Os atletas Luis Sández, de Tui (na imaxe chegando á meta) e Borja Cadilla, de A Guarda, pertencentes ao Club Deportivo San Xerome, participaron o pasado fin de semana na XIII edición da Meia Maratona Manuela Machado, na vila portuguesa de Viana do Castelo.
Masiva participación internacional e moi boa organización do evento, no que se combinaba a proba atlética cunha camiñada pola vila de Viana. Participaron máis de 1.000 persoas, entre elas, quince deportistas e adestradores do noso club.
O keniata Evans Taieget, cun tempo de 1:03:21, foi o vencedor da Meia Maratona, seguido do ruso Oleg Kulkov, e o portugués Sergio Silva.
Borja Cadilla, mellorou a súa mellor marca en 3 minutos, facendo un tempo de 1:37:07. Pola súa banda Luis Sández no seu debut na proba fixo un meritorio tempo de 1:45:33.
O atleta guardés ocupou o posto 675 e Luis o 1030, dos 1475 atletas que conseguiron rematar a proba (o último cun tempo de 2:33:19).
Noraboa a Luis e Borja, que seguen a súa preparación para o Campionato Galego de Campo a Través. Felicitar tamén aos seus adestradores José Morais, Roberto Trigo, David Parada, Mario Lomba e Pepi Vázquez, polo seu enorme e solidario traballo.
0 comentarios:
Publicar un comentario