TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

20 ago 2012

ASEMBLEA MULTITUDINARIA DE FAMILIAS NO SAN XEROME. O SEU DIRECTOR, XOSÉ CARLOS G. BLANCO, DEIXA O CARGO


Informa: Centro San Xerome

Coa presenza masiva de familias dos usuarios do Centro, convocados pola Xunta Directiva, tivo lugar o pasado sábado nas instalacións do Centro unha Asemblea extraordinaria de familias.

A convocatoria tiña como obxectivo analizar a situación do Centro provocada polos retrasos nos pagos por parte da Xunta de Galicia.

A Xunta Directiva informou en primeiro lugar das xestións realizadas nas últimas semanas e dos ingresos recibidos. As familias escoitaron con satisfacción as novidades:

A Consellería de Educación abonou os meses de maio e xuño correspondentes ao mantemento do Centro educativo (3-22 anos). A Consellería de Traballo fixo efectiva a cuantía pendente do mes de xuño do Centro de Día e Centro Ocupacional (Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou o coste salarial do ano 2011, e o pendente do ano 2012, do Centro especial de emprego de Xardinería (empresa constituída no ano 1998, que dá traballo a 17 persoas con discapacidade).

Diante desta nova situación, acordouse por unanimidade desconvocar a movilización de protesta prevista para o sábado 25 de agosto na Guarda, e seguir en alerta con respecto á evolución dos pagos para que non se produzan novas demoras.

Fíxose tamén un chamamento a unidade de acción, con outras entidades de Fademga coa mesma problemática, e a participación activa de tódalas familias nos actos que se convoquen.

Por último Xosé Carlos González Blanco, Director do Centro, fixo unha breve reseña do próximo Curso, e informou a tódolos presentes da súa decisión de deixar a Dirección a partir do mes de setembro, desenrolando a partir desa data exclusivamente as tarefas de Psicólogo. Decisión xa aprobada pola Xunta Directiva e informada aos traballadores do Centro.

Baseouse para a toma desta decisión, en cuestións persoais, xunto coa falla de confianza amosada por algúns traballadores e familias, o cansancio de 32 anos de intenso traballo (nos últimos 12 anos compartindo a tarefa directiva co xerente, Feliciano Valcarcel), e a necesidade do relevo para que persoas con forzas para continuar a loita en contra da marxinación das persoas con discapacidade poñan en práctica o Plan estratéxico, proxecto de futuro do San Xerome, elaborado durante o último ano polos sectores implicados no funcionamento do Centro.

0 comentarios:

Publicar un comentario