O ciclista profesional rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, pertencente ao Xacobeo Galicia, vén de rematar a súa participación no Giro de Italia no posto 142 e a 04:01:28 h do gañador absoluto, o ruso Dennis Menchov do equipo Rabobank. En palabras do mánager-director galego a Sera "lle tocou sufrir neste Giro porque chegou a última hora en sustitución de Ezequiel (Mosquera), sen a preparación nin a mentalización adecuada para unha carreira de tres semanas. Aínda así, mostrou a actitude positiva de todo o equipo e tamén estivo fugado nunha etapa. Teño que valorar positivamente a súa actuación, pero polas razóns expostas estivo por debaixo das súas posibilidades". O que está claro é que Álvaro Pino, tal e como se recolle na entrevista ao noso ciclista no número 3 (maio-xuño) do Boletín Deportivo Municipal, ten depositada moita confianza en Serafín, consciente do seu poderío físico e mental, esixíndolle cada día o mellor de si.
0 comentarios:
Publicar un comentario