FAI CLIC E DESCUBRE O NOVO DESEÑO DA WEB CULTURAL NOTICIASOROSAL.ES

Noticias O Rosal estreou o 7 de marzo novo deseño e contidos. Este blog manterase na rede, de momento, ata novo aviso, como complemento á páxina web

A VILA DO ROSAL DESPIDE CON EMOCIÓN A JOSÉ MARTÍNEZ GONZÁLEZ "PEPIÑO BERDEAL"

O ex-funcionario do Concello do Rosal e presidente da Asociación de Comerciantes da vila, era un dos veciños máis apreciados dos últimos tempos

VITORIA DE GABRIEL MARCELLI EN LLEIDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro vence na categoría júnior na proba valedeira para o “Spa RFME Campeonato de España de Trial Individual 2015”

ACTO DE CLAUSURA DO CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE CELEBRADO EN O ROSAL

A Casa Consistorial acolleu a entrega de diplomas e clausura do Curso coa presenza dos coordinadores José Luis Mosquera e Manuel Mosquera.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE A CHEGADA DA SEXTA EDICIÓN DA CARPA CARNAVAL DE FORNELOS

Entre outros, actuarán dende o venres 13 ata o martes 17 de febreiro, nestas Festas de Entroido: Traffic House, Dj Carlie, Diego Mei, Vallejo, Micy Dj, etc

A PRAZA DO CALVARIO ACOLLEU A VISITA E RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE

As Súas Maxestades estiveron durante horas na vila do Rosal repartindo multitude de agasallos a pequenos e maiores, entre eles, libros e lambetadas

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO 2014 EN O ROSAL CELEBROUSE O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO

A saída do Santo en procesión dende a igrexa parroquial de Santa Mariña, na Praza do Calvario, ata a súa ermida, foi ás 10:30 horas.

O PILOTO ROSALEIRO GABRIEL MARCELLI PROCLÁMASE TRICAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL

Gabriel Marcelli Carballido adxudícase o título tras vencer en Cabanillas de la Sierra (Madrid). Tamén consegue ser Campión Galego por quinta vez.

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA EDICIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO”

A carreira e a andaina 15k del Atlántico celébranse este domingo 5 de outubro percorrendo os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda

O ESPECIALISTA DEFENSIVO ARKAITZ VARGAS FICHA POLO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS

Na imaxe da presentación, Manolo “Campelo”, Moncho Vicente, Andrés Senra, Daniel Martínez, Arkaitz Vargas, Roberto Fernández e Modesto Augusto

ÉXITO TOTAL DA I EDICIÓN DA ANDAINA E CARREIRA “10K O ROSAL. FEIRA DO VIÑO”

Na imaxe, os gañadores absolutos da carreira 10k O Rosal Feira do Viño. No máis alto do pódium, Nuno Costa e Paula Mayobre. Más info neste enlace.

OS COORDINADORES DO 10K O ROSAL, ENTREVISTADOS NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Os rosaleiros Juan Ramón Martínez Barbosa, Óscar Vicente Rodríguez e Serafín Martínez Acevedo falaron da andaina e da carreira nos estudos da RMT

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIV ANDAINA “VAL DO ROSAL. O PARAÍSO DENDE AS ALTURAS”

Na imaxe, os participantes desta andaina, que visitaron o punto máis alto da vila, nos montes do Campo do Couto e os petroglifos próximos á Fonte do Home.

NOVA VITORIA DE GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIAL

O piloto rosaleiro, imparable, é o favorito para facerse -por terceira vez- co Campionato de España de Trial. As próximas citas, Vila de Cruces e Andorra.

O ROSAL E O ATLÉTICO NOVÁS QUEREN FACER HISTORIA, por Juan Ramón Martínez Barbosa

Artigo do director de Noticias O Rosal, onde fala da Fase de Ascenso á División de Honor Prata do balonmán nacional que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio

DEPORTISTAS E CLUBS, HOMENAXEADOS NO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

O pasado sábado 12 de abril o Auditorio Municipal acolleu os premios aos mellores deportistas e clubs da vila. Na imaxe, autoridades e homenaxeados.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DA XIII ANDAINA O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO

A vindeira andaina deportivo-cultural pola vila do Rosal celebrarase o vindeiro sábado 10 de maio, con saída dende o Alto da Portela (Marzán)

O 12 DE ABRIL CELÉBRASE O II ACTO DE RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

Na imaxe de 2011, na I edición, Gerardo Álvarez (ciclismo), Manolo Armán (balonmán) e Félix Piñel (atletismo) reciben os premios “Mención de Honra”.

ACTUACIÓN DO GRUPO ADREDDE NA FESTA DE ENTROIDO 2014 DE FORNELOS (O ROSAL)

O sábado 1 de marzo achegámonos ata Fornelos para ver en directo a animada actuación do Grupo Adredde e comprobar o ambientazo de Entroido

O LIBRO “MOLINOS” PRESÉNTASE EN PONTEVEDRA CON MENCIÓN ESPECIAL PARA O ROSAL

A nosa vila estivo representada polo alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, así como por Tamuxe e Juan Ramón, autores do libro da historia dos Muíños do Folón-Picón

O ENTROIDO DE FORNELOS 2014, SERÁ, SEN DÚBIDA, DOS MÁIS ESPECTACULARES DA HISTORIA

Impresionante programa de Festas, con orquestras e grupos musicais, actuacións para nenos, Corrida do Galo, Frixidelas e como non, a 5ª edición da CARPA.

O ROSAL HOMENAXEA AO CICLISTA RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE GALICIA E DE ESPAÑA

Na imaxe, Raúl Fernández na compaña dos seus compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal, na recepción ofrecida no Concello.

RAÚL FERNÁNDEZ PROCLÁMASE EN CASTELLÓN CAMPIÓN DE ESPAÑA DE CICLOCROSS

Na imaxe, Raúl, flanqueado á esquerda polo exciclista profesional Serafín Martínez Acevedo e á dereita polo triatleta internacional, Óscar Vicente Rodríguez.

PROXIMAMENTE ANUNCIARASE A DATA DA II RUTA GUIADA ORGANIZADA POR NOTICIAS O ROSAL

A I Ruta Guiada Noticias O Rosal levou aos participantes a coñecer todos os segredos da ruta e historia dos emblemáticos Muíños do Folón e do Picón.

OS REIS MAGOS REPARTEN AGASALLOS A CENTOS DE NENOS/AS EN O ROSAL

Reportaxe fotográfica (máis de 300 imaxes) da visita e recepción na vila do Rosal de Melchor, Gaspar e Baltasar.

NOVO CONXUNTO DE GRAVADOS CRUCIFORMES NO LUGAR DAS CORTES

O historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe fala no seu blog deste achádego, recreación da cruz cristiá (séculos IV-V d. C.)

SERGIO RODRÍGUEZ, NETO DO CABAQUEIRO MANUEL "TRINTIÑA", INAUGURA “O BAR DO TRINTA"

Na imaxe, Serafín Martínez Acevedo (exciclista profesional e emprendedor deportivo), con Sergio (xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños. O Bar do Trinta).

TABAGÓN EN FESTAS (DÍAS 29, 30 E 31)

EN PROBAS

EN PROBAS

29 jun 2009

Novo éxito da Festa da Bicicleta 2009 no Rosal

Un ano máis celebrouse a Festa da Bicicleta na nosa vila coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello e o Club Ciclista O Rosal. Preto de 400 persoas achegáronse ata a Praza do Calvario para realizar un percorrido que os levaría por Fornelos, Novás, Marzán, Pancenteo, Lagos, Carrascal, Pías, Barrionovo, Urgal, etc... ata chegar de novo ao punto de partida.
Como é tradicional, ademais de obsequiar a todos os participantes cunha camiseta, tivo lugar o sorteo de varios agasallos (cascos, botellíns ou mesmo dúas bicicletas). Velaquí vos deixamos a interesante reportaxe fotográfica de Ricardo Villa Sobrino para Noticias O Rosal:

28 jun 2009

XEROCK protagonista no Auditorio Municipal

O domingo 5 de xullo ás 20 horas proxectarase no Auditorio Municipal o documental "Cantos Rodados", contando así mesmo coa actuación do grupo musical XEROCK. Velaquí vos deixamos o trailer deste film dirixido polo ourensán Xoel Méndez e que se estreou o 12 de novembro do pasado ano no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. (Foto: Ficción Producciones)

Concerto-homenaxe a José Luis L. Rodríguez

O sábado 4 de xullo ás 20:00 horas celebrarase no Auditorio Municipal un concerto-homenaxe a José Luis Lorenzo Rodríguez. Actuarán o Grupo Antorcha, que dirixe María José Baz, o Coro Arpegios Cantabile, dirixido por Lucía Alonso e o Grupo de Acordeóns Mascarenhas. Este acto conta coa colaboración dos concellos de O Rosal e A Guarda.

Almorzos saudables para os alumnos e alumnas do CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal

Segundo informa Sandra Alonso, educadora familiar, as concellarías de Servizos Sociais, Educación e Sanidade do Concello do Rosal coordinadas entre elas, levaron a cabo recentemente a actividade ALMORZOS SAUDABLES con enorme éxito entre o alumnado. É o segundo ano consecutivo que se realiza a actividade que conta coa colaboración dunha profesional da cociña que aporta os seus coñecementos sobre alimentación. Con esta actividade o Concello quere poñer de manifesto a importancia que ten o almorzo como unha das principais comidas do día, sobre todo entre nenas e nenos, xa que moitos deles prescinden desta comida o que supón baixo rendemento nos estudos e cansanzo ó longo da mañá.
Na semana anterior á actividade mandouse unha circular aos pais e nais do alumnado indicándolles que o día que os/as seus fillos/as realicen a actividade acudan ao centro escolar sen almorzar para que o fagan no propio centro, e levando unicamente unha taza e unha culler. Entre as ideas que quixemos afianzar entre o alumnado está a de que o almorzo é a comida máis importante do día na que non debe faltar ningún dos alimentos do tipo: fibra (pan, cereais, tostadas…), lácteos (leite, iogur, queixiño…) e froitas (zume natural, froitas variadas…)
Esta é unha actividade que gusta ós rapaces e rapazas xa que é dinámica e novedosa. Eles mesmos foron os que elaboraron un menú completo e equilibrado elixindo os alimentos que máis lles gustan de entre todos os productos do buffet. Esta actividade comezou o luns 15 de xuño cos alumnos máis pequenos do centro e terminou o venres 19 de xuño en horario de 9 a 10.40 h., para que os/as rapaces/as poidesen almorzar a primeira hora da mañá. Cada día asistiron unha media de 50 rapaces. O lugar elixido para levar a cabo a actividade foi unha aula da Escola Obradoiro, nas inmediacións do centro escolar. Os gastos derivados da actividade foron asumidos polo Concello do Rosal, contando coa colaboración do supermercado FROIZ que aportou un cheque regalo para a compra de alimentos que se empregaron nesta actividade.
A atleta guardesa Julia Vaquero participou na actividade aportando a súa experiencia e coñecementos. Os rapaces fixéronlle preguntas e charlaron animadamente con ela. Julia comentoulles a importancia que ten unha boa alimentación complementada coa realización de exercicio físico.
Para ver máis fotografías:

25 jun 2009

O venres 26 comezan as Festas de Martín 2009

Este venres 26 de xuño darán comezo as festas na honra de San Xoán no lugar de Martín. A partir das 12 horas da noite haberá unha MACROFESTA no local de Sempre o Corte. O sábado 27 e das 20:30 horas en diante, GRAN SARDI-
ÑADA con pan de broa, pementos e bo viño. Estará amenizada por un dúo... Ás 12 da noite celebrarase a tradicional QUEIMA DA FOGUEIRA DE SAN XOÁN. Para rematar, o domingo 28, e ás 11'30 horas, MISA na honra de San Xoán.

24 jun 2009

Gran éxito do Festival de Fin de Curso da Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota

O pasado domingo 21 de xuño e coa colaboración do Concello do Rosal, a Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota celebrou o segundo Festival de Fin de Curso no Auditorio Municipal. Lembramos que o primeiro foi en Goián e durante ambos festivais pasaron aproximadamente 1000 espectadores que disfrutaron das seis obras representadas por alumnos de entre 6 e 65 años.
Enrique Álvarez, presidente da asociación promotora da Escola considera un rotundo éxito este primeiro curso no que máis de 50 alumnos tiveron a oportunidade de recibir unha formación teatral impartida por profesionais.
Esta iniciativa que xenerou grande interese por ser pioneira na nosa comarca contou con alumnos de todos os concellos do Baixo Miño e aínda do país veciño Portugal, cobrindo as necesidades dunha formación teatral de calidade sen ter que desprazarse a outras cidades. A Escola tamén colaborou durante este ano na realización de eventos culturais e contratación de distintas obras na comarca e está xa a traballar na preparación do próximo curso no que prometen moitas sorpresas.

23 jun 2009

O día 24, Unidade Móbil na Praza do Calvario

O mércores 24 de xuño estará na Praza do Calvario unha Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia. O seu horario, de 10 a 14 horas e de 16'30 ás 21 horas. Colabora a Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo. Lembra o CTG que os hospitais galegos precisarán este verán 44.000 doazóns de sangue polos doentes ingresados e o aumento dos accidentes de tráfico. Só piden 15 minutos do noso tempo para resolver moitos problemas de saúde ou mesmo salvar vidas. Non se debe acudir sen almorzar e despois do xantar deixar pasar dúas horas.

22 jun 2009

Máis dun centenar de persoas, de ruta guiada

O sábado 20 de xuño unha excursión de máis dun centenar de persoas viaxaron ata O Rosal repartidos en dous autobuses e preto da vintena de automóbiles. Organizado pola xunta directiva e a asociación de nais e pais do CEIP Barcelos de Pontevedra profesores, familiares e os propios alumnos visitaron en primeiro lugar o muíño de "As Laxes" (oficina de información turística) onde o guía municipal ofreceu as correspondentes explicacións sobre o funcionamento deste enxeño hidráulico. De seguido e despois de admirar en directo a demostración de moenda comezaron ascendendo pola vertente do Folón para realizar un interesante percorrido que os levaría pola historia, lendas e formidable paisaxe que conforman estes 67 muíños declarados Ben de Interese Cultural.

20 jun 2009

Actividades de verán coa mocidade

O Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural, organiza diferentes actividades para este verán dirixidas á mocidade. Estas realizaranse sempre e cando se acade un número mínimo para levalas á cabo. O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de xullo. · Hip hop ou break · Escalada na Guarda · Masaxes · Fotografía dixital no entorno · Percusión · Pintura e estampado de camisetas · Automaquillaxe As persoas interesadas poden anotarse no Centro Social Polivalente do Rosal ou no teléfono 986 609450. A orde será por rexistro de entrada.

Festival de Fin de Curso da Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota no Auditorio do Rosal

Despóis do éxito do I FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA COMARCAL DE TEATRO BAIXOMIÑOTA en Goián, o vindeiro domingo 21 de xuño ás 17:00 horas no Auditorio de O Rosal terá lugar a repetición do devandito festival no que actuarán en primeiro lugar os grupos infantís dos distintos Concellos, e a partir das 19:00 horas actuarán os grupos xuvenís e adultos. Organiza este evento a Escola Comarcal de Teatro e o Concello de O Rosal. Este será o programa do mesmo:
-“Ubú Rei”, polo grupo infantil de Tomiño. Sinopse: Unha representación do grotesco e humanamente innoble do poder político. Elenco: Ángela Pereira, Deborah Martínez, Pablo Álvarez, Samuel Moreno, Laura Vaquero, Mauro Portela, Frank Peate, Peggy Peate, Pared Peate. Autor: Alfred Jarry. Dirección: Xaime Aguiar. -“Ai, mamasiña!”, polo grupo infantil de Tui. Sinopse: Unha nena, filla dun vello, leva desaparecida un longo tempo. Farto desta situación o vello contacta cun cabaleiro para que a recupere das mans do Malvado Maldito, un poderoso mago ao que, de súpeto, lle desaparece a filla por causa das súas inquedanzas artísticas. A aventura narra as aventuras do cabaleiro e o seu axudante, que non serían tal de non ser pola intervención dos outros personaxes que axudan e “desaxudan”. Elenco: Martita: Lucía González / Rapsodia: Susana Rodríguez / Omarito: Pablo Álvarez / Carlitos: Dani Montes / Mago Malvado Maldito: Kevin Tur / Eugenio: Carlos / Samuelito: Rubén Morais. Texto e Dirección: Alex Sobrino. -"Pobres pantasmas”, polo grupo infantil de A Guarda. Sinopse: As pantasmas que viven no planeta Bort están cansas do mal que lle tratan os seus habitantes, que xa non se asustan delas, asi que deciden emigrar a un planeta novo que se chama “terra” e ali descobren un lugar xenial onde os seus habitantes senten auténtico medo ás fantasmas. Elenco: Megatorpe: Ana Silva / Valentesuma: Isabel Castro / Chistosaperpetua: Claudia Rial / Semprecontenta: Camila Melo. Autor: Gianni Rodari. Dirección: Irene Moreira. -“O home espido e o frac”, polo grupo xuvenil de A Guarda. Sinopse: é un farsa de enredo onde a través de dúas barrendeiras aprendemos a valorar o interior e non as apariencias. Durante unha noite no seu traballo atópanse con personaxes diversos: un home espido que está agochado ata atopar roupa ca que voltar a casa, un muller que se adica a roubar na rúa, unha garda que está obsesionada con cumplir co seu deber, unha vendedora con frac que aparece no medio deste caos cómico. Elenco: 1º Barrendeira: Marta Estévez / 2ª Barrendeira/ Garda: Antía Fernández / Muller/Muller do frac: María Lozoya / Home espido: Javier Lago. Autor: Darío Fó e Franca Rame. Dirección: Irene Moreira. -“Donde el corazón se inclina el pie camina”, polo grupo adulto de Tui. Sinopse: Apolo é un simpático personaxe có soño de ser taxista e que, incitado por un bo amigo se dedica a realizar pequenas e inocentes estafas. Elenco: Apolo: Jóse Marín / Dafne: Rita Iglesias / Atilio: David Solla / Aldo: Uxía González / Médico: Ana Monteiro / Ladrón: Lucía Álvarez / Secretaria: Rosa. Autor: Darío Fó. Dirección: Nando Llera. -“Zeus”, polo grupo adulto de A Guarda. Sinopse: Dous antigos gregos, un autor teatral e un actor, están atascados nun final para unha obra que se ten que estrear agora mesmo, desesperados piden axuda a unha galería de personaxes que lonxe de axudar enredan máis aínda esta comedia trepidante. Elenco: Autor: Anselmo Martínez / Actor: Carlos Fernández / Vanesa: Esther Martínez / Triquinose/Coro: Carmen Álvarez / Colite/Jenny-Coro/voz camareira: Coral Ferreira / Apuntadora/voz de Woody Allen/ Lorena Miller/ Wendy/ Coro: Rosa Otero / Blanche Dubois/Amiga do escravo/Muller asasinada/Coro: Oliva Pereira / Muller do público/Ama/Garda/repartidora de correos/Coro: Luz Pérez. Autor: Woody Allen. Dirección: Irene Moreira.

19 jun 2009

Xube participará no VI Autocross de O Castro

Organizado pola escudería Rallyactividad Competición, o sábado 20 de xuño celebrara-
se o VI Autocross de O Castro (Taragoña-Rianxo) puntuable para o Campionato Galego, onde o piloto rosaleiro Óscar Braga Martínez (Xube) participará de novo na categoría de car cross onde intentará realizar un bo papel.

18 jun 2009

Alumnos e alumnas do C.P.I. Celso Emilio Ferreiro visitan os muíños do Folón e Picón

O xoves 18 de xuño e previo contacto coa concellaría de Turismo, visitaron os muíños do Folón e Picón 32 alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do C.P.I. Celso Emilio Ferreiro de Vigo. Acompañaron ao guía municipal nesta ruta os profesores dese centro Lorena, Chus e Manolo.

Contacontos de Marta Moure Vicente

O mércores 17 de xuño, e organizado pola concellaría de Cultura, tivo lugar nos xardíns do Concello un novo "Conta-
contos" esta vez a cargo de Marta Moure Vicente, de Figueiró. Aínda que sempre se anuncia que este tipo de acto se celebrará na Biblioteca Municipal o bo tempo que está acompañando nas últimas datas (e a calor) fan moi recomendable o saír e escoitar aos "con-
tacontos" coas súas narracións e ocorrencias baixo unha apracible sombra.

17 jun 2009

Entrevistamos ás gañadoras do cartel anunciador da XVII Feira do Viño do Rosal

Cando falta menos dun mes para o comezo da Feira do Viño do Rosal, un dos escaparates turísticos por excelencia do noso municipio, decidímonos entrevistar a Nuria Villa Vicente e a Vannia Palacio Suárez, gañadoras do cartel anunciador desta XVII edición da Feira. Por motivos de idioma e sobre todo por respecto a Vannia realizamos esta breve reseña biográfica e a dita entrevista en castelán.
Nuria Villa Vicente nació en O Rosal en 1980. Estudió en colegios de A Guarda hasta que en 1999 se desplazó a Santiago de Compostela para estudiar Decoración. Con la idea de ampliar conocimientos en ese campo de nuevo hizo las maletas y se fue a Madrid en el año 2001, decantándose finalmente por lo que siempre le había gustado, el arte. Así, en la actualidad disfruta de una beca, está terminando un Máster y es licenciada en Bellas Artes (2003-2008). Como si esto fuera poco Nuria nos cuenta que está preparando la Tesina que –si todo va bien- espera leer en septiembre. Vannia Palacio Suárez es originaria de Ecuador. Emigró a Madrid hace siete años para estudiar Bellas Artes, conociendo aquí a su compañera Nuria. El pasado año 2008 terminó un Máster en motion graphics, realizó prácticas en una empresa de marketing on-line y en la actualidad es becaria en una compañía relacionada con el mundo de la música, su gran pasión. Para ver a entrevista facede click no seguinte enlace:

Gran tempada dos xuvenís da U.D. Ribera, campións de Liga e subcampións de Copa

Despois de proclamarse campións de Liga e conseguir o ascenso á Primeira Autonómica, o pasado 10 de xuño os xuvenís da U.D. Ribera que adestra Victor Valderrama disputaron a final de Copa contra o Nigrán C.F. A cita foi no Campo Federativo de Coia (Vigo), mais... unha mágoa, non puido ser, aínda que se adiantaron no marcador terminarían sucumbindo ante o empuxe nigranés por 2 goles a 1. Pese a esta derrota é de xustiza recoñecer a fantástica tempada destes rapaces. (Foto U.D. Ribera)

Alfombras florais na parroquia de Santa Mariña

Un ano máis as colaboradoras e catequistas da parroquia de Santa Mariña do Rosal foron as artífices da confección de varias alfombras de flores na honra do Corpus Christi (Santísimo Sacramento). O deseño das mesmas volveu a correr a cargo de Alberto Guisantes Batán, na actualidade conserxe do Auditorio Municipal. Aquí vos deixamos a seguinte reportaxe fotográfica realizada por Sonia Pérez Martínez para Noticias O Rosal:

16 jun 2009

O Teatro da Mata do C.P.I. Manuel Suárez Marquier presentou a obra "Un soño de verán"

Coordinado por Elena Gómez Rodríguez del Valle e Ana Fernández Ordóñez, o Teatro da Mata do colexio Manuel Suárez Marquier representou como xa tiñamos anunciado o venres 12 de xuño a obra de Shakespeare Un soño de verán, versión do Centro Dramático Galego. Esta actuación do Marquier tivo unha dedicatoria especial: "En memoria da nosa mestra e compañeira Conchi". Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica:

14 jun 2009

Convivencia nos arredores da igrexa parroquial

O venres 12 de xuño celebrouse no adro da igrexa parroquial unha pequena merenda dos nenos e nenas que farían a Primeira Comunión o domingo. Ao final da mesma o abade D. Julio recibiu un agasallo dos rapaces que consistiu nunha cesta con multitude de froita como agradecemento pola súa labor ao fronte de parroquia de Santa Mariña. Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta xornada de convivencia:

Outro grupo de escolares do CEP Altamira de Salceda de Caselas visitou os nosos muíños

O venres 12 de xuño tivo lugar unha ruta turística polos muíños do Folón e Picón para 66 rapaces de 3º de Primaria do CEP Altamira de Salceda de Caselas. Este é o segundo grupo do Altamira, pois o 29 de maio estiveron 78 alumnos e alumnas de 4º curso. Como é costume encargouse das oportunas explicacións o guía municipal quen estivo acompañado así mesmo por Eva Ara Giráldez, Eduardo López González, Patricia Del Río Iglesias, Natalia González Varela e Leopoldo Boente Rodríguez, todos eles mestres dese centro de estudos.

11 jun 2009

Fotosvideosderali, a nova páxina dun rosaleiro

Recentemente creado, Fotosvideosderali é un blog do motor, que como o seu propio nome indica, contén imaxes e gravacións dos últimos rallyes galego-portugueses celebrados (Rally Rías Baixas, Rally de Portugal, de Barcelos, Porto, etc). Fotosvideosderali está coordinado polo rosaleiro Roberto Valladares, veciño de San Xoán de Tabagón e polos lusos Marco Dourado, Francisco Leite e Armindo Pereira. Sen dúbida unha moi recomendable páxina para os amantes desta modalidade deportiva. Podedes coñecela facendo click no seguinte enlace:

"Sara", nova proxección de cine no Auditorio

O sábado 13 de xuño, dentro do ciclo Cinema dixital proxectarase a película "Sara". Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero, na imaxe) está casada con Daniel (Manel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa cátedra en estudos medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocúltanse tralas apariencias, e así ela vive o seu drama en silencio.

"Un soño de verán" cos alumnos do Marquier

O venres 12 de xuño ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal do Rosal a presentación da obra de teatro "Un soño de verán" de William Shakespeare a cargo dos alumnos do Colexio Manuel Suárez Marquier. A adaptación teatral é da autoría de Eduardo Alonso (escrita en colaboración con Manuel Guede, estrenada polo Centro Dramático Galego en 1992 e publicada no mesmo ano por este Centro).

10 jun 2009

En breve, máis noticias e reportaxes

Estamos traballando para ofrecervos as últimas noticias que se produciron na vila así como varias reportaxes que temos realizado ultimamente. Por suposto, se queredes colaborar con Noticias O Rosal remitindo información (menos de tinte político) ou fotografías que desexedes publicar nesta web envíadenos un correo a:

8 jun 2009

Serafín Martínez Acevedo no Giro de Italia 2009

Sera asinando baixo a atenta mirada dunha azafata do Giro
Velaquí vos deixamos unha selección de fotografías dunha reportaxe realizada pola Fundación Ciclismo Galego con motivo da celebración do Giro de Italia 2009, na que por suposto aparece o noso veciño Serafín Martínez Acevedo, do equipo Xacobeo Galicia que dirixe Álvaro Pino:

Aplaudida actuación do mago Cayetano Lledó

O domingo 7 de xuño -e organizada pola concellaría de Cultura que dirixe Charo Tabales Perozo- tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal a actuación do mago galego Cayetano Lledó, presentando o seu espectáculo “Máxico Circus Cabaret”. Unha mistura de comedia, clown, maxia ou mesmo hipnose que fixo as delicias do público asistente. Cayetano Lledó (http://www.cayetanolledo.com/#) foise transformando en poucos segundos en multitude de personaxes. En primeiro lugar e como presentador actuou Francois Lafallette, patrón do circo, máis tarde o mago chinés Tchai Lee Shing. Dende Hollywood tampouco faltou a esta cita rosaleira o coñecido Groucho Marx. A muller barbuda, Xiana, bailaora e experta nas artes adivinatorias, o secretario do circo, o sonámbulo e as súas esferas de vidro ou o profesor Sotelo, hipnotizador e conferenciante galego decidiron achegarse ata O Rosal da man de Cayetano Lledó. Como amosan as imaxes, Xiana contou coa colaboración de Pepe e Conchi, que entre risas subiron ata o escenario, ao igual que Miguel, que foi “hipnotizado” polo profesor Sotelo. Sen dúbida unha cómica, agradable e máxica actuación a de Lledó no Rosal. Aquí vos deixamos a nosa reportaxe: http://picasaweb.google.com/Imaxesorosal/AplaudidaActuacionDoMagoCayetanoLledo#

José Calvar quedou 10º no I Slalom de Tomiño

O pasado domingo 24 de maio celebrouse o I Slalom de Tomiño no que participou José Calvar co seu peugeot 205 GTI. Durante toda a mañá estivo andando moi ben pero xa pola tarde o coche comezou a fallar e perdeu moito tempo. Pese a estes problemas Calvar conseguiu finalizar 10º na xeral levando un pequeno trofeo para as súas vitrinas.

4 jun 2009

O equipo rosaleiro SEMPRE O CORTE disputou en Cambados o XVIII Rally do Albariño 2009

A cuarta cita do Campionato Galego de Rallyes tivo lugar o pasado 16 de maio en Cambados. Para o equipo rosaleiro SEMPRE O CORTE, que vén de ser presentado recentemente, esta foi a súa primeira participación do ano. Lembramos que por un lado están ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participan no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competiron tamén no grupo X pero na clase 12. A victoria final desta edición do Rally do Albariño foi para Pedro Burgo co seu Mitshubishi VIII, o segundo posto para Alberto Meira a bordo dun Mitshubishi EVO IX e o terceiro lugar para Luis Vilariño a mans dun Renault Maximegane Kit Car. Na clasificación xeral absoluta José Calvar e Eva Costas (dorsal 56) quedaron na lugar 34º pero salientar que remataron Subcampións da Copa Racing Kentes a unhas décimas de Lisardo Abelleira. Na súa primeira participación Jorge Díaz e Miguel Gómez (dorsal 113) conseguiron o seu obxectivo que non era outro que rematar o rally e terminaron na posición 85ª a pesar da constante choiva que puxo en moitos apuros a todos os participantes. Para ver a clasificación completa deste rally: http://www.escuderiasalnesmotor.es/rallyesalbarino/18/final.htm

3 jun 2009

O mago Cayetano Lledó actuará en O Rosal

O domingo 7 de xuño ás 20:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal un espectáculo de maxia a cargo de Cayetano Lledó, que presenta: “MÁXICO CIRCUS CABARET”.

2 jun 2009

Cine gratuito no Auditorio Municipal do Rosal

A concellaría de Cultura do Rosal que dirixe Charo Tabales Perozo ofrece para este mes de xuño dúas películas dentro do ciclo Cinemas Dixitais, dedicado ao cine en galego. Lembramos que se trata dun proxecto que pon en marcha a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural xunto coa Axencia Audiovisual Galega. A primeira proxección, A Atlán-tida, terá lugar o sábado 6 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio Municipal e conta -entre outros- cos actores Nancho Novo e Antonio Durán "Morris" ou Pedro Alonso (Padre Casares) así como coa actriz Melanie Olivares (na fotografía).

1 jun 2009

Álvaro Pino eloxia ao rosaleiro Serafín Martínez Acevedo tras participar no Giro de Italia 2009

O ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao Xacobeo Galicia, vén de rematar a súa participación no Giro de Italia no posto 142 e a 04:01:28 h do gañador absoluto, o ruso Dennis Menchov do equipo Rabobank. En palabras do mánager-director galego a Sera "lle tocou sufrir neste Giro porque chegou a última hora en sustitución de Ezequiel (Mosquera), sen a preparación nin a mentalización adecuada para unha carreira de tres semanas. Aínda así, mostrou a actitude positiva de todo o equipo e tamén estivo fugado nunha etapa. Teño que valorar positivamente a súa actuación, pero polas razóns expostas estivo por debaixo das súas posibilidades". O que está claro é que Álvaro Pino, tal e como se recolle na entrevista ao noso ciclista no número 3 (maio-xuño) do Boletín Deportivo Municipal, ten depositada moita confianza en Serafín, consciente do seu poderío físico e mental, esixíndolle cada día o mellor de si.