Informa: Montserrat Domínguez Otero / A.M. do Rosal
Como acto de clausura das xornadas musicais que se están realizando estes días, celebrarase un concerto o vindeiro mércores 22 de agosto, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal, onde participarán os alumnos que están asistindo ás mesmas cos seus profesores:
- Rafael Carracedo Crespo (Trompeta)
- José Manuel González Diego (Trompa)
- Francisco Sevillá Gonell (Trombón)
- Daniel Bellón (Gaita)
Tamén este fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXIII Festival de Músicos Xoves, que este ano conta cun cartel excepcional.
O sábado 25, a partir das 21,00 h., participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Unión Musical de Meaño, a Banda Artística de Merza e a Agrupación Musical do Rosal.
O domingo 26, á mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Polifónica Os Penediños de Atios (Porriño), a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
0 comentarios:
Publicar un comentario