O xuíz de Paz, Cástor Rodríguez González dedicoulle na homenaxe ao pintor rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, esta expresiva poesía, que compuxera en 2008, titulada O ROSAL.
Cun lapis de pintor fino
alguén debuxou esta terra;
fíxolle río e mar,
deulle forma de vieira.
Por ver así tan fermoso
este premio á natureza,
o nome do seu bautizo
foi a árbore de roseira.
Rapaciños do lugar,
xuntos coa Coral e a Banda,
honrade cun himno a este pobo
e cantádello ó mundo enteiro.
Subide ó Niño do Corvo
e máis ó Campo do Couto,
alí atoparedes as musas
vendo un ceo de emocións
para inspirarvos dabondo.
Mirade como chega o Miño,
canso de terras meigas;
escapa por matos e leiras
co medo a entrar no mar
de augas bravas e frescas.
Oíde o cantar dos carros
na costiña do Picón,
van pola leña ó monte;
as pegadas que deixaron
falan de onte e de hoxe.
Visitade os muíños,
saben moito de bos contos...,
pois mentres saía a fariña,
das conversas que alí había,
a moa, voltas e voltas,
ía gravando cousas.
Abride ben eses ollos,
que cadro tendes ós pés!,
verxel de viñas e hortas,
laranxeiras e máis flores...
Fillos da terra do val,
aquí orgullosos nacidos,
que ben estades criados
neste recuncho escollido.
Cástor Rodríguez Martínez
O Rosal, outono de 2008.
0 comentarios:
Publicar un comentario