Varela, foi 3º en adaptada masculina, e Rosa María Álvarez, 10ª en xogo feminino.

24 feb 2011

Ofertas-demandas de Emprego e Formación



EMPREGO PÚBLICO

O Concello de Gondomar, convoca e elaboración dunha bolsa de traballo para a prestación de servizos temporais como auxiliar administrativo de administración xeral do Concello de Gondomar.

A vixencia da bolsa que se constitúa será de 3 anos ou de menos no suposto de que houbera un novo procedemento selectivo para os postos de traballo de auxiliar administrativo do Concello de Gondomar, momento a partir do cal a bolsa deixaría de ter vixencia.

O sistema de selección será o de concurso - oposición

--------------------

O Concello de Vigo convoca os procesos selectivos en execución da oferta de emprego público correspondente o ano 2008 en relación as prazas seguintes:

Técnico de Prevención de Riscos Laborais. Número de prazas: 1. Escala: Administración Especial. Subescala Servizos Especiais. Clase Cometidos Especiais. Sistema de provisión: oposición libre.

Técnico de Xestión. Número de prazas: 1. Escala: Administración Especial. Subescala Servizos Especiais. Clase Cometidos Especiais. Sistema de provisión: promoción interna.

Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. Número de prazas: 1. Escala: Administración Especial. Subescala Técnica. Clase Media. Sistema de provisión: oposición libre.

Alguacil. Número de prazas: 1. Escala: Administración Especial. Subescala Servizos Especiais. Clase Cometidos Especiais. Sistema de provisión: oposición libre.

Administrativo de Administración Xeral. Número de prazas: 14. Escala: Administración Xeral. Subescala Administrativa. Sistema de provisión: promoción interna.

Técnico Medio Servizos Económicos. Número de prazas: 1. Escala: Administración Especial. Subescala Servizos Especiais. Clase Cometidos Especiais. Sistema de provisión: promoción interna.

b) Persoal laboral:

Oficial Conserxe. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: Oposición libre.

Oficial Mecánico. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: Oposición libre.

Oficial Xardineiro. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: Oposición libre.

Oficial Albanel. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: Oposición libre.

Oficial Desinfector. Número de prazas: 1. Sistema de provisión: Oposición libre.

Prazo: 20 días naturais seguintes á publicación no BOE Máis información: BOE 22/02/2011

--------------------

Axudantes de mantemento. IMD Vigo

Proceso selectivo para contratación de tres prazas de axudantes de mantemento, con carácter laboral temporal interina, ata a provisión das mesmas a través dunha nova oferta pública de emprego para o exercicio 2011. O sistema selectivo será o de concurso - oposición. A fase de oposición constará de tres exercicios. Requisitos: estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP I ou equivalente. Prazo: 20 días naturais seguintes á publicación no BOP. Máis información: BOP 22/02/2011.

--------------------

O concello de Gondomar convoca dúas bolsas para a realización de prácticas na oficina municipal de turismo de Gondomar polo sistema de concurso de méritos. A duración das bolsas será de 7 meses cunha dotación de 6420 euros cada unha. Requisitos: Diplomado en Turismo ou equivalente, ou Técnico superior de Información e Comercialización Turística no momento da convocatoria deste procedemento selectivo, sendo requisito indispensable que a titulación sexa, cando menos, obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esta data. Prazo: Ata 01/03/2011 Máis información: www.concellodegondomar.com



EMPREGO PRIVADO

Empresa de Traballo Temporal require un/ha Auxiliar de Loxística.

Funcións: Búsqueda e contacto con proveedores nacionais e internacionais, realización e seguimento de pedidos, elaboración de documentación para o envío de mercancías o estranxeiro, contacto con axentes de transporte e realización de diversas tarefas administrativas. Imprescindible Ciclo superior en Comercio Internacional ou similar, nivel alto de inglés. Máis información Aemos Telf. 986 498 820.

--------------------

Agrupación líder en consultora tecnolóxica y en servizos TIC,s require dous Axentes comerciais, para a comercialización de webs profesionais a custe cero, nas provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra. Funcións: Captación de novos clientes, preferentemente empresas. Máis información Aemos Telf. 986 498 820

--------------------

Empresa dedicada a fabricación, distribución e venta ao por maior da máis ampla gama de accesorios para o automóbil require un Comercial.

Funcións: venda de accesorios/recambios do automóbil por toda España. Máis información Aemos Telf. 986 498 820.

-------------------
Empresa de Traballo Temporal selecciona para tenda de telefonía móbil ubicada en Vigo un/unha Dependiente/a. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Máis información Aemos Telf. 986 498 820.

--------------------
Empresa de trabajo temporal selecciona un/ha Torneiro/a Fresador/a. Contrato temporal con posibilidade de permanencia. Máis información Aemos Telf. 986 498 820

--------------------

Empresa dedicada a la producción y distribución de embutidos, requiere un/a Administrativo Contable a media jornada. Contrato temporal con posibilidad de permanencia en la empresa. Funciones: Facturación, contabilidad, archivo, correo, atención a proveedores y clientes, Se requiere menor de 30 años Diplomado o Licenciado en Ciencias Empresariales o con Ciclo Superior en Administración y Finanzas, parado de larga duración. Máis información Aemos Telf. 986 498 820

------------------

Empresa dedicada á aplicación dos últimos avances tecnolóxicos e informáticos o desenvolvemento de solucións globais para empresas relacionadas con o Transporte, a Loxística e o Comercio Exterior; selecciona un/unha Consultor de software de xestión. Funcións: Consultoría de software, parametrización e implantación de software, formación del software, demostracións do producto e atención o cliente. Máis información Aemos Telf. 986 498 820

-------------------

Empresa do sector do metal ubicada en Mos precisa un Operario de Mecanizado. Contrato en prácticas con posibilidad de permanencia. Imprescindible: F.P. II o Ciclo superior en Mecanizado. Máis información Aemos Telf. 986 498 820

-------------------

Empresa líder en la producción de piezas en poliuretano, requiere un Ayudante para Oficina Técnica, para su delegación en Mos. Se requieren parados de larga duración menores de 30 años.Conocimientos de Autocad, Adobe Acrobat y office. Máis información Aemos Telf. 986 498 820


CURSOS

Cruz Vermella impartirá un curso gratuíto de Socorrista en Servizos terrestres. Con esta especialidade recibirán a capacitación en primeiros auxilios, o que lles permitirá intervir despois de terse producido un accidente ou emerxencia. O curso comezará o 26 de marzo e finalizará o 8 de maio na sede da Cruz Vermella de Vigo. Os interesados poden chamar ao teléfono: 986423666

--------------------

Curso prevención e evaluación do maltrato infantil. OBXETIVOS Aumentar a capacidade de recoñecer a violencia nas suas diferentes formas, profundizando no coñecemento preventivo do maltrato infantil e dos abusos sexuais nos menores. DESTINATARIOS profesionais e educadores/as do ámbito infantil y/o intervención social (psicólogos, traballadores sociais, educadores, pedagogos, mestres...). METODOLOXÍA Semipresencial (10 h de clase presencial e 50 h de traballo individual na casa con material). Máis información Fundación Radio ECCA.

--------------------

O Departamento de Educación de Vigozoo abre o prazo de inscrición das “Primeiras Xornadas Formativas de Educadores”, que terán lugar dende o 8 ao 11 de marzo, de 9 a 14 horas nas instalacións do parque zoolóxico. Máis información: 986 267 783 - 620 969 212

--------------------
A Cámara Oficial, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa convoca un curso de condutor de carretilla elevadora. Máis información 986 56 52 86


PRÁCTICAS PROFESIONAIS

O proxecto Aquelando 2 ofrécelles a posibilidade de realizar 200 horas de prácticas profesionais en servizos de atención e coidado de persoas maiores, persoas con discapacidade e infancia.

Requisitos xerais: Estar inscrito no servizo público de emprego como demandante de emprego e empadroado nalgún concello da provincia de Pontevedra.

Requisitos específicos:

• Prácticas en coidado de persoas maiores, persoas dependentes e persoas con discapacidade: ter unha formación mínima de 300 horas relacionada cos servizos de atención as persoas ou algún ciclo de FP relacionado co sector.

• Prácticas en coidado infantil: ter a titulación de FP en Técnico superior en Xardín de infancia ou Educación Infantil ou a Diplomatura de maxisterio na especialidade de Educación infantil.

A convocatoria está aberta. A participación é gratuíta e concederase unha bolsa de formación as persoas que participen e cumpran os requisitos.

Para máis información, contactar co persoal técnico do proxecto Aquelando 2.

Tlf.: 986 804 100 – Ext: 41215, 41217, 41218.

 
AXUDAS

Xa está en vigor a axuda (pagamento único de 360 euros) para pais/nais de nenos/as menores de 3 anos que cumpran certos requisitos. Para máis información, consultade coa Traballadora Social do Concello.

--------------------

Axudas económicas programa recualificación profesional. Resolución de 15 de febreiro de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determina a forma e prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real Decreto-Lei 1/2011, de 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. Máis información: BOE 16/02/2011.


Gustavo Martínez, no XXXIV Rally á Lampreia



O piloto rosaleiro Gustavo Martínez Vázquez disputará este domingo 27 de febreiro en Monçao (Portugal) a XXXIV edición do Rally á Lampreia, que está organizada polo Sport Club do Porto e conta coa colaboración da Câmara Municipal de Monção e o Desportivo de Monção.

Este evento é unha "Concentração Turística", considerado como rally de 2ª categoría e atópase inscrito no Calendário Desportivo Nacional da FPAK.


Gustavo participará nas dúas probas de pericia, en circuito pechado, onde a bo seguro -e como sempre- ofrecerá espectáculo a raudais.

Javier e Abel disputarán o Rali Torrié (Portugal)



Reportaxe realizada por Roberto Valladares

Javier Riveiro Álvarez e Abel Martínez Alonso disputarán o Rali Torrié, primeira proba do Campionato de Portugal de Ralis, organizado polo Targa Clube, que se celebrará os días 26 e 27 de febreiro nos municipios de Vieira do Minho e Povoa de Lanhoso.



Por outra parte, o pasado día 12 de febreiro celebrouse o III Rali de Barcelos, con 100 coches na partida, dous dos cales eran rosaleiros. Javier Riveiro con Abel Martínez disputaron a súa primeira proba do ano rematando na posición 45.


O outro equipo rosaleiro foi o formado por José Rodríguez e Óscar Rodríguez que remataron no posto 40. A proba foi gañada por Pedro Peres cun Mitsubishi Lancer Evo VII.

Velaquí vos deixamos este vídeo de Joao Pedro Sousa.
 

23 feb 2011

I Recoñecemento ao Mérito Deportivo, 2011



O domingo 20 de febreiro tivo lugar no Auditorio Municipal o acto de “Recoñecemento ao Mérito Deportivo” co que o Concello do Rosal quixo homenaxear a todos os seus deportistas.

O evento reuniu aos sete clubs da vila (U.D. Ribera, Veteranos O Rosal e a U.D. Tamuxe de fútbol, o Atlético Novás de balonmán, o Club Ciclista O Rosal, o Club “Os Pardillos” de Parapente e o Club de Atletismo CPI Manuel Suárez Marquier).

Tamén estiveron representados deportes como natación, remo, piragüismo, judo, taekwondo, motociclismo, automobilismo ou mesmo paracaidismo e futbolín.


Entre os asistentes atopábanse o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, o deputado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo así como a totalidade da Corporación Municipal e directivos das distintas asociacións socioculturais rosaleiras.





A presentación deste acto deportivo correu a cargo de Juan Ramón Martínez Barbosa, do departamento de Cultura, quen realizou un exhaustivo percorrido profundizando na historia de cada club así como repasando o currículum persoal dos deportistas máis destacados dende mediados do século XX ata a actualidade.

O humorista Paco Campelo (Francisco Rodríguez Fernández) puxo a nota de humor durante toda a gala, con personaxes como "Deportivo e elegante", o "Campión galego de lanzamento de martelo de obra", ou o "Portador da chama olímpica". En verdade Paco, coa súa gracia, unida a moita e boa improvisación, colaborou a que as case tres horas do Recoñecemento foran se cabe máis amenas, con intervencións e chistes moi ocorrentes, así como delirantes “gags” que provocaron as gargalladas do público asistente, que para este especial tributo enchía o Auditorio Municipal.
 
Comezou o presentador convidando “a aqueles deportistas que hoxe – moi a no noso pesar- non serán nin sequera citados, a que faciliten fotografías e información da súa vida deportiva para desta maneira poder recoñecerlle os seus méritos na vindeira ocasión e actualizar o arquivo deportivo do Concello do Rosal”.
Recalcou Juan Ramón que para este Recoñecemento ao Mérito Deportivo recolléronse datos durante máis de tres meses, e que tanto clubs como a maioría dos deportistas e particulares aportaron información así como imaxes para ilustrar este acto, incidindo en que “existiron e existen na actualidade moitísimos deportistas, así que houbo que facer unha pequena, chamémoslle criba, e instaurar un inevitable raseiro para o recoñecemento de hoxe. Este non é outro que –mínimo- quedaran clasificados entre os tres primeiros de Galicia en calquera modalidade deportiva. O Concello do Rosal, pese a non poder recoñecerlle o mérito a todas as persoas que fixeran deporte na vila, sí quere felicitar a aqueles e aquelas que algunha vez participaron ou gañaron algunha proba a nivel local, trofeos no Rosal ou no Baixo Miño e aínda a nivel de Pontevedra, os famosos campionatos territoriais e provinciais”

Comezou este evento deportivo coa entrega de diploma e trofeo a José Manuel Álvarez Barredo, presidente da U. D. Ribera de fútbol, o club máis antigo da vila. Así mesmo se homenaxeou a tres dos seus xogadores máis importantes: Manuel Coballes Fuentes, Celso Villa Ferreira e Jesús Pérez Álvarez (Suso).

Igualmente os dous clubs de veteranos, a Unión Deportiva Tamuxe e Veteranos O Rosal, foron distinguidos recollendo os premios Ramón Sousa Pérez e Rafael Martínez Perez, respectivos presidentes deses equipos.

De seguido, deuse paso ao balonmán, co Atlético Novás como club representativo, recibindo o recoñecemento o seu presidente actual Roberto Fernández Rodríguez, quen fixo extensiva esta distinción convidando a subir ao escenario a todos os presidentes da historia do club. Tamén se agasallou a Jacobo Coello González e ás irmás Andrea e Alba Dapena Iglesias.

O ciclismo foi o seguinte club rosaleiro ao que se homenaxeou, recollendo o diploma e trofeo de lembranza o seu presidente Gerardo Álvarez Martínez. Así mesmo houbo recoñecemento para catorce ciclistas rosaleiros que conseguiron éxitos a nivel galego e nacional.

Tamén se recoñeceron os méritos do Club de Parapente “Pardillos”, co seu presidente Florencio Vázquez Fernández ao seu fronte, para xa rematar o capítulo dos clubs rosaleiros co de Atletismo do Colexio Manuel Suárez Marquier. Aínda que o club o preside Marisol Barceló Rodríguez, ésta cedeulle a honra ao seu mítico adestrador, Félix Piñel Alonso.
Máis dunha trintena de atletas do Marquier tamén recibiron distinción individual ao igual que “as vellas glorias” deste deporte (Luis Álvarez Martínez, Óscar González Rivero, José Ángel González Rivero, Francisco Javier Rodríguez Teixeira, Humberto Ascari Martínez Corbacho, Xavier Martínez Durán e Luis Alberto Martínez Durán).

Finalizada a entrega dos diplomas e trofeos aos clubs do Rosal procedeuse á entrega do recoñecemento individual aos deportistas que teñen triunfado noutras modalidades, comezando polos deportes de auga. Así entregáronselle sendos diplomas a María Portela Vicente (natación); Alejandro Fernández Lomba, Iago Pazos González e Ángela Castro Álvarez (remo); Carla Cerqueira, Pablo Vicente Fernández, Antón González Ucha e Andrea González Ucha (piragüismo).

A gala continuou cos rosaleiros que triunfan practicando artes marciais no Club de Judo Do-Majó, baixo as ordes da súa adestradora Mónica Pacheco Lomba, tales como Eric Barceló, Pablo Marín Marcos e Nuria Martínez Lomba. Tamén homenaxeouse a Claudia Marcelli Carballido e Sandro Fagúndez Flores, pupilos de Santiago Pazos Méndez, monitor de taekwondo no Ximnasio Excalibur.

Os deportes de motor tamén estiveron representados con Eloy Martínez Conde, Rubén Martínez Rodríguez, Eloy Martínez Rodríguez, Gabriel Marcelli Carballido e Rafael Dieste Fontaine en motociclismo, así como Juan José Rivero (Tabulo) en automobilismo.

No apartado doutros deportes, cando menos curiosos, recoñeceuse o mérito de Roberto González Brey, Campión de Galicia de paracaidismo e de Carlos Álvarez Antúnez, Campión de España de futbolín.

A celebración anual dos Xogos Populares con Rafael Martínez López e Juan Manuel González Domínguez ao seu fronte, recibiron unha mención especial no evento, ao igual que o Club Deportivo San Xerome Emiliani, representado polo atleta Javier Portela Vieira.

Xa cara ao final entregáronse os premios a dúas firmes promesas do noso deporte, como son Antonio Portela Rodríguez (ciclismo) e Diego Fernández González (natación), así como aos recoñecidos deportistas Óscar Vicente Rodríguez (triatlón), David Gómez Martínez (atletismo), Javier Díaz Pérez (balonmán) e Serafín Martínez Acevedo (ciclismo).

Pechouse este acto coa entrega dos premios “mención de honra” ao adestrador de atletismo, Félix Piñel Alonso, ao presidente do Club Ciclista O Rosal, Gerardo Álvarez Martínez e ao mítico xogador do Novás de balonmán, Manuel Armán Flores.

Tanto o Alcalde, como o deputado provincial de Deportes e mesmo José Ramón Lete Lasa, nas súas intervencións finais, felicitaron a todos os premiados, destacando a dedicación e sacrificio destes deportistas rosaleiros que alá por onde ían, van e irán, deixan ben alto o pavillón do Rosal, xa a nivel rexional, xa nacional e aínda internacional.

En breve publicarase a lista completa cos nomes e currículums dos clubs e deportistas que foron homenaxeados neste I Recoñecemento ao Mérito Deportivo. O Rosal 2011

Inauguración da mostra de Gemma Marqués



O mércores 23 de febreiro ás 19:00 horas inaugúrase na Sala 2 de NovaCaixagalicia de Vigo unha exposición pictórica da artista burgalesa afincada na Guarda, Gemma Marqués.

A mostra -titulada Retratos y Bodegones- segundo a autora "constará de una veintena de obras de las series que he realizado en los últimos años, retratos al óleo por encargo, bodegones urbanos, contenedores y bidones, marinas y gamelas de A Guarda y una serie de vespas antiguas".

A exposición estará aberta ao público do 23 de febreiro ata o 30 de marzo deste 2011, en horario de luns a venres, de 18 a 21 horas e fins de semana-festivos de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas.

21 feb 2011

O SLG organiza un curso na vila do Rosal



O Sindicato Labrego Galego da comarca do Baixo Miño vai a desenvolver, a partir do xoves 24 de febreiro, un CURSO DE PODA E ENXERTO en froiteiras e viña no que se afondará sobre as seguintes temáticas:

- No tema da poda, farase fincapé nas froiteiras de pebida e de óso, e tamén na videira. En concreto, explicaranse aspectos como a poda de formación, frutificación e rexuvenecemento; cortes de poda; cicatrización das feridas; formas de poda; e materiais e ferramentas de poda.

- No tocante ao enxertado, falarase sobre os portaenxertos, técnicas de enxerto (enxertos de xema, estaca ou puxa…), época de enxerto (ollo velando ou durmido), e materiais e ferramentas do enxertado.

A duración do curso será de dúas semanas e contará con sesións teóricas e prácticas, co fin de que os e as asistentes poidan desenvolver no campo as diferentes técnicas explicadas nas clases teóricas.

O curso dará comezo o xoves 24 de febreiro, ás 19:00 horas, na Escola Taller de O Rosal, situada na Mata, concello de O Rosal. As persoas interesadas poden solicitar información ou inscribirse chamando aos teléfonos 986 62 53 94 - 669 80 84 17 ou a través do email: baixominho@sindicatolabrego.com.

15 feb 2011

Orixinal conxunto de esculturas no Torroso





Reportaxe fotográfica: Claudio Martínez Rodríguez

Velaquí vos deixamos esta interesante reportaxe fotográfica dun curioso conxunto artístico gravado en pedra nos montes do Torroso (O Rosal/Salcidos). As imaxes son propiedade de Claudio Martínez Rodríguez, que estivo acompañado nesa visita polo seu irmán Martín Martínez Rodríguez e Ana Elena Castro Dorna.

Segundo as nosas investigacións esta orixinal idea xurde hai uns quince anos aproximadamente, cando os escultores Pepe Antúnez Pousa, Félix G. Fidalgo e Alejandro Durán acordan facer estes gravados no monte, aproveitando certas formas que tiñan as pedras.

O recoñecido artista tomiñés Antúnez Pousa, en declaracións a Noticias O Rosal, afirma que a partir desas figuras naturais das rochas foron completando o que a pedra insinuaba, unido isto -pensamos nós- a unha extraordinaria creatividade e imaxinación, traballando só os domingos. Así mesmo que entre elas había labradas un aguilucho, dúas tartarugas, un polbiño, unha cabeza así como unha imaxe da Virxe. Un ano despois de comezar ese proxecto -confésanos- esa imaxe mariana foi sustraída.



Lembra Antúnez con morriña que con esta obra de arte ao aire libre e nun formidable emprazamento, marabilloso miradoiro cara ao Océano Atlántico, querían crear un pequeno recuncho de paz, tranquilidade, amizade, harmonía e ata de espiritualidade.

11 feb 2011

Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe (2ª et.)


A segunda andaina -de carácter mensual e gratuíta- organizada polo Concello do Rosal, levou a preto de 200 persoas a percorrer o sábado 5 de febreiro o Sendeiro de Pescadores Río Miño-Tamuxe, homologado pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 112).

Asistiron a esta nova cita –entre outros- o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Alonso e a concelleira de Educación, Mabel Franco Pérez, ademais de persoas de toda a comarca do Baixo Miño e aínda sendeiristas da cidade olívica e arredores.


Comezou a ruta nas inmediacións do Muíño das Aceñas, que proximamente será presentada ao público xa como Aula da Natureza, sendo xestionada conxuntamente polo Concello e Anabam (Asociación Naturalista do Baixo Miño).

Os numerosos participantes disfrutaron dun pequeno paseo ata a Ponte do Tamuxe (s. XIX) -construída sobre unha anterior, quizais romana- para xa enlazar coa Ribeira ata a praia das Eiras, atravesando a Canosa, e por tanto as parroquias de San Miguel e San Xoán de Tabagón.

Se ben o Sendeiro de Pescadores consta de 7’2 km, desta vez realizouse “ida e volta” ata o punto de partida, xa que con estas andainas culturais tamén se quere fomentar a actividade física e o deporte en xeral.

Cara ao final o grupo desviouse da senda un pouquiño para poder visitar o Artístico Arco de Tabagón, que se levantara o día anterior, facendo polo tanto, máis de 15 km de percorrido total.

Dende o Concello do Rosal lémbrase que a seguinte etapa será o vindeiro sábado 5 de marzo ás 15:30 horas, polo que recomendan apuntarse no Departamento de Cultura e Turismo (986 62 50 00) para confirmar o programa definitivo. En principio nesta ocasión percorrerase o tramo rosaleiro do Camiño Portugués pola Costa e ademais visitaranse os barrios de Portecelo e Sanxián, admirando a súa paisaxe marítima, a súa capela, os seus muíños, lavadoiros, cruces, cruceiros, petróglifos, etc.

A Cámara de Tui reuniuse co Alcalde do Rosal



Velaquí vos deixamos -íntegra e en castelán- a nota de prensa relativa á reunión que tivo lugar o xoves 10 de febreiro entre o Comité Executivo da Cámara de Comercio de Tui e o alcalde rosaleiro, Jesús Mª Fernández Portela:

• Después del encuentro de la semana pasada con Portos de Galicia, la Cámara continúa con los acercamientos institucionales y se reúne con el Alcalde de O Rosal

• Uno de los atractivos turísticos de esta zona es la Feria del Vino que el próximo mes de julio llegará a su XIX edición

• El sector vitivinícola rosalino es líder en Pontevedra ya que representa el 23% de la facturación y del empleo de todo el sector de la provincia

El Comité Ejecutivo de la Cámara de Comercio de Tui se reunió el jueves 11 de febrero con el Alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, con el objetivo de conocer la situación actual del municipio y trabajar por la puesta en marcha de iniciativas para fomentar los recursos de la demarcación y en especial, del concello de O Rosal.

Para Gumersindo Alonso, presidente de la Cámara de Comercio de Tui, “el Concello de O Rosal es prioritario para la demarcación por ser referente en el sector vitivinícola autonómico gracias a la presencia de bodegas importantes de la denominación de Origen Rías Baixas. Prueba de ello es la organización, por parte de la Cámara, de recientes visitas en las que importadores de vino procedentes de Estados Unidos firmaron importantes acuerdos comerciales con las bodegas locales”.

Después del encuentro de la semana pasada con Portos de Galicia en el que se anunció un convenio, marco de colaboración para trabajar de manera coordinada en el impulso a la movilidad fluviolitoral en el río Miño, con la instalación de pantalanes de pasaje en Camposancos, Goián y Tui, la Cámara de Tui se reúne esta vez con el Alcalde de O Rosal con el objetivo de plantearle distintas propuestas para la promoción del municipio.

En concreto, iniciativas encaminadas a impulsar el vino de O Rosal con motivo de la Feria del Vino que el próximo mes de julio llega a su XIX edición. En la pasada edición, la Cámara de Tui organizó una misión comercial inversa con once importadores mejicanos de vino en la que pudieron conocer de cerca unos de los sectores más estratégicos de la demarcación, ya que cuenta con trece bodegas, 500 viticultores y 600 hectáreas de viñedos, así como establecer acuerdos comerciales con los bodegueros de O Rosal.

O Rosal, líder en el sector vitivinícola de la provincia

El concello rosalino destaca por sus afamados vinos de la denominación de origen Rías Baixas y representa el 23% de la facturación y el empleo del sector vitivinícola de la provincia de Pontevedra.

O Rosal es el municipio de la provincia donde trabajan más personas en el sector, seguido de Cambados y Salvaterra de Miño. En cuanto a la cifra de negocio, O Rosal ocupa el 2º lugar tras Cambados y por delante de Arbo.

El concello de O Rosal cuenta con una población de 6.570 habitantes, de los que el 2% son extranjeros. La extensión es de 44 km2 y la densidad de población de 149 habitantes por km2.

En el municipio hay registradas 294 empresas, de las que prácticamente el 50% se dedican a actividades industriales y construcción, el 30% son minoristas y el 20% restante, mayoristas y restauración.

10 feb 2011

Javier Riveiro e Abel Martínez, en Barcelos



Información facilitada e redactada por Roberto Valladares.

Despois de ter estreado a finais do ano pasado un Peugeot 206 XS o equipo rosaleiro formado por Javier Riveiro e Abel Martínez, renovan aposta nos rallyes do norte de Portugal con esta montura. Patrocinando este proxecto están:

• Bar D'Bute

• Moto Bar Queima Roda

• Xestoría Asnela

• Nahomar

• Bar Skape 34

• Cafés Musetti

• Transportes Los Gemelos

• Materiais de construción J. Rivero

Esta temporada vai comezar no Rali de Barcelos, proba puntuable para o campeonato Open de Ralis Portugués e organizada polo Clube Automóvel do Minho. Disputarase o sábado día 12, cun percorrido de 169'27 km, dos cales 69'11 km son cronometrados.

Como novidade, este rally introduce tres quilómetros en delicados pisos de terra. Nesta proba tamén sairá o equipo de San Xoán de Tabagón, formado por José Rodríguez e Óscar Rodríguez, co seu Opel Corsa GSI.

¡Moita sorte a ambos!

7 feb 2011

Si Radio ofrece un novo programa do Baixo Miño



A programación de Si Radio no Baixo Miño vese complementada cun novo programa que se emite de luns a venres, de 12 a 13:30 da tarde no Dial 107.1 FM. Trátase aquí especificamente a actualidade e as noticias da nosa Comarca, facendo fincapé en temas de cultura, servizos, asociacións, deporte local... entre outros.

Si Radio crea desta maneira un novo espazo para todos os oíntes dos municipios que compoñen a bisbarra baixomiñota. Dirixido por Cristóbal Vaquero, trata temas que verdadeiramente nos interesan, dando información puntual de cursos, exposicións, actividades sociais e culturais, ademais do día a día dos nosos concellos e das noticias máis destacadas na prensa diaria en Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.

Últimas prazas para novo curso de Cruz Roja



Velaquí vos deixamos a última nota de prensa de Cruz Roja remitida á nosa Redacción:

"Últimos días de inscripción para el curso de Mediadoras/es en Prevención de Conductas Violentas de Cruz Roja Juventud.

La acción se organiza en Vigo para la incorporación de nuevos voluntarios a su proyecto Sen Violencia-Convivencia en las zonas de Vigo, Ponteareas y Baixo Miño.

El período de inscripción finaliza el próximo miércoles 9 de febrero de 2011.

Cruz Roja Juventud en Vigo, Ponteareas y Baixo Miño mantiene abierto el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es en prevención de conductas violentas, que comienza el próximo 14 de febrero de 2011.

Los destinatarios de esta acción formativa son jóvenes entre 18 y 35 años interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto Sen Violencia-Convivencia con población infantil y adolescente, en convenio con la Diputación Provincial.

El curso se estructura en una parte teórica y otra práctica, es gratuito con el compromiso de realizar actividad voluntaria y se desarrollará en la asamblea comarcal de Cruz Roja Española de Vigo (C/Ecuador, 16)

Las características principales del curso de Mediadoras/es en prevención de conductas violentas, financiado por la Diputación Provincial, y que se celebrará en Vigo, son diploma de 80h repartidas en 50h teórico-prácticas y 30h prácticas. Las horas teórico-prácticas versan sobre los siguientes temas:

Justificación del Programa

Psicología evolutiva

Acoso escolar

Derechos Humanos

Autoestima

Violencia

Violencia de Género

Habilidades sociales

Habilidades de comunicación

Resolución de conflictos

La Mediación

Manejo de grupos y Planificación de talleres

Esta formación está enmarcada entre las acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” viene desarrollando en convenio con la Diputación Provincial de Pontevedra desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia” de secundaria, los talleres “Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los centros de menores, charlas para familias y docentes, formación homologada para profesorado… además de la Jornada anual de Convivencia Escolar que se viene desarrollando año tras año en el Pazo de la Diputación Provincial.

La formación se desarrolla del 14 al 25 de febrero de 2011 en horario de 09:00h a 14:00h .

Para más información e inscripción los interesados podrán dirigirse a:
Asamblea Comarcal de Vigo

c/ Ecuador nº 16, 36203, Vigo
Telf. 986 42 36 66

Asamblea Comarcal O Baixo Miño
c/ Agustín Nandín Lomba, 1 bajo
36780 A Guarda

Tlf: 986 61 46 09

Asamblea Local de Ponteareas

c/ Oriente nº8, Centro Social 1º planta
36860 Ponteareas

Tlf: 986 64 17 94

Luis Sández e Borja Cadilla, en Portugal




Os atletas Luis Sández, de Tui (na imaxe chegando á meta) e Borja Cadilla, de A Guarda, pertencentes ao Club Deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semana na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado, na vila portuguesa de Viana do Castelo.

Masiva participación internacional e moi boa organización do evento, no que se combinaba a proba atlética cunha camiñada pola vila de Viana. Participaron máis de 1.000 persoas, entre elas, quince deportistas e adestradores do noso club.
O keniata Evans Taieget, cun tempo de 1:03:21, foi o vencedor da Meia Maratona, seguido do ruso Oleg Kulkov, e o portugués Sergio Silva.
Borja Cadilla, mellorou a súa mellor marca en 3 minutos, facendo un tempo de 1:37:07. Pola súa banda Luis Sández no seu debut na proba fixo un meritorio tempo de 1:45:33.

O atleta guardés ocupou o posto 675 e Luis o 1030, dos 1475 atletas que conseguiron rematar a proba (o último cun tempo de 2:33:19).

Noraboa a Luis e Borja, que seguen a súa preparación para o Campionato Galego de Campo a Través. Felicitar tamén aos seus adestradores José Morais, Roberto Trigo, David Parada, Mario Lomba e Pepi Vázquez, polo seu enorme e solidario traballo.

Actos do 30 Aniversario do Centro San Xerome



Velaquí vos deixamos a nota de prensa íntegra que baixo o título 1981 – 2011:  30  anos construídos entre tod@s foi remitida á nosa Redacción, ao igual que varias imaxes dos inicios do Centro San Xerome:

"O próximo martes día 8 de febreiro, cumpriremos 30 anos de existencia. A nosa historia estase a escribir con sucesivos capítulos cheos de incógnitas, dúbidas, dificultades e satisfaccións, pero nos que o apoio moral, económico e solidario do noso entorno tivo e segue tendo unha gran importancia, suplindo durante anos o abandono e as carencias da Administración. A colaboración cidadá foi clave no noso desenvolvemento.

Queremos celebrar este aniversario, ó longo do 2011, con diferentes actos nos que necesitamos sentir moi preto ese apoio, o estímulo e impulso das persoas que continúan ao noso lado: familias, voluntarios, colaboradores … para renovar as nosas forzas, de cara a acometer os importantes retos que se aveciñan.


O martes día 8, festividade de San Xerome Emiliani, iniciaremos as celebracións e imos facelo coa colaboración do Concello da Guarda. A actividade vai consistir na plantación de 30 carballos na zona do Montiño (Monte Trega), simbolizando estes 30 anos de actividade. Cada carballo terá un valor simbólico, un obxectivo, un logro ou unha reivindicación relacionado co ano correspondente.


A actividade, aberta a todas as persoas que queiran participar, consistirá no seguinte:

- Saída do Cole ás 10 h. da mañá (rúa Galicia, 23)
- Camiñata ata o Montiño
- Prantación dos 30 carballos
- Regreso a pé ata o Cole, aproximadamente ás 12 h.

¡Agardamos a vosa participación!



30 anos, 30 proxectos, obxectivos, logros e reivindicacións.

Estes son os grandes titulares, a letra pequena irémo-la debullando ó longo destes 11 meses de celebracións.

• 1981: Inauguración - Inicio da historia

• 1982: Subsistencia grazas ó peto, a esmola, a caridade…

• 1983: Colectivo de Mariñeiros, empresas e socios, substitúen economicamente á Administración

• 1984: Primeiras axudas de organismos oficiais

• 1985: Primeiras actividades de ocio e creación do grupo de baile “Arco da vella”

• 1986: O invernadoiro xa produce prantas e hortalizas

• 1987: Juan Francisco, Pablo, Miguelito… por fin teñen ascensor no Centro!

• 1988: Primeiro convenio económico coa Consellería de Educación

• 1989: Traslado do Cole á Sangriña, por obras. Outra vez escaleiras!

• 1990: Constitución da ANPA Joaquina de Otero, para apoiar a labor da Xunta Directiva da Asociación San Xerome

• 1991: Reivindicación diante do Presidente da Xunta para consegui-la finalización das obras do novo Centro.

• 1992: Primeira furgoneta

• 1993: Inauguración das obras de remodelación do Centro

• 1994: Abre as súas portas a Tenda Atalaia

• 1995: Constitución do Club Deportivo

• 1996: Posta en funcionamento do Programa de respiro familiar “A Casiña”

• 1997: Inicio das obras dos Talleres ocupacionais, e novo acceso pola Rúa Ramón Sobrino

• 1998: Creación do Centro especial de emprego de xardinería

• 1999: 25 centros galegos e portugueses na VII Convivencia intercentros no Cámping Santa Tecla.

• 2000: Cesión da Quinta das Mercedes na Gándara por parte do Bispado

• 2001: Presentación do documental “Eu son así”

• 2002: Fase de reflexión “O novo San Xerome”. Cambios no Organigrama

• 2003: Xerock. A loita contra a exclusión a golpes de rock and roll.

• 2004: Declarados entidade de utilidade pública

• 2005: Intensificación das actividades de ocio e integración co IES A Sangriña

• 2006: 25 aniversario (Homenaxe ós fundadores da Asociación e Festival IntegrAcción. “Música e solidariedade”).

• 2007: I Mostra da Camelia e I Poxa benéfica de arte

• 2008: En Europa co Proxecto Comenius, e nos escenarios co grupo de teatro Xeratrium

• 2009: Presentación do documental “Cantos rodados”

• 2010: Programa de ocio e vivenda con apoio. Presentación do documental “O sexo sentido”

• 2011: O futuro: Plan estratéxico e calidade

6 feb 2011

Xa está funcionando a Oficina Virtual do Oral



O seu sistema de información está preparado para que os contribuíntes realicen determinadas xestións tributarias a través de Internet de forma segura. O acceso a estas xestións se poden facer mediante o portal web do ORAL (oral.depo.es) ou o portal da Deputación de Pontevedra (http://www.depo.es/). En ambos casos se establece unha conexión segura e en tempo real coa aplicación do ORAL.

Unha vez identificado o contribuínte de forma segura a través do DNI electrónico se lle permite, en tempo real, xestionar e consultar:

• A súa información ou conta tributaria sen esixir unha segunda acreditación.
• Recibos en voluntaria, executiva ou incluídos nun expediente de apremio.
• Recibos pendentes
• Recibos de multas
• Expedientes de xestión
• Bens (inmobles, vehículos e actividades económicas)
• Localización na cartografía oficial do Catastro
• Domiciliación dos seus recibos
• Alta de autoliquidación de vehículos (só municipios con convenio: Lalín, O Porriño, Ponte Caldelas e Pazos de Borbén)
• Posibilidade de pago de recibos
• Posibilidade de imprimir os seus recibos para poder pagalos posteriormente no seu banco e/ou caixa
• Datos fiscais do contribuínte.

3 feb 2011

O V Torneo de Cachiza de Pías, o sábado 5 de marzo



Xa queda pouquiño! Velaquí vos deixamos o cartel do V Torneo de Cachiza de Pías. San Gregorio, 2011, así como o enlace ás fotos da pasada edición.