FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 jul 2012

CRUZ ROJA E ANABAM ORGANIZAN UNHA RUTA GUIADA POLAS MARISMAS E A RIBEIRA FLUVIAL DA DESEMBOCADURA



Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja

El próximo domingo 2 de septiembre a partir de las 11:00 h y hasta las 13:30 h, en la desembocadura del Miño, los voluntarios del proyecto Moviéndonos por el Río, en coordinación con la Asociación Ecologista Anabam, realizarán una visita guiada para todas las personas que lo deseen a la “Zona de Las Marismas y la Ribera Fluvial de la desembocadura del Río Miño”.
 
Todas las personas interesadas podrán inscribirse de forma gratuita a través de los siguientes medios:

Tlf: 986 61 46 09/ 606 34 84 71; laguardia@cruzroja.es; y/o en la sede de Cruz Roja Baixo Miño: c/Agustín Nandín Lomba, nº1 Bajo (al lado de la iglesia parroquial de A Guarda).

Debemos destacar que el punto de encuentro para la andaina será la Estación Ornitolóxica de Anabam (al lado de O Ferry de A Guarda) y contaremos con un autobús que nos llevará al punto de encuentro al finalizar la jornada.

El objetivo de Cruz Roja con esta actividad, es el de crear redes de participación, las cuales a través de la figura del voluntariado ambiental, y de la concienciación de la sociedad, actúen a favor de la protección del medio ambiente.

Además, nuevamente gracias a la participación de nuestras/os voluntarias/os, pretendemos sensibilizar e informar para implicar a la ciudadanía en la conservación y recuperación del medio fluvial.

Esta iniciativa surge del compromiso de Cruz Roja Española con los colectivos más vulnerables y que se plasma en una de sus líneas de actuación más relevantes, promover la educación y la dimensión ambiental en todas las áreas de actuación de Cruz Roja como eje transversal y de acción indirecta para reducir la vulnerabilidad y mejorar la calidad de vida de las personas, según el Plan de Acción de CRE 2007/11 y los dictámenes aprobados por la IV Asamblea General de Cruz Roja Española ( 2007).

O ESCRITOR ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE SERÁ O PREGOEIRO DA VI FESTA DO PERCEBE 2012 DE VILADESUSO (OIA)



O historiador, escritor e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe será o encargado de ler o pregón da VI Festa do Percebe que se celebra o domingo 12 de agosto en Viladesuso (Oia).

Ás 12 da mañá, o pregoeiro dirixirase ao público asistente, para de seguido comezar a degustación de percebes, polbo á feira, chipiróns, chocos á prancha, mexillóns ou mesmo empanada.


Xoán Martínez Tamuxe foi convidado pola Organización en recoñecemento á súa traxectoria histórico-literaria e sobre todo, por ter escrito dous libros sobre Viladesuso, ambos con Agustín Alonso Rodríguez, como coautor.


O primeiro, publicado en 1996, foi editado polo Concello de Oia e leva o título de Parroquia de San Miguel de Viladesuso. O segundo, que saíu á luz en 1998, Plaza de "O Eirado" en Viladesuso. I Centenario, 1898-1998, editado pola Comunidade de Montes de Viladesuso.

30 jul 2012

LIROLAI PARTICIPA EN "VAS SACAR NOTA 2012", CONCURSO DA RADIO GALEGA

(Foto: Lirolai)

O grupo de música tradicional LIROLAI participará en "VAS SACAR NOTA 2012" -concurso da Radio Galega- coa canción O salón parroquial.

Lembramos que Lirolai "nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.

O grupo consta de trece compoñentes, seis homes e sete mulleres que interpretan repertorio cantado, pezas de pandereteiras, temas instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así coma versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.

Realiza concertos por toda a xeografía galega e mesmo destaca un concerto no centro galego de Vitoria-Gasteiz e en varias localidades portuguesas. Participa tamén en varios programas de televisión, destacando “Vaia troula” “A solaina” ou “Luar”.

XORNADAS MUSICAIS ORGANIZADAS POLA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL


Informa: Montserrat Domínguez Otero/ A.M. do Rosal

Os días 20, 21 e 22 de agosto o Auditorio Municipal acollerá unhas Xornadas Musicais organizadas pola Agrupación Musical do Rosal.

As especialidades que se impartirán son:

- Trompeta, por Rafael Carracedo Crespo

- Trompa, por José Manuel González Diego

- Trombón, por Francisco Sevillá Gonell

- Gaita, por Daniel Bellón


27 jul 2012

TORNEO DE FÚTBOL 7 ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MAMED DE PEDORNES. 28 E 29 DE XULLO DE 2012

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

Os días 28 e 29 de xullo de 2012 celébrase no campo de fútbol das Tornas, en Santa María de Oia, un torneo de Fútbol 7 organizado pola Asociación Cultural San Mamed de Pedornes.

Contémplase un máximo de 16 equipos, cun máximo de 12 xogadores por equipo. Para inscribirse hai que chamar a un dos seguintes números de teléfono: 687 602 779 (Jose) ou 616 292 807 (Luis), e cada equipo debe pagar 80 euros en concepto de inscrición no torneo.

O sorteo dos partidos celebrarase o venres 27 de xullo ás 21.30 h. no Bar A RIÑA de Sta. María de Oia, e rógase que asista ao sorteo un representante de cada equipo.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados no torneo:

1º clasificado: 300 euros e trofeo.

2º clasificado: 150 euros e trofeo.

3º clasificado: 80 euros e trofeo.

O torneo comezará a disputarse o sábado 28 ás 10.00 h.

Nota: nos bares dos arredores haberá menús económicos.











EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO CENTRO CULTURAL DE PEDORNES (OIA)



Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

As Asociacións Cultural “San Mamed” e de Veciños “A Muruxeira” da parroquia de Pedornes, en colaboración con ANABAM e co apoio de Team Minho, organizan unha nova exposición fotográfica no Centro Cultural da citada parroquia.

A exposición consta de máis de 100 instantáneas de bolboretas, cabaliños do demo e libeliñas. Todas as fotos de bolboretas foron tomadas pola profesora e fotógrafa Laura Lago, a cal é colaboradora habitual de ANABAM.

Neste caso, exponse un total de 43 fotografías de bolboretas a toda cor e presentadas sobre cartolinas, amosando o seu nome científico e, nalgúns casos, tamén o nome común, así como o lugar onde foron tiradas: Folgoso do Caurel, Rubiá, Lleida, Noia, e moitas delas na comarca do Baixo Miño (concellos de Oia, Tomiño, A Guarda e O Rosal).

De cando en vez, engádense textos explicativos acerca dos seus depredadores, as formas aberrantes, a cópula, a orixe da palabra lepidóptero, anécdotas como a acontecida coa Cacyreus marshalli (que chegou de África a través do comercio de xeranios), ou curiosidades como a de Melitaea sp. (coas dificultades para identificar especies deste xénero), Maculinea alcon (cun ciclo vital fascinante), Polygonia c-album (que mimetiza o contorno confundíndose cunha folla seca ou cunha cortiza), Parnassius apollo (a raíña das bolboretas peninsulares) Zerynthia rumina (unha das bolboretas máis fermosas de Galicia) ou a Charaxes jasius (a bolboreta máis grande que voa en Galicia, e a que ANABAM lle creou un bosque dunha hectárea na ladeira do monte Santa Trega).

Por outra banda, a exposición inclúe máis de 60 fotografías de diferentes especies de odonatos (Cabaliños do demo e Libeliñas), tanto galegas como de fóra da nosa comunidade, que foron elaboradas co gallo do curso de odonatos que ANABAM organizou o pasado mes de xuño.

Unha boa parte das instantáneas foron tomadas polo especialista e profesor da Universidade de Vigo, Adolfo Cordero Rivera por diferentes partes do mundo (Australia, Namibia, Cuba, Italia, Perú, Azores, Kenia, México, Colombia, Portugal, Fiji, Xapón, Málaga, Zamora ou Cáceres).

O resto das fotografías foron tomadas maioritariamente no contorno natural do Baixo Miño por Laura Lago e dous membros de ANABAM, Luís Dorado Senra e Manuel Ángel Pombal Diego. Todas as fotos de odonatos inclúen o seu nome científico, o lugar onde foi tomada e o seu autor. Ademais, para algunhas especies, están montadas por pares as imaxes do macho e da femia, podendo visualizar o dimorfismo sexual que presentan.

A devandita exposición poderá visitarse os días 22, 25 e 29 de xullo, así como o 4, 5, 6 e 7 de agosto de 16.30 a 22.30 h.

23 jul 2012

O ROSAL CELEBRA OS DÍAS 24 E 25 DE XULLO AS FESTAS DO PILAR 2012



Os días 24 e 25 de xullo celébranse no Rosal as Festas do Pilar 2012.

O martes 24, a partir das 22:30 horas terá lugar a VERBENA amenizada polas orquestras MANILA E AMERIKAN TOP.

O mércores 25, ás 12:00 h, MISA SOLEMNE cantada pola CORAL DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.

Ás 21:00 horas, CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL no Auditorio Municipal.

A partir das 22:00 h., VERBENA amenizada pola orquestra TAMBO.

As mostras que se inauguraron o 13 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e na Cámara Agraria, estarán abertas estes días ao público.

MANUEL GONZÁLEZ, BRONCE COA SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT CELEBRADO EN LORCA



Fotografías: Club Ciclista O Rosal / RFEC.

Manuel González, corredor do Club Ciclista O Rosal, e recentemente proclamado Campión de Galicia de BTT, ven de conseguir este fin de semana en Lorca (Murcia) un meritorio terceiro posto coa Selección Galega no Campionato de España da modalidade.


Tal e como se pode ler na web do C.C. O Rosal: "Nova fazaña do ciclismo rosaleiro da man do Campión Galego de BTT do Club Ciclista O Rosal, Manuel González que se pendura do "pescozo" a Medalla de Bronce no Campionato de España de BTT XCO na modalidade de relevos integrado na Selección Galega, no que facía equipo coa ciclista de Vilaboa, Lucía Vázquez, o salvaterrán Mauro González e o macedense Pablo Rodríguez".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!

YASIR MARTÍNEZ, PODIUM EN CANGAS E VENCEDOR DO G.P. DO MEIXOEIRO



O ciclista do CC. O Rosal, Yasir Martínez, que viña de conseguir o pasado 14 de xullo un terceiro posto no VIII Trofeo organizado polo Club da Vila de Cangas, proclamouse vencedor este sábado do Gran Premio Ciclista do Meixoeiro, en categoría benxamín. (Fotos Club Ciclista O Rosal).


Podes ler a crónica completa na web do club rosaleiro. 


 

NOVO ÉXITO DO II CAMPUS ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN. O ROSAL 2012



Información e imaxes: Aurora Lomba / Atlético Novás

O pasado venres 13 de xullo, celebrouse no pavillón municipal do Rosal o II Campus de Balonmán Atlético Novás, cun novo éxito de participación e público.



Este campus-campamento estivo destinado a nenos de entre 10 e 15 anos, recibindo cada un bocadillo e auga, así como unha camiseta blanca conmemorativa, de recordo do evento.


CRUZ ROJA ESPAÑOLA DISTRIBUIRÁ 33 MILLÓNS DE KG/LITROS DE ALIMENTOS ENTRE AS PERSOAS DESFAVORECIDAS


Informa: Neli Rodríguez / Cruz Roja Española

Cruz Roja Española distribuirá 33 millones de kg/litros de alimentos entre cerca de un millón de personas desfavorecidas dentro de su Plan de Alimentos 2012, que depende del Fondo Español de Garantía Agraría (FEGA), encuadrado en las medidas de regulación del mercado de productos agroalimentarios de la Política Agrícola Común (PAC).
El reparto en la provincia de Pontevedra, lo realiza Cruz Roja Española y la Federación Española de Bancos de Alimentos. Cruz Roja distribuye a 16.257 personas, a través de 92 entidades.

Como novedad en esta fase, y debido a la actual crisis, se ha organizado la entrega de alimentos también para las personas que atendemos directamente en los programas de Cruz Roja a través de nuestras Asambleas en A Estrada, Baixo Miño, Salnés, Vigo, Ponteareas y Pontevedra. En concreto, desde la sede de Cruz Roja en Baixo Miño se han entregado paquetes de alimentos a 22 familias de las que atendemos habitualmente.

En esta primera fase se repartieron leche, pasta y galletas. En total, 85.778.6 kilos de alimentos se pondrán gratuitamente a disposición de las personas que lo necesitan.

Entre los alimentos que se van a distribuir en las siguientes fases figuran productos lácteos como leche, derivados de cereales como distintos tipos de pasta alimenticia y galletas, además de arroz, y legumbres como lentejas, garbanzos, y alubias, y otros alimentos como aceite, conservas de atún, fruta confitada en conserva y alimentos destinados a la población infantil como potitos, papillas de cereales y leche de continuación.

Esta ayuda va dirigida a individuos o grupos familiares especialmente vulnerables, como son grupos familiares con menores y/o ancianos a su cargo, familias monoparentales, disminuidos físicos, psíquicos o sensoriales, personas incapacitadas para el trabajo o afectadas por toxicomanías o Sida, menores en situación de desamparo, mujeres maltratadas, minorías étnicas, inmigrantes, refugiados, asilados, ex reclusos, transeúntes, y ancianos perceptores de las pensiones más bajas. En todo el Estado se estima en torno a un millón de personas beneficiarias finales.

El ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, fue el encarcado de presentar ayer la aplicación en España del Plan de ayuda alimentaria a las personas más necesitadas de la Unión Europea 2012. España ha recibido de la Comisión Europea la asignación de 80,4 millones de euros para su ejecución, cantidad con la que se han adquirido 67,4 millones de kilos de alimentos.

La distribución de estos alimentos por toda la geografía peninsular e insular la llevan a cabo Cruz Roja Española y la Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) -50% cada una-, a través de 109 centros de almecenamiento y distribución y beneficiarán a 2 millones de personas.

Como novedad, en 2012 la normativa comunitaria ha permitido ampliar la gama de productos alimenticios que se pueden adquirir para ser distribuidos a las personas más necesitadas, de manera que, además de productos lácteos (leche UHT y leche de continuación en polvo) y de cereales (pasta, galletas, cereales infantiles), por primera vez, se han podido incorporar a la 'cesta de alimentos' legumbres, aceite de oliva, conservas de pescado, así como zumos, fruta en conserva y alimentos infantiles.

Para la selección de esta 'cesta', el FEGA, en colaboración con expertos en nutrición, adquirió estos alimentos a través de licitaciones públicas. Está compuesta por 16 productos de fácil transporte y almacenamiento, poco perecederos y, sobre todo, de carácter básico, de manera que los beneficiarios finales puedan preparar fácilmente una comida completa para una persona o para una familia con varios miembros, incluidos bebés.

COÑECE A ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL



A Agrupación Musical do Rosal, que preside Iván Diego Martínez, informa que a súa Escola de Música abrirá o prazo de inscrición para o curso 2012-2013 o vindeiro 3 de setembro e se prorrogará ata o día 14 dese mes.

A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está inscrita no rexistro de escolas de música da Xunta de Galicia, dende o ano 1997, e polo tanto, autorizada para impartir ensinanzas musicais. (Centro 36000843).

Para máis información, podes contactar coa Agrupación nos teléfonos 986 62 63 11 / 609 866 792.

12 jul 2012

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO ESCULTOR ROSALEIRO JULIO MARTÍNEZ



Este venres 13 de xullo, ás 20 horas e coincidindo coa inauguración da XX edición da Feira do Viño do Rosal, abrirase ao público a exposición do escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez, xa un "clásico" deste tipo de eventos culturais.

Igualmente, a Sala do Concello acollerá dúas mostras fotográficas, unha de José Carlos Castro Martínez, da Guarda, e outra das imaxes gañadoras dos participantes do concurso "Camiño Portugués da Costa".

Por outra banda, se celebrará no mesmo recinto a XIX Exposición Filatélica do Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" que preside Alfonso Dorado Senra.

11 jul 2012

CÁSTOR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ DEDÍCALLE UNHA POESÍA A FLORINDO


O xuíz de Paz, Cástor Rodríguez González dedicoulle na homenaxe ao pintor rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, esta expresiva poesía, que compuxera en 2008, titulada O ROSAL.

Cun lapis de pintor fino
alguén debuxou esta terra;
fíxolle río e mar,
deulle forma de vieira.

Por ver así tan fermoso
este premio á natureza,
o nome do seu bautizo
foi a árbore de roseira.

Rapaciños do lugar,
xuntos coa Coral e a Banda,
honrade cun himno a este pobo
e cantádello ó mundo enteiro.

Subide ó Niño do Corvo
e máis ó Campo do Couto,
alí atoparedes as musas
vendo un ceo de emocións
para inspirarvos dabondo.

Mirade como chega o Miño,
canso de terras meigas;
escapa por matos e leiras
co medo a entrar no mar
de augas bravas e frescas.

Oíde o cantar dos carros
na costiña do Picón,
van pola leña ó monte;
as pegadas que deixaron
falan de onte e de hoxe.

Visitade os muíños,
saben moito de bos contos...,
pois mentres saía a fariña,
das conversas que alí había,
a moa, voltas e voltas,
ía gravando cousas.

Abride ben eses ollos,
que cadro tendes ós pés!,
verxel de viñas e hortas,
laranxeiras e máis flores...

Fillos da terra do val,
aquí orgullosos nacidos,
que ben estades criados
neste recuncho escollido.

Cástor Rodríguez Martínez
O Rosal, outono de 2008.

SUEÑO POÉTICO DE MI MARZÁN, POR FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ



O investigador rosaleiro, Juan Ramón Martínez Barbosa, foi o encargado de ler no recoñecemento público e institucional a Florindo Álvarez Martínez, "Floro de Pancenteo", unha das primeiras colaboracións literarias, que o homenaxeado publicou no libro "Romería de San Vicente", dirixido daquela por J.M. del Tamuxe (Xoán Martínez Tamuxe) e editado pola Comisión de Festas, no ano 1974. 



O artigo titúlase "SUEÑO POÉTICO DE MI MARZÁN".

"Es un día inundado de sol. Tu valle, Rosal, está manchado de luz. En lo alto, en alguna parte, dejo que sus rayos me acaricien y me duermo con ojos abiertos; al despertar dormido, pienso que soñé despierto.

... Y amo a este pueblo, que contemplo desde aquí; a tus mil colores verdes, que el Sumo Creador pintó en ti. A tus casitas, sembradas con mimo, de chimeneas humeantes, de lares encendidos, con saudade de emigrantes. A tus pájaros cantores, de alegres amaneceres, que con sus trinos del Valle, son despertadores.

Nubes violeta por encima del Miño, se fueron manchando de rojo rubí, a medida que el sol salía perezosamente, de su sueño de día, en otro horizonte.

... Y escucho a la brisa, repetir con su queja, entre campos y pinos; alboradas y rimas de tus poetas, amantes de su arte, cantores de su tierra; ignorados de sus vecinos, algunos familiares y a veces... mandatarios. Ríos, montes y caminos, contemplaron vuestro febril presente literario; y que ni una sola piedra, perpetúe y rememore vuestro fértil pasado de poetas...

La tierra pierde su verde de invierno, la tierra labrada con esperanza de cosecha. El pan de mañana de la tierra manará, por la bondad de este Valle y la fe del labrador.

... Y siento a tu gente, marchar de la tierra, por falta de un medio y algunos apoyos para trabajar en ella. Se van un día, con tristeza en el alma, buscando un destino en otro horizonte; ahogando sus penas con fingida alegría, como buen emigrante. Y otros que quedan, disputan y pelean por unas rencillas, de riegos y fincas, por cosas pequeñas, y que a veces... son familia.

Un barquito de papel, se desliza suavemente por un afluente dle Miño, que baña a todo un Rosal, navegando por la ilusión de un niño, que quiso ser capitán.

... Y sueño con caras alegres, lavadas de día, con lágrimas de noche, perfumadas con rosas, de todos tus jardines y de todas tus plazas. Con luces y fuentes, y en calles con nombres, de nuestros paisanos, que fueron ilustres "allende tu Valle". Con gentes que hacen, que no sólo dicen, unidas a una en causa común. Con el pronto regreso, a luchar por su tierra, de tanto emigrante, por el mundo disperso. Y con la esperanza, en la luz del mañana, y en la fe a su pueblo, de un buen cultivador.

Fue un día muy hermoso. Manchas de luz y de sol acariciaron mi espíritu y fue así, como una vez más, despierto o... dormido, sin pinceles, ni colores, pinté tu cuadro más bonito, Valle de El Rosal, mi pueblo querido.

Verano - Otoño de 1974.
F.ÁLVAREZ MARTÍNEZ"


O ROSAL HOMENAXEA A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ, "FLORO DE PANCENTEO", DEDICÁNDOLLE UNHA RÚA




O Rosal homenaxeou este sábado 7 de xullo ao pintor e debuxante rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como "Floro de Pancenteo".


Abriu o acto de recoñecemento o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, quen deu a benvida ao público asistente, lembrando que xa hai uns meses a Corporación Municipal aprobara renderlle esta homenaxe no día que Florindo cumpriría 66 anos.


A Praza do Xogo en Pancenteo (xuradía de Marzán) foi testemuña do primeiro descubrimento das pracas que deron nome á nova "Rúa Florindo Álvarez". A segunda e última parada foi diante da propia casa do homenaxeado.



Amenizou este evento o grupo Airiños do Folón, que actuou en varias ocasións con tradicionais pezas musicais ao son da gaita. Así mesmo, Lúa, interpretou ao clarinete o himno galego.



A concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, realizou un resumo biográfico de Florindo baseado nas investigacións e entrevistas ao homenaxeado por parte do historiador local Xoán Martínez Tamuxe, destacando que "a súa primeira experiencia co debuxo e a pintura a tivo xa dende moi pequeno, sendo o seu profesor o mestre D. José Couto Macía".


Lembrou así mesmo Tabales Perozo que "os seus temas preferentes eran os estados anímicos, esceas presididas pola sensibilidade, caracteres..." resaltando nas propias palabras de Florindo que "algunha vez a emprendo cun bodegón ou natureza morta..."



Como resaltamos en varias ocasións, as súas obras estiveron expostas en multitude de salóns da xeografía galega e española sobre todo en Madrid, con cadros repartidos por medio mundo (Suiza, Brasil, Estados Unidos, etc). Florindo Álvarez Martínez tamén foi concelleiro no Rosal ou mesmo colaborador de prensa, de revistas, e de traballos literarios e históricos.


O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe eloxiou as virtudes humanas, poéticas e artísticas de Florindo e recordou o contido do libro Romería de San Vicente, que se publicou en 1975 con motivo das festas dese santo, incidindo en que "un dos grandes colaboradores desa monografía foi Florindo. Alí recolleuse unha entrevista con el e unha colaboración literaria, quizais das primeiras".


O investigador local Juan Ramón Martínez Barbosa foi o encargado de ler dita composición, cargada de simbolismo e amor, tanto á vila rosaleira como aos seus paisanos. O seu título: "Sueño poético de mi Marzán".


O xuíz de Paz do Rosal, Cástor Rodríguez González, na súa intervención, rememorou o seu primeiro encontro con Florindo, destacando que era un home dunha gran sensibilidade e coñecedor do patrimonio histórico-artístico do Rosal. Por iso, aproveitou para sumarse a esta homenaxe dedicándolle un fermoso poema.




María Elena e Luis Alberto Martínez Durán foron os familiares encargados de descubrir as pracas e agradecer publicamente esta emotiva homenaxe, así como ensalzar igualmente a figura vital de "Floro". Como colofón agasallouse a cada asistente co libro de Florindo Álvarez Martínez, Pedras e Paisaxes de O Rosal, editado pola Fundación O Rosal en 2007 (2ª ed.), con limiar do laureado escritor e poeta baixomiñoto, Eliseo Alonso e textos do mencionado historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.



A nota dedicatoria rezaba así: "A O Rosal que me viu nacer e ás súas pedras e paisaxes que me ensinaron a debuxar". 


Ver a reportaxe fotográfica completa aquí.

9 jul 2012

PRESENTACIÓN DA XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2012 NO LAGAR DE EIRAS



O Lagar de Eiras acolleu o pasado venres 6 de xullo a Presentación da XX Feira do Viño do Rosal 2012.


Presidiu este acto o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, acompañándoo na mesa principal a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o presidente da Cámara de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, a técnica da Oficina Agraria Comarcal do Rosal, Clara Pousa Ortega e a recoñecida adegueira Rosa Ruiz.


Deu a benvida o Alcalde, resaltando que esta Feira xa consolidada, "constitúe un atractivo turístico, gastronómico e por suposto, enolóxico para o Baixo Miño e a provincia".

Fernández Portela destacou que todas as adegas participantes pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal. Igualmente salientou o intercambio existente con Ponte de Lima (Portugal), de non venda, pero que traerá os seus viños e produtos para publicitar o turismo gastronómico.


Anunciou o Alcalde, así mesmo que esta XX edición da Feira será inaugurada por Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sendo o pregoeiro da mesma Javier Castro Pérez, catedrático da E.U. de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.  

A XX Feira do Viño do Rosal -que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xullo- acollerá tamén o venres a presentación en sociedade do novo escudo e a bandeira oficiais do Concello, xa legalizados.


Clara Pousa Ortega sinalou que "o sábado a partir das 10 h., -e organizada pola OAC- terá lugar unha conferencia a cargo da Dra. Mar Vilanova e haberá unha cata comentada que será impartida por Iria Otero".


Pola súa parte a veterana adegueira Rosa Ruiz desexou que "aunque la producción de vino este año será menor, espero que venga mucha gente, que se lo pase bien, que no llueva y que la Feira sea un éxito".




A concelleira Charo Tabales Perozo resaltou que co programa cultural deste ano se busca, ao igual que en anos anteriores, "dar a conocer los talentos que tenemos, las más variadas y muy trabajadas manifestaciones del arte de nuestros vecinos y vecinas".


A sala de exposicións do Concello acollerá dúas exposicións fotográficas, unha de José Carlos Castro Martínez, da Guarda, e otra das imaxes gañadoras dos participantes do concurso "Camiño Portugués da Costa".


Por outra banda, lembrou que se celebrará no mesmo recinto a XIX Exposición Filatélica do Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" que preside Alfonso Dorado Senra, expondo igualmente as súas obras o xove escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez, un "clásico" deste tipo de eventos culturais.

Na Cámara Agraria do Rosal mostraranse as pinturas e debuxos do colectivo de alumnos/as da vila, así como de artesanía do grupo de mulleres "Por amor á arte", tamén rosaleiras.


Tabales Perozo rematou dicindo "en nombre de mi compañera Ángeles Vicente, de Turismo, recordarles que este año volverá a existir el punto de encuentro, con voluntarios/as que informarán a todos los visitantes de los recursos turísticos de la zona".


Gumersindo Alonso finalizou a quenda de intervencións, afirmando que a Cámara de Tui "apuesta por el Turismo y el sector vinícola, por esta Feira do Viño do Rosal. Tenemos que promocionarnos, necesitamos más presencia, por eso traemos a este evento a importadores de Brasil y Colombia".


O alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, pechou o acto convidando a todos/as á inauguración que se celebrará este venres 13 de xullo ás 20:00 horas na Praza do Calvario, desexando haxa un ambiente de cordialidade e amizade, xa que está en xogo a imaxe turística e cultural do Rosal.

O ATLETA ROSALEIRO DAVID GÓMEZ, DI ADEUS A LONDRES, PERO LOITARÁ POR ESTAR NOS XOGOS OLÍMPICOS DE RÍO


David saudando onte ao público de Balaídos. (Foto: Marta G. Brea/Faro de Vigo)

O atleta rosaleiro David Gómez Martínez quedouse ás portas de asistir aos seus terceiros Xogos Olímpicos consecutivos. Onte era a última oportunidade a nivel mundial para establecer rexistros válidos e alcanzar a mínima en decathlon, tras a súa participación en Atenas 2004 e Pekín 2008.


Segundo as súas propias palabras "Al final no ha podido ser y Londres se ha convertido en un sueño inalcanzable. En el día de ayer en la pista viguesa de Balaídos intenté alcanzar mi sueño de estar por tercera vez consecutiva en unos Juegos Olímpicos, pero ese sueño se esfumó cuando parecía cada vez más cerca".

David relata o acontecido, confésase na súa web e afirma agradecido "El ambiente en la pista este fin de semana ha sido brutal, mirase a donde mirase siempre había alguien animándome, he estado en dos JJOO pero nunca había experimentado esto. Quiero dar las gracias a todos los que han acudido y me han animado este fin de semana en la pista y sobre todo a todos los que me han apoyado durante este año y que han creído en mí cuando las cosas se torcían".

Os principais medios de comunicación galegos recollen a actuación de David. Entre eles, Faro de Vigo titula "David Gómez se queda a las puertas de Londres. Un esguince cervical limitó al decatleta que se quedó a 78 puntos de la mínima olímpica B". E prosiguen afirmando que "destacan los 4,62 metros de su récord personal en la pértiga como prueba de su magnífico estado de forma actual, demostrando una condición óptima para pensar ahora en conseguir el título nacional dentro de un mes y medio en Pamplona".


La Voz de Galicia, proclama "A solo 78 puntos de Londres. En un esfuerzo coral del atletismo gallego, David Gómez rozó la mínima". "Se fue para su casa con 7.872 puntos, su segunda mejor marca de todos los tiempos y que no conseguía desde el 2004, cuando era la gran promesa de las combinadas. Se queda fuera de Londres con mejor marcas que cuando consiguió el billete para Atenas y Pekín. El listón está ahora más alto". "Perseguido por las lesiones, con los dos Aquiles maltrechos, rozó la gesta en unas pistas de Balaídos convertidas en una romería. Su objetivo se convirtió en un reto coral de todo el atletismo gallego: técnicos a pie de tartán, atletas que prueba por prueba tiraron de él y una grada con un club de fans desconocido para un deporte como el atletismo".

Isidoro Hornillos de La Voz de Galicia tamén lle dedica unha reseña laudatoria.

Pola súa banda, Atlántico Diario publica "Sin Londres, pero con Río en mente. David Gómez se quedó a 78 puntos de la mínima olímpica, lastrado por el disco, aunque volvió a su mejor versión" demostrando "su capacidad competitiva y dejó muestras de haberse recuperado de su cuatrienio en el infierno de las lesiones". "Río de Janeiro, con 35 años, es el horizonte. Si las lesiones dejan. Y si no, también. Balaídos fue una nueva batalla para este guerrero, pero no una batalla más. Es de las que alimentan".

"Dende Noticias O Rosal, o noso ánimo David e a nosa noraboa. Din que non hai dous sen tres. Quen a segue a consegue. ¡¡Grande, campión e a por Río 2016!!"