TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

1 feb 2011

A Policía Local xa conta cun novo vehículo




Recentemente o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, presidía na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) de A Estrada, a entrega de 20 vehículos todoterreo e 20 motos para a Policía Local de Galicia.

A este acto asistían alcaldes dos municipios beneficiarios, os directores xerais de Administración Local e Emerxencias -Norberto Uzal e Santiago Villanueva- así como o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Ao igual que O Rosal recibiron motos os concellos de Barbadás, Betanzos, Boiro, Bueu, Cambados, Cambre, A Guarda, Melide, Nigrán, A Pobra, Poio, Porriño (2), Ribadeo, Ribeira (2), Salvaterra, Sanxenxo e Soutomaior.

Estas motocicletas de patrulla teñen un deseño e rotulación similar aos vehículos de catro rodas, como poden ser os logos, símbolos, teléfonos de emerxencia, etc. En canto ao seu equipamento, contan cun mastro de luces, luces tipo led, sirena, mando de control, carenado dianteiro para a protección aerodinámica, barras de protección laterais e maletas homologadas e/ou compartimento de carga, con capacidade para aloxar o equipamento básico e as prendas de reserva do motorista.

Segundo afirman os axentes da Policía Local rosaleira “esta moto Piaggio de 300 cc é de patrulla e desprazamento” destacando que “a bo seguro resultará de gran importancia para o servizo dos veciños, en canto a mobilidade e proximidade, xa que poderá acceder a puntos aos que co coche sería imposible ou moi difícil chegar”.

0 comentarios:

Publicar un comentario