TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

2 feb 2011

Singular protesta de J. Enrique (A Competencia)



José Enrique Rodríguez Vicente, propietario do rosaleiro Bar A Competencia, situado en plena Praza do Calvario, realizará hoxe -xoves 3 de febreiro e durante todo o día- unha SINGULAR PROTESTA nas inmediacións do seu local pola nova Lei Antitabaco. Segundo José Enrique “dende que esta lei entrou en vigor trátannos como a apestosos".
 

O empresario, que leva cinco anos rexentando este coñecido establecemento da vila, afirma que “a maioría dos nosos clientes están en contra desta lei” e quéixase das importantes inversións que tiveron que soportar el e os demais hosteleiros hai dous anos para que agora, dende xaneiro, “nos cambien todo e nos teñan de brazos cruzados, con menos ingresos, menos clientes e maior descontento”.

José Enrique recalca que “iso si, prohíbese fumar pero aumentan os sitios onde se pode vender o tabaco… hai cousas que non se entenden”. Reclama abertamente que "haxa máis respeto entre todos" e “a ver se esta pequena acción individual da pé a unirnos ou a que se tomen medidas. Cada local debe ter o dereito a elixir, ten que haber unha alternativa, ¿non estábamos ben como estábamos antes da Lei Antitabaco?”

Nunhas horas saberemos máis da súa manifestación-protesta.

0 comentarios:

Publicar un comentario