FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

31 ago 2012

O SÁBADO 1 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR NO BAR TROYA O ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DO III OPEN DE FUTBOLÍN 2012



Este sábado 1 de setembro, a partir das 22:30 horas, celebrarase no Bar Troya (Marzán) o acto de entrega de diplomas aos 32 xogadores/as que participaron o pasado venres 24 de agosto no III Open de Futbolín O Rosal 2012.

Esta terceira edición dos “Open” xogouse no local “troyano” coa vitoria final para o equipo “Fornelos/Cruces” integrado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi). Os subcampións foron “Demo e Mary” (Sergio Martínez Maza de Lizana e Mary Domínguez Rodríguez).

O terceiro posto foi para “Los Cogollitos”, parella formada por Pedro Fernández Carrera e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta), finalizando en cuarta posición o equipo “Ínsua”, integrado por Braulio Álvarez González (Galis) e Gustavo Jurado Fernández.

O organizador dos Open, Juan Ramón Martínez Barbosa, sinala que “o verdadeiramente importante deste tipo de eventos é a xuntanza entre os amigos/as e pasalo ben, ao redor dun xogo tradicional, que nos gusta a moitos, como é o futbolín” e anima a aqueles/as que aínda non participaron a apuntarse nos vindeiros torneos.


Martínez Barbosa lembra que “este ano 2012 (en outubro) terá lugar o XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro. Dentro da súa programación -e para conmemorar esta efeméride- comezarase en breve a traballar no proxecto para poder celebrar un gran IV Campionato de Futbolín na honra dos mestres telleiros, que se disputaría na céntrica Praza do Calvario do Rosal”.

As entidades ou particulares que desexen colaborar nestes eventos, poden solicitar máis información chamando ao teléfono 637 311 007 ou ben enviando un correo electrónico a juanorosal@hotmail.com

29 ago 2012

O CENTRO CULTURAL DA GUARDA ACOLLE A OBRA DE TEATRO "CASCUDAS"




Informa: A. C. A Velha na Horta

@s companheir@s do grupo de teatro do Centro Social Faísca de Vigo estaram na Guarda a vindeira quinta (venres) 31 presentando a sua primeira representaçom, Cascudas, umha obra cargada de humor e retranca. Será no Centro Cultural da Guarda a partir das 21:30 hrs. Entrada de balde.

28 ago 2012

EXPOSICIÓN DE GEMMA MARQUÉS E DANIEL ALONSO NA CASA TALLER



Informa: Gemma Marqués / Daniel Alonso

La Casa Taller es un espacio alternativo en el Baixo Miño, que han concebido sus creadores como lugar de exposición, vivienda, conciertos, proyecciones, reuniones con el fin de dinamizar la actividad cultural de la zona.

Es un espacio creado a la medida de sus necesidades, abierto, modular, decorado con mobiliario antiguo restaurado, piezas contemporáneas, obras de arte, en una mezcla ecléctica que no deja a nadie indiferente.

Cuentan también con un pequeño huerto ecológico en la azotea donde organizan cine de verano al aire libre, este año en Súper 8, al que puede se puede acudir con cita previa.


Os dejamos un enlace al Facebook de La Casa Taller, para más información:

Gemma Marqués, licenciada en Bellas Artes y Daniel Alonso, Maestro cantero, mostrarán sus nuevas obras, cuadros y esculturas con base tradicional pero de concepción contemporánea. Trampantojos, la nueva serie de óleos con pan de oro, bodegones posmodernos, recortes de prensa y flores sobre fondos abstractos, que hablan de la fugacidad de la vida.

Menhires, la última colección de esculturas en piedra y mármol, inspiradas en las antiguas construcciones megalíticas, pero creadas con materiales de la zona, cantos rodados, madera, ensamblados en piezas postindustriales que tratan de recuperar el contacto con la Naturaleza.

Habrá inauguración con música y vino español el sábado 1 de septiembre a las 8 de la tarde en la Casa azul turquesa del paseo Marítimo de A Guarda.

La exposición estará hasta el 30 de septiembre.

El horario de visitas es de lunes a viernes de 19 a 22 horas y fines de semana de 11 a 14 y de 17 a 22 horas. La entrada es libre y gratuita.

Esperamos vuestra visita!

Gemma Marqués

Daniel Alonso

ESTE DOMINGO 2 DE SETEMBRO SERÁ A PRESENTACIÓN DE TODOS OS EQUIPOS DA UNIÓN DEPORTIVA RIBERA 2012/13



Informa: Unión Deportiva Ribera (O Rosal)

Uns douscentos nenos e nenas de todas as idades serán os protagonistas da presentación da U. D. Ribera este domingo ás 17:00 horas.

Este domingo día 2 de setembro, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal de A Mata en O Rosal, terá lugar a presentación de todos os equipos da Unión Deportiva Ribera para a temporada 2012/2013.

A club presidido por Estela Pereira ten en total nove equipos, dos que sete son federados. Coma novidade esta temporada haberá equipo feminino, atendendo á demanda deste sector da nosa poboación, que cada vez practica máis este deporte.

Ao remate da presentación disputarase un encontro amigable entre o equipo de segunda autonómica da U.D. Ribera contra o equipo portugués do Campos de Vila Nova de Cerveira.

Este ano vólvese a contar cun gran cadro técnico de monitores e adestradores, algúns con moita experiencia, licenciados en Educación Física, ex-xogadores, etc..

Os equipos federados son: Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes, Xuvenís, Senior e Feminino.

Os non federados adestran e xogan coas Escolas de Fútbol patrocinadas pola Deputación de Pontevedra que son: Minis, Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns.

Dende a nova Xunta Directiva animan a presenciar o acto o domingo pola tarde e lembran que aínda se poden anotar todos os nenos e nenas que o desexen ás escolas deportivas do Ribera.

Na acto estarán presentes, ademais da mencionada xunta directiva, patrocinadores, concelleiros (entre eles o de Deportes, Pablo Flores) e o Alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela.

"ATIVIDADES FIM DE AGOSTO" DA ASSOCIAÇOM C. A VELHA NA HORTA



Informa: A.C. A Velha na Horta

A quinta (xoves):

· Às 17 hrs: Obradoiro de elaboraçom de xabom ecológico.

· Às 19 hrs: Cinema para nen@s " Tempos modernos" de Chaplin.


A sexta (venres):

· Obra de teatro "Cascudas" no Centro Cultural da Guarda.

27 ago 2012

O EQUIPO "FORNELOS/CRUCES" (FRONY E SEVI), CAMPIÓNS DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012 QUE TIVO LUGAR NO TROYA



O venres 24 de agosto disputouse no Bar Troya o III Open de Futbolín O Rosal 2012, organizado polo emprendedor sociocultural baixomiñoto Juan Ramón Martínez Barbosa.


Finalmente completáronse todas as prazas ofertadas (32 xogadores/as-16 parellas) neste novo torneo que gañou o equipo “Fornelos/Cruces” integrado por Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi). Os subcampións foron “Demo e Mary” (Sergio Martínez Maza de Lizana e Mary Domínguez Rodríguez).


O terceiro posto foi para “Los Cogollitos”, parella formada por Pedro Fernández Carrera e Sergio Rodríguez Rodríguez (Trinta), finalizando en cuarta posición o equipo “Ínsua”, integrado por Braulio Álvarez González (Galis) e Gustavo Jurado Fernández.



Comezou este III Open de Futbolín co esperado, emocionante e tradicional sorteo para coñecer aos integrantes dos equipos (os xogadores apúntanse individualmente) deparando o destino dous emparellamentos curiosamente exactos ao I Open, tamén celebrado no Troya (Santi/Yors e Yeya/Pipu).

Debutaron oficialmente Mario Treinta Alonso, tocándolle Ángel como compañeiro (Os Metílicos) e Álex Casal Iglesias, formando con Tuka o “Equipo Ja”.

Dende a Organización quérese agradecer en primeiro lugar o compañeirismo e o “bo rollo” amosado por todos os xogadores/as, a inestimable colaboración do Bar Troya para a realización deste torneo, así como de Dani Rodríguez, Sergio Casal, Nina López e da Confitería Rogelio de O Rosal, que obsequiou aos participantes con dúas fantásticas roscas das que se deu boa conta intres antes do inicio deste III Open.

Heliodoro Rodríguez González “Lelo”, propietario do local “troyano”, foi o encargado de entregar os correspondentes premios aos catro primeiros equipos clasificados. O vindeiro sábado 1 de setembro ás 22:30 horas, terá lugar no mesmo local a “Entrega de diplomas do III Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Troya” a todos os xogadores/as que participaron neste campionato.








III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA



GRUPO A

SKAPE (Óscar Skape – Adrián)

FORNELOS/CRUCES (Frony – Sevi)

PIYE (Pipu – Yeya)

CHORIZONES (Óscar R.V. - Ruth )



SKAPE – FORNELOS/CRUCES: 0-3

PIYE – CHORIZONES: 3-1

SKAPE – PIYE: 0-3

FORNELOS/CRUCES – CHORIZONES: 3-0

SKAPE – CHORIZONES: 2-3

FORNELOS/CRUCES – PIYE:3-0



1º: FORNELOS-CRUCES

2º: PIYE

3º: CHORIZONES

4º: SKAPE



GRUPO B

HARD ROCK (Diego Álvarez – Gabriel)

OS JALOPÍNS (Dani – Rebeca)

ÍNSUA (Galis – Gus)

OS METÍLICOS (Mario – Ángel)



HARD ROCK – OS JALOPÍNS: 3-2

ÍNSUA – OS METÍLICOS: 3-0

HARD ROCK – ÍNSUA: 2-3

OS METÍLICOS – OS JALOPÍNS: 0-3

HARD ROCK – OS METÍLICOS: 3-1

OS JALOPÍNS – ÍNSUA: 3-2



1º: ÍNSUA

2º: JALOPÍNS

3º: HARD ROCK

4º: OS METÍLICOS



EQUIPO C

CICLÓN (Oscar Sabarís – Sergio R.)

LOS COGOLLITOS (Peter- Sergio Trinta)

FUROLO (Trillo – Luis)

SANTIYORS (Santi – Yors)



CICLÓN- LOS COGOLLITOS: 0-3

FUROLO – SANTIYORS: 2-3

CICLÓN – FUROLO: 1-3

LOS COGOLLITOS – SANTIYORS: 3-0

CICLÓN – SANTIYORS: 2-3

LOS COGOLLITOS – FUROLO: 3-0



1º: LOS COGOLLITOS

2º: SANTIYORS

3º: FUROLO

4º: CICLÓN



GRUPO D

DEMO/MARY (Demo – Mary)

EVA/GERA (Eva – Gera)

DE TOMIÑO (Fofi – Ío)

EQUIPO JA (Álex – Tuka)



 
DEMO/MARY – EVA/GERA: 2-3

DE TOMIÑO – EQUIPO JA: 0-3

DEMO/MARY – DE TOMIÑO: 3-0

EVA/GERA – EQUIPO JA: 1-3

DE TOMIÑO – EVA/GERA: 0-3

EQUIPO JA – DEMO MARY: 0-3



1º: DEMO/MARY

2º: EQUIPO JA

3º: EVA/GERA

4º: DE TOMIÑO



CUARTOS DE FINAL

1º A – 2º C 1º D – 2º B

FORNELOS/CRUCES – SANTIYORS 3-0 DEMO/ MARY-OS JALOPÍNS 3-1

2 D – 1 B 2º A- 1º C

EQUIPO JA -ÍNSUA 2-3 PIYE – LOS COGOLLITOS 0-3



SEMIFINAIS
FORNELOS/CRUCES – ÍNSUA 3-1 DEMO/MARY- LOS COGOLLITOS 3-1


 
TERCEIRO E CUARTO POSTO

ÍNSUA- LOS COGOLLITOS 2-3



FINAL DO III OPEN DE FUTBOLÍN

FORNELOS/CRUCES – DEMO/MARY: 4-1



CAMPIÓNS

FORNELOS-CRUCES (FRONY E SEVI)





CLASIFICACIÓN FINAL DO III OPEN DE FUTBOLÍN

O ROSAL 2012. BAR TROYA



1º: FORNELOS-CRUCES (Sergio Diego Fernández e Carlos Álvarez Antúnez)

2º: DEMO E MARY(Sergio Martínez Maza de Linaza e Mary Domínguez Rodríguez)

3º: LOS COGOLLITOS (Pedro Fernández Carrera e Sergio Rodríguez Rodríguez)

4º: ÍNSUA (Braulio Álvarez González e Gustavo Jurado Fernández)

5º: EQUIPO JA (Álex Casal Iglesias e Jorge Díaz Rocha)

6º: OS JALOPÍNS (Dani Rodríguez Martínez e Rebeca Rodríguez Rodríguez)

7º: PIYE (Andrés Martínez Rocha e Sergio Casal Fernández)

8º: SANTIYORS (Santi González Correa e Jorge Silva Álvarez)

9º: EVA E GERA (Eva Fernández Vicente e Gerardo González Gómez)

10º: HARD ROCK (Diego Álvarez Fernández e Gabriel Pérez Rodríguez)

11º: FUROLO (Luis Martínez Pereira e Diego Domínguez Rodríguez)

12º: CHORIZONES (Óscar Rodríguez Vicente e Ruth Martínez Barbosa)

13º: CICLÓN (Sergio Rodríguez Álvarez e Óscar Sabarís Meño)

14º: SKAPE (Óscar Rodríguez Vicente “Skape” e Adrián Maquieira Pereira)

15º: OS METÍLICOS (Ángel Martínez Diego e Mario Treinta Alonso)

16º: DE TOMIÑO (Ignacio Moure Pérez e José Gómez Gómez)

26 ago 2012

COMEZO DAS CATEGORÍAS INFERIORES DO BALONMÁN ATLÉTICO NOVÁS


Informa: Aurora Lomba Álvarez / Atlético Novás

O martes 4 de setembro ás 18:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal do Rosal a inscrición e o comezo dos adestramentos das categorías inferiores do club Balonmán Atlético Novás.

BENXAMÍN (8/9 anos)

ALEVÍN (10/11 anos)


INFANTIL (12/13 anos)

CADETE (14/15 anos -excepto nenas-)


Ese día diráselle aos nenos/as a hora e os días de adestramento definitivos.


Para máis información, poden chamar ao teléfono da Organización: 627 790 435.

CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIAXANDO


Informa: Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal

Recordade que está aberto o prazo para o Certame de fotografía Viaxando deste ano.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ PARTICIPADE ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡



BASES

Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos.

A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO.

As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.

Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita.

A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.

As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 28 de setembro de 2012.

Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de A Guarda o venres 19 de outubro de 2012 ás 20 horas.

O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue.

O fallo do xurado farase público o 11 de outubro de 2012. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.

A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador.

O xurado poderá declarar deserto o premio.

Concederase un único premio consistente nunha tablet de última xeración.

A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

ÉRGUETE: TRINTA PARTICIPANTES NO PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO"




Informa: Asociación Érguete Baixo Miño

30 participantes no Programa “Cambio de sentido”: prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos.

Durante este verán desenrolamos o Programa CAMBIO DE SENTIDO para mellorar a información dos/as alumnos/as das autoescolas en relación aos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.

Para a realización desta actividade contamos co fundamental apoio das Autoescolas da Comarca do Baixo Miño. En especial queremos agradecer a colaboración da Autoescola Eli´s e Miño de A Guarda onde realizamos dúas intervencións directas achegando a un total de 30 persoas.

Esta actividade estivo promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública –Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas estradas.

20 ago 2012

SAN MIGUEL ACOLLE UN CURSO DE FORMACIÓN PARA COIDADORES DE PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES




Informa: Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel

O salón de actos da Sociedade Recreativa e Cultural de San Miguel de Tabagón (O Rosal) acollerá dende o 3 ao 24 de setembro un "Curso de Formación para coidadores de persoas maiores e dependentes".

Esta actividade conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra.

Para máis información pódese chamar aos teléfonos:
672 085 534
986 613 869

ASEMBLEA MULTITUDINARIA DE FAMILIAS NO SAN XEROME. O SEU DIRECTOR, XOSÉ CARLOS G. BLANCO, DEIXA O CARGO


Informa: Centro San Xerome

Coa presenza masiva de familias dos usuarios do Centro, convocados pola Xunta Directiva, tivo lugar o pasado sábado nas instalacións do Centro unha Asemblea extraordinaria de familias.

A convocatoria tiña como obxectivo analizar a situación do Centro provocada polos retrasos nos pagos por parte da Xunta de Galicia.

A Xunta Directiva informou en primeiro lugar das xestións realizadas nas últimas semanas e dos ingresos recibidos. As familias escoitaron con satisfacción as novidades:

A Consellería de Educación abonou os meses de maio e xuño correspondentes ao mantemento do Centro educativo (3-22 anos). A Consellería de Traballo fixo efectiva a cuantía pendente do mes de xuño do Centro de Día e Centro Ocupacional (Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou o coste salarial do ano 2011, e o pendente do ano 2012, do Centro especial de emprego de Xardinería (empresa constituída no ano 1998, que dá traballo a 17 persoas con discapacidade).

Diante desta nova situación, acordouse por unanimidade desconvocar a movilización de protesta prevista para o sábado 25 de agosto na Guarda, e seguir en alerta con respecto á evolución dos pagos para que non se produzan novas demoras.

Fíxose tamén un chamamento a unidade de acción, con outras entidades de Fademga coa mesma problemática, e a participación activa de tódalas familias nos actos que se convoquen.

Por último Xosé Carlos González Blanco, Director do Centro, fixo unha breve reseña do próximo Curso, e informou a tódolos presentes da súa decisión de deixar a Dirección a partir do mes de setembro, desenrolando a partir desa data exclusivamente as tarefas de Psicólogo. Decisión xa aprobada pola Xunta Directiva e informada aos traballadores do Centro.

Baseouse para a toma desta decisión, en cuestións persoais, xunto coa falla de confianza amosada por algúns traballadores e familias, o cansancio de 32 anos de intenso traballo (nos últimos 12 anos compartindo a tarefa directiva co xerente, Feliciano Valcarcel), e a necesidade do relevo para que persoas con forzas para continuar a loita en contra da marxinación das persoas con discapacidade poñan en práctica o Plan estratéxico, proxecto de futuro do San Xerome, elaborado durante o último ano polos sectores implicados no funcionamento do Centro.

CONCERTO CLAUSURA XORNADAS MUSICAIS E XXIII FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES, CUN CARTEL EXCEPCIONAL



Informa: Montserrat Domínguez Otero / A.M. do Rosal

Como acto de clausura das xornadas musicais que se están realizando estes días, celebrarase un concerto o vindeiro mércores 22 de agosto, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal, onde participarán os alumnos que están asistindo ás mesmas cos seus profesores:

- Rafael Carracedo Crespo (Trompeta)

- José Manuel González Diego (Trompa)

- Francisco Sevillá Gonell (Trombón)

- Daniel Bellón (Gaita)

Tamén este fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXIII Festival de Músicos Xoves, que este ano conta cun cartel excepcional.

O sábado 25, a partir das 21,00 h., participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Unión Musical de Meaño, a Banda Artística de Merza e a Agrupación Musical do Rosal.

O domingo 26, á mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Polifónica Os Penediños de Atios (Porriño), a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

15 ago 2012

O HISTORIADOR ROSALEIRO XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE FOI O PREGOEIRO DA VI FESTA DO PERCEBE DE VILADESUSO



O domingo 12 de agosto, celebrouse a VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia), sendo o historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe o encargado de ler o pregón.

Deu a benvida ao acto o alcalde oiense, Alejandro Rodríguez Rodríguez, quen realizou unha breve presentación do pregoeiro. Interviron igualmente, Sonia Lorenzo Santos, Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo e Cristina Pregal, unha das organizadoras desta festa gastronómica.


Entre os asistentes puidemos ver a membros da Confraría de Pescadores da Guarda, a diferentes concelleiros da Corporación Municipal de Oia así como a multitude de veciños e turistas que non quixeron perder a ocasión de disfrutar desta celebración anual.

Xoán Martínez Tamuxe agradeceu en primeiro lugar á Organización o convite para ler o pregón desta VI edición da Festa do Percebe, lembrando que tamén "compartimos manteis e amizade cos veciños de San Miguel de Viladesuso, en 1996, hai 16 anos, a propósito da presentación do libro sobre a Historia de Viladesuso, cuxa preparación nos foi encomendada pola Comunidade de Montes e o Concello, a min e a Agustín Alonso Rodríguez, distinguido investigador vilasusense, tan estudoso como namorado da súa parroquia".


Tamuxe afirmou que o percebe é un dos mariscos máis prezados, "sendo un crustáceo e non un molusco, como puidera parecer. É coñecido cientificamente en todo o mundo, polo nome en latín Pollícipes pollícipes. Crustáceo que igual que os mexillóns, vive enganchado ás rochas, tendo unha forma moi singular e un tamaño variable dependendo da súa ubicación, puidendo alcanzar unha longura de 12 centímetros, aínda que se consideran aceptables a partir dos 5 centímetros".



Segundo Martínez Tamuxe "os expertos distinguen dúas clases de percebes, os de sol e os da sombra, ou aguaróns. Os do sol medran en zonas soleadas e distínguense polo seu pedúnculo corto e groso, mentres que os da sombra son menos apreciados, pois teñen un tamaño máis longo e delgado e con maior contido de auga, aínda así está mellor valorado cos que se collen ou pescan na costa marroquí, que son máis delgados, descoloridos e tamén cos canadienses, de cor máis clara e sabor menos intenso".


O historiador rosaleiro rematou dicindo que "os percebes que se capturan nas Costas do Norte e Noroeste galego, tal como os nosos (dende A Guarda a Baiona) son os mellores", afirmando que falando de marisco "se a langosta é a raíña, o percebe é o rei".


8 ago 2012

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZA ESTE XOVES 9 DE AGOSTO O XXVI TROFEO FESTAS DO MONTE SANTA TREGA



Segundo podemos ler na web do C.C. O Rosal "Como ven sendo habitual dende fai 25 anos o segundo xoves de agosto e con motivo das Festas do Monte Santa Trega o vindeiro día nove o Club Ciclista O Rosal organiza o XXVI Trofeo Festas do Monte no circuito que se deseña polos arredores da Sangriña (A Guarda).

As competicións comenzarán as 17:00 horas coa categoría Benxamín para continuar con Alevíns, Infantís, Cadetes e rematarán os Junior.

Agradecemos dende aquí o patrocinio da Comisión de Festas e a colaboración do Concello de A Guarda, Policía Local, Protección Civil así como a tódalas persoas e firmas comerciais que fan que este Trofeo acade a súa 26ª edición".

2 ago 2012

EXPOSICIÓN DE PINTURA DO GRUPO IMPÁS NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA DENDE O 6 AO 18 DE AGOSTO

 
 
Informa: Charo Trigo / Grupo Impás.

O Centro Cultural de A Guarda acollerá dende o 6 ao 18 de agosto unha exposición de pintura do Grupo Impás. A inauguración celebrarase este luns día 6, ás 20:30 horas, participando os seguintes artistas:

Carmen Baz
Charo Trigo
Fini Mauri
Ignacio Martínez
José Luis Rodríguez
Mary Cerqueira
Mari Otero
Nati Alonso
Pilar Álvarez
Pilar López
 
Este será o horario de visita da mostra:
De luns a sábado
Mañás: de 9 h. a 14 h.
Tardes: de 19:30 h. a 22 h. (ata a 1:00 h. durante a semana das Festas do Monte).
 

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN BEBÉS E NENOS ORGANIZADO POR CRUZ ROJA

Informa: Rebeca Rodríguez Rodríguez / Cruz Roja

Cruz Roja Española en Baixo Miño convoca un curso de interés Sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.

El curso de Primeros Auxilios en bebés y niños, baremable para el SERGAS  tiene una duración de 10 horas teórico – prácticas, las fechas serán los días 8 y15 de Septiembre, en horario de 10 a 14 h.

El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.

En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
  1. El envejecimiento; b. Objetivos; c. ¿Qué es el socorrismo?; d. Pauta Generales de actuación ante una situación de emergencia; e. La cadena de supervivencia; e. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición Lateral de seguridad; h. Movilidad y manejo urgente de las víctimas; i. Exploración Secundaria; j. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño; K. Hemorragias; l. Quemaduras,; M. Electrocución; N. Heridas; O. Traumatismos; P. Intoxicaciones; Q. Mordeduras y picaduras de animales; R. Urgencias médicas; S. El Botiquín; T. Prevención de accidentes.; U. Bibliografía.
La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986 61 46 09; en horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00 h.

El plazo de inscripción acaba el 6 de septiembre; el número de plazas es limitado, y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 30€.

1 ago 2012

PROGRAMA MÚSICO-CULTURAL DO CENTRO SOCIAL FUSCALHO PARA AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA 2012



Velaquí vos deixamos o cartel do programa músico-cultural para as Festas do Monte que organiza a A.C. A Velha na Horta no Centro Social Fuscalho (rúa Colón, nº 2, A Guarda).

Igualmente, segundo nos informan, dende o 30 de xullo, ata o domingo 12 de agosto, a partir das 18:00 horas, poderase disfrutar no mesmo Centro da "expossiçom contra a violencia de género da Marcha Mundial das Mulheres".