O historiador, escritor e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe será o encargado de ler o pregón da VI Festa do Percebe que se celebra o domingo 12 de agosto en Viladesuso (Oia).
Ás 12 da mañá, o pregoeiro dirixirase ao público asistente, para de seguido comezar a degustación de percebes, polbo á feira, chipiróns, chocos á prancha, mexillóns ou mesmo empanada.
Xoán Martínez Tamuxe foi convidado pola Organización en recoñecemento á súa traxectoria histórico-literaria e sobre todo, por ter escrito dous libros sobre Viladesuso, ambos con Agustín Alonso Rodríguez, como coautor.
O primeiro, publicado en 1996, foi editado polo Concello de Oia e leva o título de Parroquia de San Miguel de Viladesuso. O segundo, que saíu á luz en 1998, Plaza de "O Eirado" en Viladesuso. I Centenario, 1898-1998, editado pola Comunidade de Montes de Viladesuso.
0 comentarios:
Publicar un comentario