TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

26 ago 2012

CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIAXANDO


Informa: Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal

Recordade que está aberto o prazo para o Certame de fotografía Viaxando deste ano.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ PARTICIPADE ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡



BASES

Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos.

A temática responderá ao título do Certame VIAXANDO.

As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.

Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita.

A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.

As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 28 de setembro de 2012.

Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de A Guarda o venres 19 de outubro de 2012 ás 20 horas.

O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue.

O fallo do xurado farase público o 11 de outubro de 2012. Difundirase o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.

A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador.

O xurado poderá declarar deserto o premio.

Concederase un único premio consistente nunha tablet de última xeración.

A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

0 comentarios:

Publicar un comentario