TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

27 jul. 2012

TORNEO DE FÚTBOL 7 ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MAMED DE PEDORNES. 28 E 29 DE XULLO DE 2012

Informa: Manuel Ángel Pombal Diego

Os días 28 e 29 de xullo de 2012 celébrase no campo de fútbol das Tornas, en Santa María de Oia, un torneo de Fútbol 7 organizado pola Asociación Cultural San Mamed de Pedornes.

Contémplase un máximo de 16 equipos, cun máximo de 12 xogadores por equipo. Para inscribirse hai que chamar a un dos seguintes números de teléfono: 687 602 779 (Jose) ou 616 292 807 (Luis), e cada equipo debe pagar 80 euros en concepto de inscrición no torneo.

O sorteo dos partidos celebrarase o venres 27 de xullo ás 21.30 h. no Bar A RIÑA de Sta. María de Oia, e rógase que asista ao sorteo un representante de cada equipo.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados no torneo:

1º clasificado: 300 euros e trofeo.

2º clasificado: 150 euros e trofeo.

3º clasificado: 80 euros e trofeo.

O torneo comezará a disputarse o sábado 28 ás 10.00 h.

Nota: nos bares dos arredores haberá menús económicos.











0 comentarios:

Publicar un comentario