O Lagar de Eiras acolleu o pasado venres 6 de xullo a Presentación da XX Feira do Viño do Rosal 2012.
Presidiu este acto o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, acompañándoo na mesa principal a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, o presidente da Cámara de Tui, Gumersindo Alonso Gestoso, a técnica da Oficina Agraria Comarcal do Rosal, Clara Pousa Ortega e a recoñecida adegueira Rosa Ruiz.
Deu a benvida o Alcalde, resaltando que esta Feira xa consolidada, "constitúe un atractivo turístico, gastronómico e por suposto, enolóxico para o Baixo Miño e a provincia".
Fernández Portela destacou que todas as adegas participantes pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto á Subzona do Rosal. Igualmente salientou o intercambio existente con Ponte de Lima (Portugal), de non venda, pero que traerá os seus viños e produtos para publicitar o turismo gastronómico.
A XX Feira do Viño do Rosal -que se celebrará os días 13, 14 e 15 de xullo- acollerá tamén o venres a presentación en sociedade do novo escudo e a bandeira oficiais do Concello, xa legalizados.
Clara Pousa Ortega sinalou que "o sábado a partir das 10 h., -e organizada pola OAC- terá lugar unha conferencia a cargo da Dra. Mar Vilanova e haberá unha cata comentada que será impartida por Iria Otero".
Pola súa parte a veterana adegueira Rosa Ruiz desexou que "aunque la producción de vino este año será menor, espero que venga mucha gente, que se lo pase bien, que no llueva y que la Feira sea un éxito".
A concelleira Charo Tabales Perozo resaltou que co programa cultural deste ano se busca, ao igual que en anos anteriores, "dar a conocer los talentos que tenemos, las más variadas y muy trabajadas manifestaciones del arte de nuestros vecinos y vecinas".
A sala de exposicións do Concello acollerá dúas exposicións fotográficas, unha de José Carlos Castro Martínez, da Guarda, e otra das imaxes gañadoras dos participantes do concurso "Camiño Portugués da Costa".
Por outra banda, lembrou que se celebrará no mesmo recinto a XIX Exposición Filatélica do Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal" que preside Alfonso Dorado Senra, expondo igualmente as súas obras o xove escultor rosaleiro Julio Martínez Martínez, un "clásico" deste tipo de eventos culturais.
Na Cámara Agraria do Rosal mostraranse as pinturas e debuxos do colectivo de alumnos/as da vila, así como de artesanía do grupo de mulleres "Por amor á arte", tamén rosaleiras.
Tabales Perozo rematou dicindo "en nombre de mi compañera Ángeles Vicente, de Turismo, recordarles que este año volverá a existir el punto de encuentro, con voluntarios/as que informarán a todos los visitantes de los recursos turísticos de la zona".
Gumersindo Alonso finalizou a quenda de intervencións, afirmando que a Cámara de Tui "apuesta por el Turismo y el sector vinícola, por esta Feira do Viño do Rosal. Tenemos que promocionarnos, necesitamos más presencia, por eso traemos a este evento a importadores de Brasil y Colombia".
0 comentarios:
Publicar un comentario