Información facilitada e redactada por Roberto Valladares.
Despois de ter estreado a finais do ano pasado un Peugeot 206 XS o equipo rosaleiro formado por Javier Riveiro e Abel Martínez, renovan aposta nos rallyes do norte de Portugal con esta montura. Patrocinando este proxecto están:
• Bar D'Bute
• Moto Bar Queima Roda
• Xestoría Asnela
• Nahomar
• Bar Skape 34
• Cafés Musetti
• Transportes Los Gemelos
• Materiais de construción J. Rivero
Esta temporada vai comezar no Rali de Barcelos, proba puntuable para o campeonato Open de Ralis Portugués e organizada polo Clube Automóvel do Minho. Disputarase o sábado día 12, cun percorrido de 169'27 km, dos cales 69'11 km son cronometrados.
Como novidade, este rally introduce tres quilómetros en delicados pisos de terra. Nesta proba tamén sairá o equipo de San Xoán de Tabagón, formado por José Rodríguez e Óscar Rodríguez, co seu Opel Corsa GSI.
¡Moita sorte a ambos!
0 comentarios:
Publicar un comentario