TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

23 jul 2012

MANUEL GONZÁLEZ, BRONCE COA SELECCIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT CELEBRADO EN LORCA



Fotografías: Club Ciclista O Rosal / RFEC.

Manuel González, corredor do Club Ciclista O Rosal, e recentemente proclamado Campión de Galicia de BTT, ven de conseguir este fin de semana en Lorca (Murcia) un meritorio terceiro posto coa Selección Galega no Campionato de España da modalidade.


Tal e como se pode ler na web do C.C. O Rosal: "Nova fazaña do ciclismo rosaleiro da man do Campión Galego de BTT do Club Ciclista O Rosal, Manuel González que se pendura do "pescozo" a Medalla de Bronce no Campionato de España de BTT XCO na modalidade de relevos integrado na Selección Galega, no que facía equipo coa ciclista de Vilaboa, Lucía Vázquez, o salvaterrán Mauro González e o macedense Pablo Rodríguez".

¡¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa!!

0 comentarios:

Publicar un comentario