Información e imaxe: Agrupación Musical / Noticias O Rosal / La Prensa Austral / Radio Polar
Segundo nos informan dende a Agrupación Musical da vila que preside Iván Diego Martínez, este venres 6 de xullo, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal, terá lugar un concerto da coral Cantares de España, dependente do comité cultural da Sociedade Española de Punta Arenas (Chile).
Este grupo coral foi creado o 6 de outubro de 1999 na Casa de España (na imaxe, celebrando o 10º aniversario) e realiza dende onte, martes 3 de xullo, unha xira musical de dúas semanas por Galicia e Asturias (Vigo, Oviedo, Santuario da Virxe de Covadonga, Mieres, etc).
O grupo o integran 16 cantantes dirixidos polo profesor de música Gonzalo Fernández Muñoz. O seu repertorio está composto por obras españolas, especialmente cancións galegas e asturianas, así como obras do folclore nacional, repertorio rexional, cancións modernas e temas da Misa da Alegría (misa española).
0 comentarios:
Publicar un comentario