TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

28 ago 2012

ESTE DOMINGO 2 DE SETEMBRO SERÁ A PRESENTACIÓN DE TODOS OS EQUIPOS DA UNIÓN DEPORTIVA RIBERA 2012/13



Informa: Unión Deportiva Ribera (O Rosal)

Uns douscentos nenos e nenas de todas as idades serán os protagonistas da presentación da U. D. Ribera este domingo ás 17:00 horas.

Este domingo día 2 de setembro, ás 17:00 horas, no Estadio Municipal de A Mata en O Rosal, terá lugar a presentación de todos os equipos da Unión Deportiva Ribera para a temporada 2012/2013.

A club presidido por Estela Pereira ten en total nove equipos, dos que sete son federados. Coma novidade esta temporada haberá equipo feminino, atendendo á demanda deste sector da nosa poboación, que cada vez practica máis este deporte.

Ao remate da presentación disputarase un encontro amigable entre o equipo de segunda autonómica da U.D. Ribera contra o equipo portugués do Campos de Vila Nova de Cerveira.

Este ano vólvese a contar cun gran cadro técnico de monitores e adestradores, algúns con moita experiencia, licenciados en Educación Física, ex-xogadores, etc..

Os equipos federados son: Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes, Xuvenís, Senior e Feminino.

Os non federados adestran e xogan coas Escolas de Fútbol patrocinadas pola Deputación de Pontevedra que son: Minis, Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns.

Dende a nova Xunta Directiva animan a presenciar o acto o domingo pola tarde e lembran que aínda se poden anotar todos os nenos e nenas que o desexen ás escolas deportivas do Ribera.

Na acto estarán presentes, ademais da mencionada xunta directiva, patrocinadores, concelleiros (entre eles o de Deportes, Pablo Flores) e o Alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela.

0 comentarios:

Publicar un comentario